Harry Potter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O contido deste artigo refírese a toda a serie en xeral. Para máis información sobre o personaxe, véxase Harry Potter (personaxe); para os filmes, véxase Harry Potter (filmes).
Harry Potter
Harry Potter wordmark.svg
Logo de Harry Potter.
Título orixinal Harry Potter
Autor J. K. Rowling
Artista da cuberta Galicia Dolores Avedaño[1]
Flag of the United Kingdom.svg Thomas Taylor, Cliff Wright, Giles Greenfield e Jason Cockcroft
País Reino Unido
Lingua Inglés
Colección Harry Potter
Tema(s) Maxia
Xénero(s) Fantasía, misterio
Editorial Galicia Galaxia
Flag of the United Kingdom.svg Bloomsbury
Data de pub. 30 de xuño de 1997 - 21 de xullo de 2007
Formato Capa dura
Páxinas Galicia 3696 (en total)
Flag of the United Kingdom.svg 3407 (en total)
Tradutor Marilar Aleixandre [HP1]
Eva Almazán [HP2], [HP3] e [HP4]
Laura Sáez [HP5] e [HP7]
Carlos Acevedo [HP6]

Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía e maxia escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran as aventuras que vive o meigo adolescente Harry Potter xunto con Ron Weasley e Hermione Granger, os seus amigos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, un castelo situado entre montañas, onde os xoves meigos estudan e desenvolven a súa maxia aprendendo feitizos e apócemas. A trama central do argumento xira en torno á loita e os enfrontamentos que Harry ten co meigo malvado Lord Voldemort, asasino dos pais de Harry que quere conquistar o mundo máxico e someter ás persoas non-máxicas (muggles).

Desde que en 1997 apareceu a primeira novela, Harry Potter e a pedra filosofal, os libros foron acadando unha gran popularidade, eloxios por parte da crítica e éxito comercial en todo o mundo[2], dando lugar a diversos filmes e videoxogos baseados nas novelas, ademais dunha enorme variedade doutros artigos que fixeron que a cifra de beneficios alcanzase os 15 mil millóns de libras esterlinas[3]. Ata xuño de 2008, os sete libros que compoñen a saga venderon, no seu conxunto, máis de 400 millóns de copias entre todas as traducións a 67 linguas diferentes[4][5], incluíndo o latín[6] e o grego antigo[7]. Os catro últimos libros da saga bateron marcas como os libros que se venderon máis rapidamente en toda a historia.

As versións en lingua inglesa dos libros publícanse por Bloomsbury no Reino Unido, Scholastic Press nos Estados Unidos, Allen & Unwin en Australia e Raincoast Books en Canadá. En España, existen versións dos libros nas diferentes linguas oficiais do estado: a encargada da publicación da versión en galego é a Editorial Galaxia, en catalán a Editorial Empúries, en éuscaro Elkar e, en todo o territorio, en lingua castelá a Editorial Salamandra.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.
Véxase tamén: Universo de Harry Potter.
Escudo de armas de Hogwarts.

As novelas tratan sobre Harry Potter, un neno orfo que descobre que é meigo[8]. As capacidades máxicas son innatas, pero os cativos acoden á escola de maxia para aprender a desenvolver as habilidades máxicas necesarias para ter éxito no mundo máxico[9]. Harry é invitado a asistir a este colexio chamado Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Cada libro narra un ano da vida de Harry, con todos os acontecementos que teñen lugar en Hogwarts[10]. A medida que pasa pola etapa da adolescencia, Harry aprende a superar moitos retos máxicos e obstáculos sociais e emocionais[11].

Mundo máxico[editar | editar a fonte]

Os flashbacks ao longo da serie revelan que cando Harry era un cativo de tan só un ano foi testemuña do asasinato de seus pais, Lily e James Potter, por Lord Voldemort, un meigo escuro obsesionado coa pureza de sangue[12]. Por razóns non citadas inmediatamente, o intento de Voldemort por matar a Harry rebota[12]. Voldemort morre aparentemente e Harry sobrevive con tan só unha marca en forma de raio na súa fronte como recordo do ataque[12]. Debido a este feito involuntario considerado unha proeza polo resto de meigos e que acabou co reinado do terror de Voldemort, Harry convértese nunha lenda viva no mundo máxico. Segundo ordes do seu mentor, o meigo Albus Dumbledore, Harry vai vivir á casa dos seus parentes muggles (non-meigos), os cales o manteñen apartado da súa historia real[12].

A primeira novela da serie, Harry Potter e a pedra filosofal, comeza en datas próximas ao 11º aniversario de Harry. O medio-xigante Rubeus Hagrid revélalle a Harry a súa verdadeira historia e ensínalle o mundo máxico[12]. O mundo que J. K. Rowling creou é completamente independente pero, á vez, está moi relacionado co mundo real. Mentres que o mundo de fantasía de Narnia é un universo alternativo e a Terra Media d’O Señor dos Aneis un pasado mítico, o mundo máxico de Harry Potter existe xunto ao mundo real e contén elementos máxicos similares ás cousas no mundo non-máxico. Moitas das súas institucións e localizacións atópanse en lugares que poden ser recoñecidos no mundo real, como Londres[13]. Comprende unha colección fragmentada de rúas e canellas agochadas, e pubs antigos, fincas solitarias e castelos con séculos de historia que son invisibles para a poboación non-máxica formada polos muggles[9].

Coa axuda de Hagrid, Harry prepárase para o seu primeiro ano de estudos en Hogwarts. Asemade que Harry comeza a explorar o mundo máxico, o lector coñece moitas das localizacións principais usadas ao longo dos demais libros. Harry coñece tamén á meirande parte dos personaxes principais e fai os seus dous mellores amigos: Ron Weasley, un alegre membro dunha antiga familia meiga, e Hermione Granger, unha meiga estudosa obsesiva con pais non-máxicos[12][14]. Harry tamén se encontra do profesor de Apócemas, Severus Snape, que semella terlle un odio profundo e irracional. O argumento conclúe coa segunda confrontación de Harry con Lord Voldemort, quen na súa busca da inmortalidade, anhela facerse co poder da pedra filosofal[12].

A saga continúa con Harry Potter e a Cámara dos Segredos, que describe o segundo ano de Harry en Hogwarts. El e mais os seus amigos investigan un misterio de hai 50 anos que parece gardar relación con recentes eventos sinistros na escola. A novela afonda na historia de Hogwarts e nunha lenda en torno á Cámara dos Segredos, a gorida subterránea dun mal antigo. Por vez primeira Harry descobre que existen prexuízos raciais no mundo máxico, e aprende que o reino de terror de Voldemort foi adoito dirixido cara aos meigos que descendían de muggles. Harry sorpréndese tamén ao saber que pode falar a lingua pársel, a lingua das serpes; esta estraña habilidade é a miúdo relacionada coa maxia negra. A novela finaliza despois de que Harry salve a vida da irmá pequena de Ron, Ginny Weasley, tras evitar que Voldemort tivese éxito no seu intento de reencarnarse a través das memorias que almacenara nun diario[12].

A terceira novela, Harry Potter e o preso de Azkaban, segue a Harry no seu terceiro ano de educación máxica. Trátase do único libro da saga no que Voldemort non intervén directamente como personaxe. No canto diso, Harry debe lidar co coñecemento de que é o obxectivo de Sirius Black, un preso que se escapou do cárcere máxico, Azkaban, e que se cría que tomara parte nos asasinatos dos pais de Harry. Mentres Harry loita coa súa reacción fronte aos dementores (criaturas escuras co poder de devorar as almas dos humanos), os cales están aparentemente protexendo a escola, recibe a axuda de Remus Lupin, o profesor de Defensa contra a Maxia Negra cun segredo agochado. Lupin ensínalle a Harry medidas defensivas de niveis superiores aos dados á idade de Harry. Harry descobre máis adiante que Lupin e Black eran grandes amigos de seu pai e que Black fora incriminado polo seu cuarto amigo, Peter Pettigrew[15].

Voldemort volve[editar | editar a fonte]

"The Elephant House": o café de Edimburgo onde Rowling escribiu a primeira parte de Harry Potter.

Durante o cuarto ano de Harry na escola, detallado en Harry Potter e o Cáliz de fogo, Harry participa de mala gana no Torneo Tres Meigos, un concurso máxico moi perigoso con meigos e meigas de escolas visitantes como participantes[16]. No libro, Harry intenta pescudar quen o obrigou a competir no torneo e por que[17]. Un preocupado Harry é guiado polo novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra, Alastor Moody. O punto no que se desenreda o misterio marca o cambio da saga do presentimento e incerteza ao conflito aberto á par que os mozos crecen. A novela remata co rexurdimento de Voldemort e a morte dun estudante, Cedric Diggory[17].

No quinto libro, Harry Potter e a Orde do Fénix, Harry debe enfrontarse ao novo rexurdido Voldemort. En resposta á reaparición de Voldemort, Dumbledore reactiva a Orde do Fénix, unha sociedade secreta que traballa desde a mansión da familia de Sirius Black para derrotar os aliados de Voldemort e protexer os seus obxectivos, entre os cales está Harry. A Orde inclúe moitos dos adultos nos que Harry confía, como Lupin, Black e membros da familia Weasley. Malia a descrición de Harry das actividades recentes de Voldemort, o Ministerio de Maxia e moitas outras persoas do mundo máxico rexeitan esta afirmación do regreso de Voldemort[18].

Nun intento de impor un plan de estudos politicamente correcto, o Ministerio designa a Dolores Umbridge como a Inquisidora de Hogwarts. Esta transforma a escola nun réxime ditatorial e rexeita o permiso de que os estudantes aprendan xeitos de se defenderen por si mesmos contra a maxia negra[18]. Asemade, Harry forma un grupo de estudos secreto para ensinarlles aos seus compañeiros as habilidades de alto nivel que el aprendera. A novela dá a coñecer a Harry a Luna Lovegood, unha moza meiga cunha tendencia a crer en teorías da conspiración estrañas. Ademais, revélase unha teoría que concirne a Harry e Voldemort[19], e Harry descobre que el e mais Voldemort teñen unha conexión dolorosa, que permite que Harry vexa telepaticamente algunhas das accións de Voldemort. No clímax da novela, Harry e os seus amigos fanlle cara aos Devoradores da Morte de Voldemort, entre os que se atopa a rica e arrogante familia Malfoy. A chegada a tempo dos membros da Orde do Fénix salva as vidas dos mozos e resulta na captura de moitos dos Devoradores da Morte[18].

No sexto ano, en Harry Potter e o misterio do príncipe, Voldemort lidera outra guerra máxica, a cal se tornou tan violenta que mesmo os muggles notan algúns dos seus efectos. Malia que os alumnos están relativamente protexidos dese perigo en Hogwarts, están suxeitos a todas as dificultades da adolescencia. No comezo da novela, Harry tópase cun vello libro de texto de Apócemas cheo de anotacións e recomentacións escritas á man e asinadas por un misterioso individuo, o Príncipe Mestizo[20]. Mentres que os consellos escritos no libro axudan a Harry a sobresaír en Apócemas, finalmente desconfía dos meigallos do escritor anónimo. Ademais, Harry acode a clases particulares con Albus Dumbledore, que lle ensina varios recordos ligados cos primeiros anos de vida de Voldemort. Isto revela que a alma de Voldemort está partida nunha serie de Horcrux, elementos encantados por maxia malvada agochados en diversas localizacións[20]. Máis adiante, Draco Malfoy intenta atacar a Dumbledore, e o libro culmina co asasinato do director da escola por parte do profesor Snape.

Harry Potter e as reliquias da morte, o último libro da saga, comeza directamente despois dos acontecementos do sexto libro. Voldemort completou a súa ascensión ao poder e logra gañar o control do Ministerio de Maxia. Harry, Ron e Hermione deciden non asistir á escola para atopar e destruír os Horcrux restantes de Voldemort. Para asegurar a súa propia seguridade así como a da súa familia e amigos, téñense que illar. Durante a busca dos obxectos, o trío vai coñecendo máis detalles sobre o pasado de Dumbledore e os verdadeiros motivos de Snape para matalo.

