Electronic Arts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede central de Electronic Arts en Redwood Shores, California, en 2005.

Electronic Arts (EA) é unha compañía de software de videoxogos para consolas. Trátase da primeira compañía en función das licenzas para producir xogos en videoconsolas de terceiras empresas. As súas oficinas centrais están en Redwood City, California. Ten estudos en varias cidades dos Estados Unidos, en Canadá, Xapón e Inglaterra. Posúe diversas subsidiarias, como EA Sports, encargada dos simuladores deportivos, EA Games para os demais xogos, e subsidiarias adquiridas ao longo do tempo, como por exemplo, Maxis, coñecida por títulos como Simcity. Electronics Arts tamén posúe a maior distribución do mundo neste sector, está asentada en países tan dispares como Brasil, Polonia ou a República Checa, e é das poucas empresas occidentais de videoxogos con distribución propia no Xapón.