Precuela de Harry Potter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A precuela de Harry Potter é unha historia de 800 palabras escrita por J. K. Rowling e publicada na rede o 11 de xuño de 2008. Situada tres anos antes do nacemento de Harry Potter, a acción narra unha anécdota de Sirius Black e James Potter.

Argumento[editar | editar a fonte]

Dous axentes da policía muggle, o oficial Anderson e o sarxento Fisher, van á caza dunha motocicleta que supera o límite de velocidade nunha travesa sen saída. Enfróntanse aos dous mozos que van na moto e pídenlles os nomes. Despois dalgunhas bromas, os cativos preséntanse como Sirius Black e James Potter. Mentres os policías intentan arrestalos por conducir superando o límite de velocidade e sen o casco, aparecen voando sobre vasoiras tres Devoradores da Morte que se dirixen cara a eles. James e Sirius usan as súas variñas para elevar o coche dos policías e empregalo de barreira, contra a que impactan os tres meigos. Despois de facelo, Sirius e James foxen e deixan aos policías asustados na canella.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]