Laura Sáez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLaura Sáez
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora , editora Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1951

Laura Sáez Fernández, nada en Pontevedra en 1979, é unha tradutora e editora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Foi lectora de galego na Universidade de Oxford. Fixo un mestrado de Edición na Universidade de Santiago de Compostela.

Na súa faceta de editora, Sáez é a responsable da editorial Patasdepeixe,[1] mentres que como tradutora verteu o galego soados títulos da literatura infantil e xuvenil e do álbum ilustrado, tales como dous números de Harry Potter ou O Grúfalo. Traduce principalmente dende o inglés.

En 2004 acadou o Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Mago por correspondencia (Xerais, 2003)
  • A voda (Xerais, 2007)
  • Tarzán de goma (Xerais, 2007)
  • Harry Potter e a Orde do Fénix (Galaxia, 2008)
  • Harry Potter e as reliquias da morte (Galaxia, 2008)
  • A vaca que puxo un ovo (Patasdepeixe, 2009)
  • A Electra acáelle o loito (Galaxia, 2009)
  • O incrible neno devorador de libros (Patasdepeixe, 2009)
  • Manual de práctica teatral feminista (Galaxia, 2009)
  • O camaleón azul (Xerais, 2010)
  • Perdido? (Patasdepeixe, 2010)
  • O gran libro dos medos do rato pequeno (Patasdepeixe, 2010)
  • O libro dos opostos: primeiras palabras para pícaras e pícaros (Patasdepeixe, 2012)
  • O grúfalo (Patasdepeixe, 2013)
  • A filla do Grúfalo (Patasdepeixe, 2014)
  • A meniña de libros (Patasdepeixe, 2016)
  • A insignia vermella do valor (BIVIR)
  • Maggie, unha muller da vida (BIVIR)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lapela "Nosoutras", patasdepeixe.eu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]