Castelo de Navia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Navia
Concello: Navia de Suarna
Provincia: Lugo
Comunidade Autónoma: Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinario: Románico

(séc. XI)

Estilo actual:  ?

(séc. XV)

Estado actual: Propiedade privada. Vivendas
Véxase tamén: Castelos de Galicia

O castelo de Navia é unha fortaleza medieval situado no centro urbano de Navia de Suarna.

[editar] Situación

Sitúase no concello lugués de Navia de Suarna, ao nordeste da vila, sobre un risco de pizarra dende o que domina o paso do río, que nese lugar é posible a través dunha fermosa ponte altomedieval.

[editar] Historia

A súa orixe remóntase ao século XI. No ano 1037 Rodrigo Gutiérrez entregouno como dote a súa esposa Senior. Co tempo pasou a máns dos Osorio e dos Altamira. No ano 1467 os Irmandiños destruiron o castelo, que foi reconstruido tempo mais tarde. Pasou despois a máns dos Losada Quiroga e a dos Freire de Andrade. Finalmente acabou nas más do cura Manuel López Armesto que transformou o castelo nun edificio de vivendas, tal e como permanece hoxe en día.

[editar] Descrición

Nel mestúranse elementos antigos con feísmos e amaños modernos. A construción de orixe no século XI foi completamente reedificada no século XV e na actualidade está completamente deformada para facer dela vivendas particulares.


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas