Devon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDevon
Imaxe

Lema«Auxilio Divino» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°42′N 3°48′O / 50.7, -3.8Coordenadas: 50°42′N 3°48′O / 50.7, -3.8
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSuroeste de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
CapitalExeter Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
City of Plymouth (en) Traducir
Devon (en) Traducir
Torbay (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.209.773 (2020) Editar o valor em Wikidata (180,38 hab./km²)
Xeografía
Superficie6.706,9855 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
ISO 3166-2GB-DEV Editar o valor em Wikidata
Código NUTSUKK43 Editar o valor em Wikidata

Devon (Dewnens en córnico) é un condado situado na rexión do Suroeste de Inglaterra, que limita con Cornualla ao oeste e con Dorset e Somerset ao leste. O nome Devonshire utilizouse durante un tempo aínda que na actualidade caeu en desuso e utilízase só para algúns nomes oficiais como o de Duque de Devonshire. A súa capital é Exeter.

Historia[editar | editar a fonte]

Devon foi unha das primeiras áreas de Inglaterra que estivo habitada, ao final da Idade do xeo. Crese que Dartmoor estivo habitado durante o mesolítico por tribos de cazadores. O nome "Devon" deriva do nome que deron os romanos ao pobo celta que vivía ao sur da península de Britania durante a invasión romana. Chamáronlles Dumnonii que se cre significa habitantes do val profundo.

Os romanos mantiveron a zona baixo ocupación militar durante aproximadamente 25 anos. Máis tarde, a zona serviu e fronteira entre Brythonic Dumnonia e o Wessex saxón.

Durante o século IX, o control saxón da zona veu dos viquingos e dalgunhas incursións esporádicas até a conquista normanda. Algúns nomes de orixe nórdica quedaron como mostra da presenza de viquinga no condado.

Devon participou tamén na maioría dos conflitos ingleses desde a conquista normanda, incluíndo a guerra das rosas. O feito quizais máis destacable é a chegada de Guillerme de Orange a Torquay para iniciar a Revolución gloriosa en 1688.

Devon foi produtor de cobre e doutros metais na antigüidade. O condado é tamén coñecido polos seus mariñeiros como sir Francis Drake ou sir Walter Raleigh.

O condado ten a súa propia bandeira (non oficial) dedicada a San Petroc, un santo local que conta con numerosos fieis tanto en Devon como nos condados veciños. A bandeira adoptouse no ano 2003 despois dun concurso organizado pola cadea BBC.

Política e administración[editar | editar a fonte]

Catedral de Exeter

O centro administrativo de Devon é a cidade Exeter pero a cidade máis poboada é Plymouth, e a conurbación de Torbay (que inclúe Torquay, Paignton e Brixham) é unha autoridade unitaria desde 1998, separada do resto de Devonque queda baixo a administración do Consello do Condado de Devon.

O Consello do Condado de Devon está controlado polos conservadores. O órgano conta con 62 respresentantes, dos que 38 son conservadores, 9 liberal demócratas, sete laboristas, catro UKIP, tres independentes e un verde.[1]

Hundreds

Historicamente Devon divídese en 32 hundreds:[2] Axminster, Bampton, Black Torrington, Braunton, Cliston, Coleridge, Colyton, Crediton, East Budleigh, Ermington, Exminster, Fremington, Halberton, Hartland, Hayridge, Haytor, Hemyock, Lifton, North Tawton and Winkleigh, Ottery, Plympton, Roborough, Shebbear, Shirwell, South Molton, Stanborough, Tavistock, Teignbridge, Tiverton, West Budleigh, Witheridge e Wonford.

Cidades destacadas[editar | editar a fonte]

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tories take over county council". The BBC. 5 June 2009. Consultado o 6 June 2009. 
  2. GENUKI http://genuki.cs.ncl.ac.uk/DEV/Hundreds.html Arquivado 27 de abril de 2016 en Wayback Machine.