Epiceno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un substantivo animado é epiceno cando designa tanto a un individuo masculino como feminino independentemente do xénero gramatical do substantivo. Por exemplo: ourizo, gorila, aguia, rata. No caso de que sexa necesario distinguir o sexo, pódese recorrer a un artigo ou adxectivo: un/unha gorila, pero unha aguia macho e unha aguia femia.

Etimoloxicamente, epiceno vén do adxectivo grego ἐπίκοινος, que significa "común".