Harry Potter e o preso de Azkaban (videoxogo)
| Harry Potter e o preso de Azkaban |
|
| Produtor: | EA Games |
| Distribuidor: | Electronic Arts |
| Lanzamento: | Xuño do 2004 |
| Xénero: | Aventuras Acción |
| Plataformas: | PC (Windows), GBA, Xbox, GameCube, PS2 |
Harry Potter e o preso de Azkaban é o nome do terceiro videoxogo da serie de Harry Potter, que foi lanzado á venda no 2004, simultaneamente coa estrea do filme co esmo nome, Harry Potter e o preso de Azkaban. Ámbalas dous cousas, o xogo e o filme, están baseados na terceira novela da saga Harry Potter, de J. K. Rowling. O xogo foi creado para PC (Windows), Game Boy Advance, Xbox, GameCube e PlayStation 2.
Índice |
Vista xeral [editar]
Argumento [editar]
- Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e o preso de Azkaban.
Harry, Ron e Hermione entéranse de que un perigoso home, Sirius Black, escapou do cárcere para magos, Azkaban, e que está, supostamente, buscando a Harry para matalo. Os tres amigos dominan os feitizos necesarios para facer fronte a Black. Sen embargo, Black non é tan malo como aparenta: foi culpado dos asasinatos de trece persoas facía trece anos, pero o verdadeiro asasino, Peter Pettigrew, está escondido co disfrace do rato mascota de Ron, Scabbers. Xunto con Remus Lupin e Black, Harry, Ron e Hermione desenmascaran a Pettigrew. Usando un xiratempos, Harry e Hermione volven atrás no pasado e rescatan o hipogrifo de Hagrid, Buckbeak, e utilízano tamén para rescatar a Black.
Personaxes cos que se pode xogar [editar]
-
- Versión para PC:
(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo os feitizos Alohomora, Depulso, Lumos, Espongificación e Rictusempra).
- Harry Potter obtén o "Mapa do Merodeador" en forma de minimapa que serve para guiar ao xogador, mostrándolle o perfil do terreo onde se atopan Harry, Ron e Hermione. Os feitizos que aprende durante o xogo son: Expecto Patronum e Glacius.
- Hermione Granger aprende dous feitizos: Draconifors e Lapifors.
- Ron Weasley só aprende un feitizo ao longo do xogo: Carpe Retractum.
-
- Versión para consola:
(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo o feitizo Flipendo).
- Harry Potter é o único que pode saltar, ademais de ser o que poder correr máis rápido. Obtén o "Mapa do Merodeador" en forma de minimapa que serve para guiar ao xogador, mostrándolle o perfil do terreo onde se atopan Harry, Ron e Hermione. Os feitizos que aprende durante o xogo son: Carpe Retractum e Expecto Patronum.
- Hermione Granger e a única que pode pasar a través de espazos pequenosis e sabe a meirande parte dos feitizos: Glacius, Reparo, Draconifors e Snufflifors.
- Ron Weasley é o único que pode pasadizos segredos e usar pelotas de cheiros noxentos e bombas de esterco. Durante o xogo só aprende o feitizo: Lumos Duo.
- Dean Thomas, Neville Longbottom, Parvati Patil, Draco Malfoy, Vincent Crabbe, Gregory Goyle, Ravenclaw; pódese xogar con todos os estudantes de Hufflepuff e Slytherin no minixogo do "Clube de Duelo". Os únicos feitizos que saben son: Flipendo e Expelliarmus.
Personaxes cos que non se pode xogar [editar]
- Albus Dumbledore é o director de Hogwarts. Dumbledore a penas se ve no xogo; pero diche os puntos que ten cada casa do colexio de cando en vez.
- Minerva McGonagall é a xefa da casa Gryffindor e a profesora de Transformacións.
- Remus Lupin é o profesor de Defesa contra as Artes Escuras. Lupin foi un bo amigo do pai de Harry, James Potter.
- Rubeus Hagrid é un amable e agradable semixigante que ensina Coidado de Criaturas Máxicas.
- Filius Flitwick é o profesor de Encantamentos.
- Sirius Black é o "preso de Azkaban". Foi erroneamente acusado dos asasinatos de trece persoas e enviado ao cárcere para magos, Azkaban, sobre doce-trece anos antes dos eventos que ocorren neste xogo.
Trivia [editar]
- A banda sonora do xogo, creada por Jeremy Soule, foi nominda a un BAFTA á Mellor Banda Sonora, na categoría de Música de Videoxogos.
- Este é o primeiro videoxogo de Harry Potter onde podes xogar como Hermione Granger e Ron Weasley, sen contar o anterior videoxogo para a Game Boy Color Harry Potter e a Cámara dos Segredos.
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web oficial (en inglés)
|
||||||||||||||||||||