Harry Potter e o Cáliz de fogo (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harry Potter e o Cáliz de fogo
Título orixinal Harry Potter and the Goblet of Fire
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Mike Newell
Produtor David Heyman
Guión Steve Kloves
Baseado en Harry Potter e o Cáliz de fogo de J. K. Rowling
Intérpretes Daniel Radcliffe
Rupert Grint
Emma Watson
Ralph Fiennes
Brendan Gleeson
Robert Pattinson
Clémence Poésy
Stanislav Ianevski
Música Patrick Doyle
John Williams
Fotografía Roger Pratt
Montaxe Mick Audsley
Estudio Heyday Films
Distribuidor Warner Bros.
Ano 18 de novembro de 2005
Duración 157 minutos
País Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Fantasía
Orzamento 150 millóns de dólares
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior Harry Potter e o preso de Azkaban
Filme seguinte Harry Potter e a Orde do Fénix
Ficha en IMDb

Harry Potter e o Cáliz de fogo é unha película de fantasía[1] dirixida por Mike Newell e baseada na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o cuarto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia céntrase no cuarto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que é escollido polo Cáliz de fogo para competir no Torneo Tres Meigos, unha competición moi perigosa. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do reparto inclúe a Brendan Gleeson, Robert Pattinson, Clémence Poésy, Stanislav Ianevski e Ralph Fiennes.

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 18 de novembro de 2005. A recadación nas salas internacionais ascende a 895,9 millóns de dólares estadounidenses.[1] Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor dirección artística, que finalmente gañou Memoirs of a Geisha. Non obstante, o filme gañou o premio BAFTA ao mellor deseño de produción. O Cáliz de fogo foi o segundo filme en proxectarse en salas IMAX e é un dos que recibiu mellores críticas debido á madurez e sofisticación dos personaxes, o ton máis escuro e complexo da liña argumental e as actuacións do reparto principal.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Durante o cuarto ano, a Marca Escura aparece no ceo despois dun ataque feito por parte dos Devoradores da Morte na Copa do Mundo de Quidditch. Iniciado o curso en Hogwarts, Harry pasa as noites sufrindo pesadelos. Ademais, este ano a escola é a anfitrioa dun lendario evento: o Torneo Tres Meigos. Tres escolas europeas participan na competición, con tres "campións" que as representan nas probas. O Cáliz de fogo elixe a Fleur Delacour, Viktor Krum e Cedric Diggory para que compitan entre eles. Non obstante, o nome de Harry tamén sae to obxecto máxico, converténdoo no cuarto campión e obrigándoo a participar tamén. O Torneo remata cun encontro entre Harry e un renacido Voldemort que consegue recuperar a súa forma corpórea.

Reparto[editar | editar a fonte]

Robert Pattinson, Clémence Poésy e Stanislav Ianevski aparecen como Cedric Diggory, Fleur Delacour e Viktor Krum, os estudantes elixidos para representar respectivamente a Hogwarts, Beauxbatons e Durmstrang no Torneo Tres Meigos.

Banda sonora[editar | editar a fonte]

Harry Potter e o Cáliz de fogo
Banda sonora de Patrick Doyle
Data de lanzamento 15 de novembro de 2005
Duración 75:58
Xénero Banda sonora
Selo discográfico Warner/Sunset
Cronoloxía
Harry Potter e o preso de Azkaban
(2004)
Harry Potter e o Cáliz de fogo
(2005)
Harry Potter e a Orde do Fénix
(2007)

A banda sonora de Harry Potter e o Cáliz de fogo lanzouse ao mercado o 15 de novembro de 2005. Ao contrario que nas anteriores tres entregas da saga, as pezas musicais non foron compostas por John Williams, senón por Patrick Doyle. Isto veu derivado de que Williams tivo algúns problemas de programación, dado que ese mesmo ano compuxo as músicas para Star Wars Episode III: Revenge of the Sith e as películas de Steven Spielberg Memoirs of a Geisha, Munich e War of the Worlds.

Lista de pistas
  1. "The Story Continues" - 1:31
  2. "Frank Dies" - 2:12
  3. "The Quidditch World Cup" - 1:52
  4. "The Dark Mark" - 3:27
  5. "Foreign Visitors Arrive" - 1:30
  6. "The Goblet of Fire" - 3:23
  7. "Rita Skeeter" - 1:42
  8. "Sirius Fire" - 2:00
  9. "Harry Sees Dragons" - 1:54
  10. "Golden Egg" - 6:11
  11. "Neville's Waltz" - 2:11
  12. "Harry in Winter" - 2:56
  13. "Potter Waltz" - 2:19
  14. "Underwater Secrets"[3][4] - 2:28
  15. "The Black Lake" - 4:38
  16. "Hogwarts' March" - 2:47
  17. "The Maze" - 4:44
  18. "Voldemort" - 9:39
  19. "Death of Cedric" - 1:59
  20. "Another Year Ends" - 2:21
  21. "Hogwarts' Hymn" - 2:59
  22. "Do the Hippogriff"[5] - 3:39
  23. "This Is the Night"[5] - 3:24
  24. "Magic Works"[5] - 4:02

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Harry Potter and the Goblet of Fire (2005)". Box Office Mojo. http://www.boxofficemojo.com/movies/?id=harrypotter4.htm. Consultado o 5 de febreiro de 2009. 
  2. Rotten Tomatoes: Harry Potter and the Goblet of Fire (2005)
  3. Esta pista foi feita por Abigail Doyle (filla de Patrick Doyle), que é a que canta a adiviña das sereas.
  4. Esta pista tamén inclúe liñas que non se escoitan na película, pero que aparecen no libro.
  5. 5,0 5,1 5,2 As pista da 22 á 24 non foron compostas por Patrick Doyle. Estas cancións escóitanse durante as escenas do baile. "Do the Hippogriff" foi composta por Jarvis Cocker e Jason Buckle, mentres que "This Is the Night" e "Magic Works" foron compostas por Cocker. O tema do baile vén da simfonía nº 3 de Samuel Wesley

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]