O libro remata coa Batalla de Hogwarts. Harry, Ron e Hermione, en conxunción cos membros da Orde do Fénix e moitos outros profesores e estudantes da escola, defenden Hogwarts de Voldemort, os seus Devoradores da Morte e varias criaturas máxicas. Varios dos personaxes máis importantes morren na primeira onda da batalla, e Voldemort retoma o seu propósito de matar a Harry. Nun esforzo de salvar os sobreviventes, Harry réndese e entrégase pero a batalla continúa á par que moitos pais de alumnos de Hogwarts e residentes da vila próxima de Hogsmeade chegan para reforzar a Orde do Fénix. Coa destrución do último Horcrux, finalmente Harry ten a derradeira confrontación con Voldemort.

O epílogo do derradeiro libro describe as vidas dos personaxes que sobreviviron e os efectos no mundo máxico dezanove anos despois.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Obras complementarias[editar | editar a fonte]

Rowling expandiu o universo de Harry Potter con varios libros curtos producidos para diversas entidades benéficas[21][22]. En 2001, púxose á venda Fantastic Beasts and Where to Find Them (un suposto libro de texto de Hogwarts) e Quidditch Through the Ages (un regalo de Hermione a Harry no Nadal do primeiro libro). As recadacións obtidas da venda destes dous libros foron para Comic Relief[23][24]. En 2007, Rowling realizou sete copias manuscritas e ilustradas por ela mesma de The Tales of Beedle the Bard, unha colección de contos de fadas que aparece na última novela, un dos cales foi poxado en Amazon.com para gañar diñeiro para Children's High Level Group, un fondo para nenos con discapacidade mental nos países pobres; mercouse por un valor de 1.950.000£[25][26]. O libro foi publicado internacionalmente o 4 de decembro de 2008[27][28][29]. Rowling tamén escribiu unha precuela de 800 palabras en 2008 como parte dunha recadación de fondos organizada pola editorial Waterstones[30].

Orixes e publicación[editar | editar a fonte]

J. K. Rowling tras recibir un título honorario da Universidade de Aberdeen.

No ano 1990, J. K. Rowling viaxaba nun tren ateigado de xente dende Manchester a Londres cando a idea de Harry simplemente "pasou pola súa cabeza". Rowling dá conta da súa experiencia no seu sitio web, dicindo[31]:

Eu escribía moi a miúdo des que tiña seis anos, pero nunca antes estivera tan emocionada cunha idea. Sinxelamente sentei e pensei durante catro horas (o tren atrasárase) e tódolos detalles viñeron á miña cabeza, e este rapaz escuálido, de pelo negro e con anteollos que non sabía que era meigo comezou a ser cada vez máis e máis real para min[32].

Rowling completou Harry Potter e a pedra filosofal en 1995 e o manuscrito foi enviado a diversos axentes literarios[33]. O segundo axente co que probou, Christopher Little, ofreceuse a representala e enviou o manuscrito a Bloomsbury. Despois de que outras oito editoriais rexeitaran a pedra filosofal, Bloomsbury ofreceulle a Rowling un adianto de 2.500£ pola súa publicación[34][35]. Malia a declaración de Rowling de que non tiña en mente ningún grupo de idade particular no que se atoparían os seus principais lectores cando comezou a escribir Harry Potter, os editores apuntaron inicialmente a unha franxa de nenos entre nove e once anos[36]. Na véspera da publicación, os editores pedíronlle a Rowling que adoptase un nome de autor máis neutral co obxectivo de facelo atractivo aos nenos homes dese grupo de idade, temendo que non estarían interesados en ler unha novela escrita por unha muller. Ela elixiu utilizar J. K. Rowling (Joanne Kathleen Rowling), usando o nome da súa avoa como o seu segundo nome dado que ela non tiña[37][35].

Harry Potter e a pedra filosofal foi publicado por Bloomsbury, a editorial de todos os libros de Harry Potter no Reino Unido, o 30 de xuño de 1997[38] e en Galicia no mes de xaneiro de 2002 pola editorial Galaxia e grazas á tradución de Marilar Aleixandre[39]. Púxose á venda nos Estados Unidos o 1 de setembro de 1998 por Scholastic (a editorial norteamericana da saga) como Harry Potter and the Sorcerer's Stone[40] (Harry Potter e a pedra do feiticeiro)[41], despois de que Rowling recibira 105.000$ polos dereitos norteamericanos, unha suma sen precedentes por un libro para nenos escrito por unha escritora daquela descoñecida[42]. Temendo que os lectores norteamericanos non asociaran a palabra "philosopher" ("filosofal") a un termo máxico (aínda que a pedra filosofal está relacionado coa alquimia), Scholastic insistiu en que se lle trocase o título ao libro a Harry Potter and the Sorcerer's Stone para o mercado estadounidense.

O segundo libro, Harry Potter e a Cámara dos Segredos foi publicado orixinalmente no Reino Unido o 2 de xullo de 1998[43] e en Galicia en novembro de 2002 coa tradución de Eva Almazán[44]. Harry Potter e o preso de Azkaban foi publicada un ano despois no Reino Unido o 8 de xullo de 1999[43] e en Galicia en 2004 coa tradución de Eva Almazán[45]. Harry Potter e o Cáliz de fogo publicouse o 8 de xullo de 2000 á vez por Bloomsbury e Scholastic[46], mentres que Galaxia o fixo en novembro de 2005 trala tradución feita por Eva Almazán[47]. Harry Potter e a Orde do Fénix é o libro máis longo da saga con 766 páxinas na versión británica[48] e 892 páxinas na versión galega de Laura Sáez[49]. Publicouse en todo o mundo en inglés o 21 de xuño de 2003[50] e en galego en decembro de 2008[49]. Harry Potter e o misterio do príncipe publicouse o 16 de xullo de 2005, e vendeu 9 millóns de copias nas primeiras 24 horas ao seu lanzamento[51][52]. A Galicia chegou en novembro de 2008 da man de Carlos Acevedo[53]. A sétima e derradeira novela, Harry Potter e as reliquias da morte, foi publicada en inglés o 21 de xullo de 2007[54], e sete meses despois e de xeito simultáneo en galego, traducida por Laura Sáez[55], en castelán e catalán o 21 de febreiro de 2008[56][57]. O libro vendeu 11 millóns de copias nas primeiras 24 horas tras a súa posta á venda[58].

Traducións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Traducións de Harry Potter.

