Scholastic Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scholastic (ou Scholastic Inc.) é unha editorial de libros coñecida por facer materiais educativos. A empresa posúe todos os dereitos de publicación da saga Harry Potter nos Estados Unidos[1]. Scholastic Inc. é a editorial de libros infantís máis grande do mundo.

Na década de 1970, Scholastic era coñecida principalmente polo seu Scholastic Book Clubs, un servizo de pedidos por correo que se ocupaba de libros infantís, e polas súas revistas dirixidas a mozos: Wow, para estudantes de preescolar e primaria, Dynamite, para preadolescentes, e Bananas, para adolescentes.

Scholastic fixo medrar o seu negocio ao adquirir outras empresas, entre as que están Klütz, a compañía de produción televisiva animada Soup2Nuts e mais a editorial Grolier, que publica a Grolier Multimedia Encyclopedia e The New Book of Knowledge.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]