PlayStation Move
PlayStation Move é un mando creado por Sony para a plataforma PlayStation 3 que funciona por sensores de movemento, cunha bola nun extremo que se ilumina e mediante a cámara PlayStation Eye que recolle os movementos do mando.
O sistema foi presentado na conferencia de Sony no E3 o 2 de xuño de 2009. Nela mostrouse un prototipo funcionando con varias demos técnicas. Nun principio fixouse como data de lanzamento a primavera de 2010. Finalmente lanzouse ó mercado o 15 de setembro de 2010.
Accesorios [editar]
Motion controller [editar]
É o mando principal de PlayStation Move. Ten forma alongada e unha esfera que se ilumina en diferentes cores, evitando ter a cor da habitacion na que se xoga. A cámara Playstation Eye detecta a súa pocisión no espazo con precisión 1:1.
[editar]
É un mando que complementa o Motion controller nalgúns xogos. É igual ó Nunchuk de Wii. Ten as función principais do lado esquerdo dos mandos inalámbricos de PlayStation, de feito o navigation controller pode ser sustituido por un mando Dualshock 3.
| Xogos | Lanzamento |
|---|---|
| Sports Champions | 17/9/2010 |
| The Shoot | 1/10/2010 |
| Little Big Planet 2 | 16/11/2010 |
| Killzone 3 | 3/2/2011 |
| Sorcery | 11/4/2011 |
| Kung Fu Rider | 17/9/2010 |
| Heroes on the Move | 10/5/2011 |
| Socom 4: U.S. Navy Seals | 20/4/2011 |
| The Fight: Lights out | 4/10/2010 |
| NBA 2K11 | 8/10/2010 |