A saga traduciuse a 67 linguas[4][59], deixando a Rowling entre os autores máis traducidos na historia[60]. O libro adaptouse ao inglés estadounidense, xa que moitas palabras e conceptos usados polos personaxes nas novelas podían ser malinterpretados pola audiencia moza norteamericana[61]. Posteriormente, os libros víronse traducidos a diversas linguas como a ucraína, hindi, bengalí, galesa, afrikaans, letoa e vietnamita. O primeiro volume foi traducido ao latín e mesmo ao grego antigo[62], converténdoa na obra máis longa publicada en grego antigo desde as novelas de Heliodoro de Emesa no século III dC[63].

Marilar Aleixandre encargouse da tradución ao galego do primeiro volume da saga.

Algúns dos tradutores contratados para traballar nos libros eran ben coñecidos antes do seu traballo en Harry Potter, como Viktor Golyshev, que supervisou a tradución rusa do quinto libro. A versión turca dos libros do dous ao sete levouna a cabo Sevin Okyay, unha crítica literaria popular e comentarista cultural[64]. Ocorre o mesmo coa versión galega do primeiro libro, que foi traducido por Marilar Aleixandre[39][65], unha coñecida escritora en lingua galega, ademais de tradutora doutras obras como A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na lista de Honra do IBBY)[65].

Por motivos de manter o segredo do contido dos libros, as traducións só se podían comezar cando os libros se puñan á venda en inglés; por iso existe un intervalo de tempo de varios meses antes de que as traducións están dispoñibles. Isto deu pé a que se vendesen máis copias das edicións inglesas nos países de fala non-inglesa debido aos fans impacientes. Tal foi o clamor por ler o quinto libro que a versión en lingua inglesa se converteu no primeiro libro en inglés en estar na lista dos mellor vendidos en Francia[66].

Finalización da saga[editar | editar a fonte]

En decembro de 2005, Rowling declarou na súa páxina web: "2006 será o ano no que escribirei o libro final da saga Harry Potter"[67]. As actualizacións posteriores do seu diario en liña seguiron a crónica do progreso de Harry Potter e as reliquias da morte, con data de lanzamento en inglés do 21 de xullo de 2007. O libro en si mesmo rematouno o 11 de xaneiro de 2007 no Hotel Balmoral de Edimburgo, onde garabateou unha mensaxe na parte traseira dun busto de Hermes. Nela líase: "J. K. Rowling rematou de escribir Harry Potter e as reliquias da morte neste cuarto (652) o 11 de xaneiro de 2007"[68]. Rowling dixo nalgunha ocasión que o derradeiro capítulo do último libro (de feito, o epílogo) completárao "ao redor de 1990"[69][70]. En xuño de 2006, Rowling, nunha aparición no programa de charlas británico Richard & Judy, anunciou que o capítulo fora modificado xa que un personaxe "tivera un indulto" e outros dous que previamente sobrevivían finalmente acabaron finando.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Ao longo de todos os libros que conforman a saga aparecen numerosos personaxes que teñen maior ou menor relevancia para o desenvolvemento da trama do argumento. Estes son os máis importantes:

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Protagonistas[editar | editar a fonte]

É o protagonista principal dos libros, e arredor de quen xiran os sucesos que ocorren no libro. Naceu o 31 de xullo de 1980. Vive cos seus tíos desde que tiña 1 ano de idade debido a que seus pais, Lily e James Potter, foron asasinados por Lord Voldemort. É a única persoa que sobreviviu a unha maldición "Avada Kedavra" (conxuro que produce a morte instantánea); mentres que a única marca visible que lle quedou foi unha cicatriz con forma de raio na fronte. Isto foi o que o levou a recibir os alcumes de "O neno que viviu" e "O elixido". O seus amigos máis cercanos en Howarts son Ron e Hermione, pero tamén ten unha relación moi cercana con Hagrid, o gardabosques de Hogwarts e con Albus Dumbledore, o director do colexio. Ademais, no colexio, pertence á casa Gryffindor, coñecida por pertencer a ela alumnos con valor.
Naceu o 1 de marzo de 1980. É o mellor amigo de Harry dende que ámbolos dous entraron como alumnos no seu primeiro ano en Hogwarts. A súa familia é de meigos de vello. Ten 5 irmáns maiores e unha irmá menor. A pesar de que polo xeral sempre está con Harry cando este vive unha aventura, Ron sempre é relegado a un segundo plano pola fama do seu amigo. Como el, tamén pertence á casa Gryffindor.
Naceu o 19 de setembro de 1979. É a mellor amiga de Harry e Ron. É filla de muggles, e a mellor estudante do curso no que están en Hogwarts. Encántalle ler e opina que todo o que vale a pena saber, pódese ler nun libro. É un ano maior que Harry e Ron. Coma eles, tamén forma parte da casa Gryffindor.

Outros principais[editar | editar a fonte]

É o director de Hogwarts e o meigo máis poderoso da súa época. Durante os seus últimos anos de vida ocupouse, indirectamente, da educación de Harry Potter e de ensinarlle a única forma de vencer a Voldemort. Foi asasinado polo "Príncipe Mestizo" (Severus Snape), no sexto libro. Ademais, foi o único meigo ao que Voldemort temeu. Trala súa morte, o mundo máxico entristece, e ao longo do sétimo libro Harry descobre que non ten un pasado tan brillante como el cría.
É o antagonista da saga. O seu verdadeiro nome é Tom Riddle. Trátase do meigo escuro máis grande de tódolos tempos. Ademais, é a persoa que máis avanzou en cuestión da maxia negra e a única capaza de alcanzar a inmortalidade. É o líder dos Devoradores da Morte, aos que utiliza para levar acabo as tarefas que el mesmo non quere (ou pode) realizar. É descendente directo de Salazar Slytherin, e herdou del a súa habilidade para falar coas serpes (a lingua pársel). Perdeu o seu corpo ao intentar, sen éxito, matar a Harry Potter, e logo intentou recuperalo. Logrou volverse xerar no cuarto libro grazas ó sangue de Harry e de maxia negra, axudado por Rabeleiro e dende entón está a desenvolver novos proxectos. Creou seis Horcrux, dividindo a súa alma en sete partes, para intentar ser inmortal, e así, poder acabar con Harry.
É un profesor de Hogwarts, ten con Harry Potter un profundo sentimento de odio mutuo. Nos seus días de mocidade sufría as burlas e ataques do pai de Harry e os seus amigos. É un meigo moi poderoso con grandes habilidades escuras, ademais de enormes coñecementos acerca de pocións, legeremancia e oclumancia. Foi Devorador da Morte durante un tempo, pero logo entrou ao servizo de Dumbledore como espía. Máis adiante, porén, convírtese nun dobre espía ao servizo de Dumbledore e Voldemort, e non está claro de que lado está realmente. No sexto libro, descóbrese que segue sendo Devorador da Morte tras asasinar a Dumbledore coa maldición imperdoable "Avada Kedavra". Non obstante, no sétimo libro compróbase que non é tan malo como parece, xa que, en realidade, amou dende pequeno á nai de Harry, Lily Evans.
Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Harry Potter (filmes).
O actor Daniel Radcliffe é o encargado de dar vida a Harry Potter nos filmes da saga.

En 1998[71], Rowling vendeu os dereitos de filme dos primeiros catro libros de Harry Potter á Warner Bros. por 1 millón de libras[72]. Rowling pediu que o reparto principal fose estritamente británico, non obstante permitiu a inclusión de actores irlandeses como Richard Harris para o papel de Dumbledore, e a de actores franceses e da Europa Oriental en Harry Potter e o Cáliz de fogo onde os personaxes do libro eran especificados como tal[73]. Despois de considerar a varios directores como Steven Spielberg, Terry Gilliam, Jonathan Demme e Alan Parker, designouse a Chris Columbus o 28 de marzo de 2000 como director de Harry Potter e a pedra filosofal, con declaracións da Warner Bros. citando a súa obra noutros filmes familiares como Home Alone e Mrs. Doubtfire como influencias para a súa decisión[74]. Tras un longo casting[75], a gravación comezou en outubro de 2000 nos Leavesden Film Studios e en Londres, cunha fin da produción en xullo de 2001[76]. A pedra filosofal estreouse o 14 de novembro de 2001. Tan só tres días despois da estrea da primeira película, comezou a produción de Harry Potter e a Cámara dos Segredos, tamén dirixida por Columbus, finalizando no verán de 2002; o 15 de novembro de 2002 fíxose o seu lanzamento[77].

Chris Columbus declinou dirixir Harry Potter e o preso de Azkaban, aínda que seguiu sendo produtor. O director mexicano Alfonso Cuarón relevouno no seu cargo, e logo de rodar en 2003, o filme lanzouse o 4 de xuño de 2004. Debido ao comezo da produción da cuarta película antes da estrea da terceira, Mike Newell foi elixido director de Harry Potter e o Cáliz de fogo[78], estreada o de 18 novembro de 2005. Newell rexeitou a dirección da seguinte película, e o director de televisión británico David Yates foi a escolla para Harry Potter e a Orde do Fénix, a cal empezou a súa produción en xaneiro de 2006[79] e tivo a súa estrea o 11 de xullo de 2007. Yates tamén dirixiu Harry Potter e o misterio do príncipe[80], que foi lanzada o 15 de xullo de 2009[81][82]. En marzo de 2008, a Warner Bros. anunciou que a última entrega da saga, Harry Potter e as reliquias da morte, filmouse en dous segmentos, con datas de estrea de novembro de 2010 a primeira parte e xullo de 2011 a segunda parte. Yates volveu como director de ambas as dúas partes. Os filmes de Harry Potter foron un enorme éxito cinematográfico, con catro das cinco entre as 20 películas con maior recadación en todo o mundo[83].

As opinións sobre as películas están xeralmente divididas entre os fans, cun grupo que prefire o enfoque máis fiel dos primeiros dous filmes e outro grupo que opta polo enfoque máis estilizado dos personaxes das demais películas[84]. Rowling apoiou constantemente as películas[85][86][87], e evaluou a Orde do Fénix como "a mellor ata o de agora". Ademais, sobre os cambios no traslado do libro ao filme escribiu na súa páxina web que "é sinxelamente imposible incorporar todas e cada unha das tramas nun filme que debe durar menos de catro horas. Obviamente, as películas teñen restricións que as novelas non teñen, límites de tempo e de orzamento; non podo crear efectos cegadores baseándome en nada máis que a miña interacción e as imaxinacións dos meus lectores"[88].

O 12 de setembro de 2013, Warner Bros. confirmou que J.K. Rowling estaba en proceso de escribir un guión baseado no seu libro Fantastic Beasts and Where to Find Them e as aventuras do seu autor ficticio Newt Scamander. O filme está ambientado 70 anos antes das aventuras de Harry Potter. Deste xeito, esta película sería a estrea de Rowling como guionista. Ademais, preténdese que sexa o primeiro filme dunha nova serie[89].

Audiolibros[editar | editar a fonte]

Os libros de Harry Potter foron todos tamén lanzados na súa versión íntegra en audiolibro en lingua inglesa. As versións británicas son lidas por Stephen Fry, mentres que nas norteamericanas o fai Jim Dale. Este último, Dale, tamén é o narrador das características especiais dos DVDs.

Xogos[editar | editar a fonte]

Videoxogos[editar | editar a fonte]

Ata o de agora, Electronic Arts sacou á venda cinco videoxogos baseados nas tramas dos filmes e mais das novelas. Ademais, EA tamén produciu no ano 2003 un xogo de simulación de quidditch, chamado Harry Potter: Quidditch World Cup.

Xogos de mesa[editar | editar a fonte]

LEGO tamén produciu os dous videoxogos sobre as primeras dúas películas, ademais dunha serie de bonecas e escenarios baseados nas cinco películas que a día de hoxe foron estreadas. Por último, Wizards of the Coast creou un xogo de cartas coleccionables baseado no mundo de Harry Potter. Este mazo de cartas chegou a ser o segundo xoguete máis vendido nos Estados Unidos[90].

