Androlla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A androlla é un embutido cárnico elaborado con costela de porco, pemento, sal e allo. Consómese normalmente cocida acompañada de cachelos, aínda que tamén se pode preparar asada no forno ou grellada.

Este manxar típico do sueste ourensán e do Bierzo ten a súa festa na vila de Viana do Bolo coincidindo tódolos anos co domingo de entroido.

[editar] Etimoloxía

A denominación "androlla" vén do francés "andouille", como se coñece en moitas partes de Francia a un embutido moi similar[Cómpre referencia]. A denominación francesa, xa existente na idade media, provén do latín vulgar "inductile", do verbo latino "inducere" (introducir), que se refire "ao que é introducido" (no botelo neste caso). Da palabra francesa deriva tamén a "nduja" italiana, típica na rexión de Calabria.[Cómpre referencia]

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas