Comarca dos Ancares
Os Ancares é unha comarca que toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León.
Índice |
[editar] Localización e características
É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao N) e O Courel (ao S). Os Ancares teñen 12.480 habitantes (datos de 2007), e uns 907 km2, por tanto posúen unha baixa densidade poboacional. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa tamén a Galería de imaxes da comarca dos Ancares
-
O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Concellos da Comarca dos Ancares | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Becerreá |
As Nogais |
Baralla |
Cervantes |
Navia de Suarna |
Pedrafita do Cebreiro |
|||||
|
|||||
|
|||||