Parque temático[editar | editar a fonte]

O 31 de maio de 2007, Warner Bros., Universal Studios e Leavesden Studios anunciaron que ía construír un parque temático sobre o mundo de Harry Potter en Islands of Adventure, chamado The Wizarding World of Harry Potter (O mundo máxico de Harry Potter), en Orlando (Estados Unidos)[91]. Finalmente, o parque abriu ao público o 18 de xuño de 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dolores Avedaño foi a encargada de realizar a portada para a versión en castelán, mais os seus debuxos usáronse tamén para as versións galegas e hispanoamericanas.
  2. Allsobrook, Dr. Marian (18-06-2003). "Potter's place in the literary canon". BBC. http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/2996578.stm. Consultado o 15-10-2007.
  3. "Business big shot: Harry Potter author JK Rowling". http://business.timesonline.co.uk/tol/business/movers_and_shakers/article3663197.ece. Consultado o 14 de xullo de 2009.
  4. 4,0 4,1 "Rowling 'makes £5 every second'". British Broadcasting Corporation. 3 de outubro de 2008. http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/7649962.stm. Consultado o 17 de outubro de 2008.
  5. "All Time Worldwide Box Office Grosses". Box Office Mojo, LLC.. 1998–2008. http://www.boxofficemojo.com/alltime/world/. Consultado o 29 de xullo de 2008.
  6. Amazon.com - Harrius Potter et Philosophi Lapis
  7. Amazon.com - Harry Potter and the Philosopher's Stone (Ancient Greek Edition)
  8. "Review: Gladly drinking from Rowling's 'Goblet of Fire'". CNN. 14 de xullo de 2000. http://edition.cnn.com/2000/books/reviews/07/14/review.potter.goblet/. Consultado o 28 de setembro de 2008.
  9. 9,0 9,1 "A Muggle's guide to Harry Potter". BBC. 28 de maio de 2004. http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/arts/820551.stm. Consultado o 22 de agosto de 2008.
  10. Frauenfelder, David (17 de xullo de 2007). "Harry Potter, Hogwarts and Home". The News & Observer Publishing Company. http://www.newsobserver.com/308/story/639602.html. Consultado o 29 de setembro de 2008.
  11. Hajela, Deepti (14 de xullo de 2005). "Plot summaries for the first five Potter books". SouthFlorida.com. http://www.southflorida.com/movies/sfe-potter-synopses,0,6711375.story. Consultado o 29 de setembro de 2008.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 12,7 "The Harry Potter stories so far: A quick CliffsNotes review". USA Today. http://www.usatoday.com/life/books/news/2007-07-19-potter-books_N.htm. Consultado o 28 de setembro de 2008.
  13. "Harry Potter and the parallel universe". Telegraph.com. http://www.telegraph.co.uk/arts/main.jhtml?xml=/arts/2007/07/15/svharry15.xml&page=3. Consultado o 28 de setembro de 2008.
  14. "J K Rowling at the Edinburgh Book Festival". J.K. Rowling.com. 15 de agosto de 2004. http://www.jkrowling.com/textonly/en/news_view.cfm?id=80. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  15. Maguire, Gregory (5 de setembro de 1999). "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban". The New York Times. http://www.nytimes.com/1999/09/05/books/rowling-azkaban.html?ex=1222747200&en=c3365ba3baa3bf40&ei=5070. Consultado o 28 de setembro de 2008.
  16. King, Stephen (23 de xullo de 2000). "Harry Potter and the Goblet of Fire". The New York Times. http://www.nytimes.com/2000/07/23/books/rowling-goblet.html?ex=1222747200&en=6a7b0d89257dcebb&ei=5070. Consultado o 28 de setembro de 2008.
  17. 17,0 17,1 King, Stephen (23 de xullo de 2000). "Harry Potter and the Goblet of Fire 2". The New York Times. http://www.nytimes.com/2000/07/23/books/rowling-goblet.html?pagewanted=2&ei=5070&en=6a7b0d89257dcebb&ex=1222747200. Consultado o 28 de setembro de 2008.
  18. 18,0 18,1 18,2 "‘Harry Potter and the Order of the Phoenix’". The New York Times. 13 de xullo de 2003. http://www.nytimes.com/2003/07/13/books/review/rowling-phoenix.html?ex=1222747200&en=c19fb010046d89c7&ei=5070. Consultado o 28 de setembro de 2008.
  19. A. Whited, Lana. (2004). The Ivory Tower and Harry Potter: Perspectives on a Literary Phenomenon. University of Missouri Press. pp. 371. ISBN 978-0-8262-1549-9.
  20. 20,0 20,1 Kakutani, Michiko (16 de xullo de 2005). "Harry Potter Works His Magic Again in a Far Darker Tale". The New York Times. http://www.nytimes.com/2005/07/16/books/16choc.html?pagewanted=all. Consultado o 28 de setembro de 2008.
  21. "How Rowling conjured up millions". BBC. http://news.bbc.co.uk/1/hi/business/6903111.stm. Consultado o 7 de setembro de 2008.
  22. "Comic Relief: Quidditch through the ages". Albris. http://www.alibris.com/search/books/qwork/1198169/used/Comic%20Relief%20:%20Quidditch%20through%20the%20ages. Consultado o 7 de setembro de 2008.
  23. "The Money". Comic Relief. http://www.comicrelief.com/stuff-to-buy/harrys-books/the-money/. Consultado o 25 de outubro de 2007.
  24. "Potter magic helps charity". BBCnews.co.uk. 12-03-2001. http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/1215742.stm. Consultado o 17-12-2007.
  25. "Amazon admits to record Harry Potter bid". Telegraph.co.uk. 14-12-2007. http://www.telegraph.co.uk/arts/main.jhtml?xml=/arts/2007/12/14/bopotter114.xml. Consultado o 11-05-2008.
  26. "Amazon says it bought £2m Rowling book as "thank you"". timesonline.co.uk. 14-12-2007. http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/books/article3051281.ece. Consultado o 11-05-2008.
  27. "JK Rowling Fairy Tales To Go On Sale For Charity". ANI. 2008. http://living.oneindia.in/insync/2008/harry-potter-jk-rowling-charity-020808.html. Consultado o 2 de agosto de 2008.
  28. "JK Rowling book fetches £2 m". BBC. 13 de decembro de 2007. http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/7142656.stm. Consultado o 13 de decembro de 2007.
  29. "Amazon purchase book". Amazon.com Inc. http://www.amazon.co.uk/gp/feature.html?docId=1000137983. Consultado o 14 de decembro de 2007.
  30. Williams, Rachel (2008). "Rowling pens Potter prequel for charities". The Guardian. http://www.guardian.co.uk/books/2008/may/29/harrypotter.jkjoannekathleenrowling. Consultado o 31 de maio de 2008.
