Barxa de Lor, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Barxa.
| Barxa de Lor | |
|---|---|
| Concello | A Pobra do Brollón |
| Área | 3,7 km² |
| Poboación | (Ano 2008) 51 hab. |
| Densidade | 13,79 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 |
Santa Mariña de Barxa de Lor é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo.
Limita coas parroquias de Castroncelos e Salcedo ao norte, Quintá de Lor ao leste, e Abrence polo oeste e sur.
Índice |
[editar] Demografía
Contaba no ano 2008 con 51 habitantes (56 en 1991) agrupados nas entidades de Barxa, A Carballeira, O Castro, A Labrada, A Lama, A Marquesa, Peago e A Ponte, sendo a densidade media, para ó mesmo ano, de 13,79 hab./Km².
[editar] Festas
As festas máis importantes son as do Carme, na Labrada, no mes de xullo.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Barxa de Lor
| Lugares da parroquia de Barxa de Lor no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
|---|---|
|
Barxa | A Carballeira | O Castro | A Labrada | A Lama | A Marquesa | Peago | A Ponte |