  31. Rowling, J. K. (2006). "Biography". JKRowling.com. http://www.jkrowling.com/textonly/en/biography.cfm. Consultado o 21 de maio de 2006.
  32. Declaración oficial en inglés: "I had been writing almost continuously since the age of six but I had never been so excited about an idea before. I simply sat and thought, for four (delayed train) hours, and all the details bubbled up in my brain, and this scrawny, black-haired, bespectacled boy who did not know he was a wizard became more and more real to me".
  33. "Final Harry Potter book set for release". Euskal Telebista. 15 de xullo de 2007. http://www.eitb24.com/new/en/B24_57676/entertainment/FACTBOX-Final-Harry-Potter-book-set-for-release/. Consultado o 21 de agosto de 2008.
  34. Lawless, John (2005). "Nigel Newton". The McGraw-Hill Companies Inc.. http://www.businessweek.com/magazine/content/05_22/b3935414.htm. Consultado o 9 de setembro de 2006.
  35. 35,0 35,1 A. Whited, Lana. (2004). The Ivory Tower and Harry Potter: Perspectives on a Literary Phenomenon. University of Missouri Press. pp. 351. ISBN 978-0-8262-1549-9.
  36. Huler, Scott. "The magic years". The News & Observer Publishing Company. http://www.newsobserver.com/308/story/637623.html. Consultado o 28 de setembro de 2008.
  37. Savill, Richard (21 de xuño de 2001). "Harry Potter and the mystery of J K's lost initial". Telegraph.com. http://www.telegraph.co.uk/news/uknews/1349288/Harry-Potter-and-the-mystery-of-J-Ks-lost-initial.html. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  38. "The Potter phenomenon". BBC. 18 de febreiro de 2003. http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/arts/820885.stm. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  39. 39,0 39,1 "Harry Potter e a pedra filosofal". editorialgalaxia.es. http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010600001. Consultado o 24 de xullo de 2009.
  40. A versión orixinal do título era Harry Potter and the Philosopher's Stone.
  41. "Wild about Harry". NYP Holdings, Inc.. http://www.nypost.com/seven/07022007/news/nationalnews/wild_about_harry_nationalnews_.htm. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  42. Rozhon, Tracie (21 de abril de 2007). "A Brief Walk Through Time at Scholastic". The New York Times. pp. C3. http://www.nytimes.com/2007/04/21/business/web21interview.html?_r=2&pagewanted=1. Consultado o 21 de abril de 2007.
  43. 43,0 43,1 "A Potter timeline for muggles". Toronto Star. 14 de xullo de 2007. http://www.thestar.com/entertainment/article/235354. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  44. "Harry Potter e a Cámara dos Segredos". editorialgalaxia.es. http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010600002. Consultado o 24 de xullo de 2009.
  45. "Harry Potter e e o preso de Azkaban". editorialgalaxia.es. http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010600003. Consultado o 24 de xullo de 2009.
  46. "Speed-reading after lights out". Guardian News and Media Limited. 19 de xullo de 2000. http://www.guardian.co.uk/books/2000/jul/19/jkjoannekathleenrowling. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  47. "Harry Potter e o Cáliz de fogo". editorialgalaxia.es. http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010600004. Consultado o 24 de xullo de 2009.
  48. "Harry Potter and the Internet Pirates". The New York Times. http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9C03EFDC163CF937A25754C0A9659C8B63. Consultado o 21 de agosto de 2008.
  49. 49,0 49,1 "Harry Potter e a Orde do Fénix". editorialgalaxia.es. http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010600007. Consultado o 24 de xullo de 2009.
  50. Cassy, John (16 de xaneiro de 2003). "Harry Potter and the hottest day of summer". Guardian News and Media Limited. http://www.guardian.co.uk/uk/2003/jan/16/harrypotter.books. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  51. "July date for Harry Potter book". BBC. 21 de decembro de 2004. http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/arts/4113663.stm. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  52. "Harry Potter finale sales hit 11 m". BBC News. http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/6912529.stm. Consultado o 21 de agosto de 2008.
  53. "Harry Potter e o misterio do príncipe". editorialgalaxia.es. http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010600006. Consultado o 24 de xullo de 2009.
  54. "Rowling unveils last Potter date". BBC. 1 de febreiro de 2007. http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/6320733.stm. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  55. "Harry Potter e as reliquias da morte". editorialgalaxia.es. http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010600005. Consultado o 24 de xullo de 2009.
  56. "Axenda". editorialgalaxia.es. http://www.editorialgalaxia.es/axenda/index.php?id=2008-02-21. Consultado o 24 de xullo de 2009.
  57. "Chega Harry Potter, e faino tamén en galego". vieiros.com. 22 de febreiro de 2008. http://www.vieiros.com/nova/64596/chega-harry-potter-e-faino-tamen-en-galego. Consultado o 24 de xullo de 2009.
  58. "Harry Potter finale sales hit 11 m". BBC. 23 de xullo de 2007. http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/6912529.stm. Consultado o 20 de agosto de 2008.
  59. "Harry Potter breaks 400m in sales". Guardian News and Media Limited. 18 de xuño de 2008. http://www.guardian.co.uk/business/2008/jun/18/harrypotter.artsandentertainment. Consultado o 17 de outubro de 2008.
  60. KMaul (2005). "Guinness World Records: L. Ron Hubbard Is the Most Translated Author". The Book Standard. http://www.kirkusreviews.com/kirkusreviews/tbs_landing.jsp. Consultado o 19 de xullo de 2007.
  61. "Differences in the UK and US Versions of Four Harry Potter Books". FAST US-1. 21 de xaneiro de 2008. http://www.uta.fi/FAST/US1/REF/potter.html. Consultado o 17 de agosto de 2008.
  62. Wilson, Andrew (2006). "Harry Potter in Greek". Andrew Wilson. http://www.users.globalnet.co.uk/~loxias/harry_potter.htm. Consultado o 28 de xullo de 2008.
  63. Castle, Tim (2 de decembro de 2004). "Harry Potter? It's All Greek to Me". Reuters. http://playalicious.com/reference/news/greek_harry.html. Consultado o 28 de xullo de 2008.
  64. Güler, Emrah (2005). "Not lost in translation: Harry Potter in Turkish". The Turkish Daily News. http://www.turkishdailynews.com.tr/article.php?enewsid=29054. Consultado o 9 de maio de 2007.
  65. 65,0 65,1 "Libros". http://www.xente.mundo-r.com/marilar/libros.htm. Consultado o 25 de xullo de 2009.
  66. Staff Writer (1 de xullo de 2003). "OOTP is best seller in France — in English!". BBC. http://news.bbc.co.uk/cbbcnews/hi/world/newsid_3036000/3036350.stm. Consultado o 28 de xullo de 2008.
  67. "Rowling gearing up for final 'Potter'". CNN. 27 de decembro de 2005. http://www.cnn.com/2005/SHOWBIZ/12/27/showbuzz/index.html?iref=newssearch. Consultado o 28 de setembro de 2008. "2006 will be the year when I write the final book in the Harry Potter series."
  68. "Potter author signs off in style". BBC. 2 de febreiro de 2007. http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/scotland/edinburgh_and_east/6324289.stm. "J. K. Rowling finished writing Harry Potter and the Deathly Hallows in this room (652) on 11 January 2007."
  69. ""Rowling to kill two in final book"". BBC. 27 de xuño de 2006. http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/5119836.stm. Consultado o 25 de xullo de 2007.
  70. ""Harry Potter and Me"". BBC News. 28 de decembro de 2001. http://www.accio-quote.org/articles/2001/1201-bbc-hpandme.htm. Consultado o 12 de setembro de 2007.
  71. "Books: Cover Stories At the Frankfurt Book Fair". The Independent. 10 de outubro de 1998. http://www.independent.co.uk/arts-entertainment/books/books-cover-stories-at-the-frankfurt-book-fair-1177247.html. Consultado o 18 de xullo de 2009.
  72. "WiGBPd About Harry". The Australian Financial Review. 19 de xulo de 2000. http://www.accio-quote.org/articles/2000/0700-austfinrev-bagwell.html. Consultado o 26 de maio de 2007.
  73. "Harry Potter and the Philosopher's Stone". Guardian Unlimited. 16 de novembro de 2001. http://www.guardian.co.uk/film/2001/nov/16/jkjoannekathleenrowling. Consultado o 26 de maio de 2007.
  74. Linder, Bran (28 de marzo de 2000). "Chris Columbus to Direct Harry Potter". IGN. http://uk.movies.ign.com/articles/034/034098p1.html. Consultado o 8 de xullo de 2007.
  75. "Daniel Radcliffe, Rupert Grint and Emma Watson bring Harry, Ron and Hermione to life for Warner Bros. Pictures: Harry Potter and the Sorcerer’s Stone"". Warner Brothers. 21 de agosto de 2000. http://movies.warnerbros.com/pub/movie/releases/harrycast.html. Consultado o 26 de maio de 2007.
  76. Schmitz, Greg Dean. "Harry Potter and the Sorcerer's Stone (2001)". Yahoo!. http://movies.yahoo.com/feature/comingsoon.html. Consultado o 30 de maio de 2007.
  77. "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002)". Yahoo! Inc. http://movies.yahoo.com/movie/1807858489/info. Consultado o 18 de agosto de 2008.
  78. "Goblet Helmer Confirmed". IGN. 11 de agosto de 2003. http://movies.ign.com/articles/433/433108p1.html. Consultado o 29 de xullo de 2007.
  79. Daly, Steve (6 de abril de 2007). "'Phoenix' Rising". Entertainment Weekly. pp. 28. http://www.ew.com/ew/article/0,,20016352,00.html. Consultado o 1 de abril de 2007.
  80. Spelling, Ian (3 de maio de 2007). "Yates Confirmed For Potter VI". Sci Fi Wire. http://www.scifi.com/scifiwire/index.php?category=0&id=41338. Consultado o 3 de maio de 2007.
  81. "Coming Sooner: Harry Potter Changes Release Date". TVGuide.com. http://movies.tvguide.com/Movie-News/Harry-Potter-Changes-1005104.aspx. Consultado o 15 de abril de 2009.
  82. "Harry Potter and the Half-Blood Prince". Market Watch. 14 de agosto de 2008. http://www.marketwatch.com/news/story/harry-potter-half-blood-prince-moves/story.aspx?guid={F4F52B7F-D1B1-4DC0-BF8A-AD0D9252BE7A}&dist=hppr. Consultado o 17 de agosto de 2008.
  83. "All Time Worldwide Box Office Grosses". Box Office Mojo. http://www.boxofficemojo.com/alltime/world/. Consultado o 29 de xullo de 2007.
  84. "Harry Potter: Books vs films". digitalspy.co.uk. http://www.digitalspy.co.uk/movies/a64205/harry-potter-books-vs-films.html. Consultado o 7 de setembro de 2008.
  85. "Potter Power!". Time For Kids. http://www.timeforkids.com/TFK/specials/potter/0,12405,184807,00.html. Consultado o 31 de maio de 2007.
  86. Puig, Claudia (27 de maio de 2004). "New 'Potter' movie sneaks in spoilers for upcoming books". USA Today. http://www.usatoday.com/life/movies/news/2004-05-27-potter-movie-book_x.htm. Consultado o 31 de maio de 2007.
  87. "JK 'loves' Goblet Of Fire movie". BBC Newsround. 7 de novembro de 2005. http://news.bbc.co.uk/cbbcnews/hi/newsid_4410000/newsid_4415400/4415454.stm. Consultado o 31 de maio de 2007.
  88. Rowling, J. K.. "How did you feel about the POA filmmakers leaving the Marauder’s Map’s background out of the story? (A Mugglenet/Lexicon question)". J. K. Rowling. http://www.jkrowling.com/textonly/en/faq_view.cfm?id=94. Consultado o 6 de setembro de 2008. "It is simply impossible to incorporate every one of my storylines into a film that has to be kept under four hours long. Obviously films have restrictions novels do not have, constraints of time and budget; I can create dazzling effects relying on nothing but the interaction of my own and my readers’ imaginations."
  89. "Warner Bros. Announces Expanded Creative Partnership with J.K. Rowling". Business Wire. http://www.businesswire.com/news/home/20130912005870/en/Warner-Bros.-Announces-Expanded-Creative-Partnership-J.K.. Consultado o 12 de setembro de 2013.
  90. LaSalle, Mike (20-12-2001). "Harry grabs gold ring". San Francisco Chronicle. http://www.sfgate.com/cgi-bin/article.cgi?f=/c/a/2001/12/20/DD108054.DTL. Consultado o 13-11-2007.
  91. The Wizarding World of Harry Potter—Universal Orlando Resort

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harry Potter