Harry Potter e a Orde do Fénix (filme)
| Harry Potter e a Orde do Fénix | |
|---|---|
| Título orixinal | Harry Potter and the Order of the Phoenix |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | David Yates |
| Produtor | David Heyman David Barron |
| Guión | Michael Goldenberg |
| Baseado en | Harry Potter e a Orde do Fénix de J. K. Rowling |
| Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Ralph Fiennes Michael Gambon Imelda Staunton Gary Oldman Helena Bonham Carter |
| Música | Nicholas Hooper John Williams |
| Fotografía | Sławomir Idziak |
| Montaxe | Mark Day |
| Estudio | Heyday Films |
| Distribuidor | Warner Bros. |
| Ano | 11 de xullo de 2007 (Estados Unidos) 12 de xullo de 2007 (Reino Unido) |
| Duración | 138 minutos |
| País | |
| Xénero | Fantasía Drama |
| Orzamento | 150 millóns de dólares[1] |
| Filme anterior | Harry Potter e o Cáliz de fogo |
| Filme seguinte | Harry Potter e o misterio do príncipe |
| Ficha en IMDb | |
Harry Potter e a Orde do Fénix é unha película de fantasía e drama[2] dirixida por David Yates e baseada na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o quinto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Michael Goldenberg e producido por David Heyman e David Barron. A historia céntrase no quinto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que o Ministerio de Maxia rexeita a idea do regreso de Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do reparto inclúe a Ralph Fiennes, Michael Gambon, Imelda Staunton, Gary Oldman e Helena Bonham Carter.
O filme tivo a súa estrea nos Estados Unidos o 11 de xullo de 2007 e no Reino Unido e o 12 de xullo de 2007. Foi a primeira película de Harry Potter en proxectarse en cines IMAX 3D, aínda que tamén se estreou en salas convencionais e con IMAX. A recadación nas salas internacionais ascende a 938,2 millóns de dólares estadounidenses.[1]
Índice |
Argumento [editar]
- Véxase tamén: Harry Potter e a Orde do Fénix.
O quinto ano de Harry comeza sufrindo un ataque de Dementores en Little Whinging. Máis tarde, descobre que o Ministerio de Maxia nega o regreso de Lord Voldemort; asemade Harry comeza a sufrir continuos pesadelos. Pola súa banda, o Ministerio sitúa a Dolores Umbridge como nova profesora de Defensa contra a Maxia Negra para controlar a Albus Dumbledore. Así comeza unha loita que enfronta a un grupo de estudantes da escola (o Exército de Dumbledore) e a Orde do Fénix contra o Ministerio de Maxia e os Devoradores da Morte.
Reparto [editar]
- Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme.
- Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry.
- Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry.
- Helena Bonham Carter como Bellatrix Lestrange, unha das Devoradoras da Morte máis leais a Lord Voldemort.
- Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques de Hogwarts e membro da Orde do Fénix.
- Warwick Davis como Filius Flitwick, o profesor de Esconxuros en Hogwarts e xefe da Casa Ravenclaw.
- Ralph Fiennes como Lord Voldemort, o meigo escuro, que busca conquistar o mundo máxico.
- Michael Gambon como Albus Dumbledore, o director de Hogwarts.
- Brendan Gleeson como Ollotolo Moody, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix.
- Richard Griffiths como Vernon Dursley, tío muggle de Harry.
- Jason Isaacs como Lucius Malfoy, o pai de Draco Malfoy e un dos Devoradores da Morte.
- Gary Oldman como Sirius Black, padriño de Harry e membro da Orde do Fénix.
- Alan Rickman como Severus Snape, profesor de Apócemas de Hogwarts e membro da Orde do Fénix.
- Fiona Shaw como Petunia Dursley, tía muggle de Harry.
- Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e membro da Orde do Fénix.
- Imelda Staunton como Dolores Umbridge, a nova profesora de Defensa contra a Maxia Negra e espía do Ministerio de Maxia en Hogwarts.
- David Thewlis como Remus Lupin, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix.
- Emma Thompson como Sybill Trelawney, a profesora de Adiviñación de Hogwarts.
- Julie Walters como Molly Weasley, a matriarca dos Weasley e figura maternal para Harry.
- Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry.
Produción [editar]
A gravación do filme realizouse entre febreiro e novembro de 2006 en Inglaterra e Escocia para as escenas exteriores e nos Leavesden Film Studios en Watford para as tomas interiores. A posprodución da película continuou durante varios meses para engadir os efectos visuais.
Banda sonora [editar]
| Harry Potter e a Orde do Fénix | ||||
|---|---|---|---|---|
| Banda sonora de Nicholas Hooper | ||||
| Data de lanzamento | 10 de xullo de 2007 | |||
| Estudio de gravación | Abbey Road Studios | |||
| Duración | 52:22 | |||
| Xénero | Banda sonora | |||
| Selo discográfico | Warner/Sunset | |||
| Cronoloxía | ||||
|
||||
A banda sonora de Harry Potter e a Orde do Fénix lanzouse ao mercado o 10 de xullo de 2007. Desta volta, Nicholas Hooper foi o encargado de compoñer as pezas musicais, despois de que John Williams o fixera nas tres primeiras entregas da saga e Patrick Doyle na cuarta.
As pezas "Another Story", "The Hall of Prophecies", "The Room of Requirement" e "A Journey to Hogwarts" conteñen partes de "Hedwig's Theme", escrita por John Williams. Ademais, Alexandre Desplat empregou "The Kiss" máis adiante na súa peza "A New Beginning" para a banda sonora de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte).
- Lista de pistas
- "Fireworks" – 1:49
- "Professor Umbridge" – 2:35
- "Another Story" – 2:41
- "Dementors in the Underpass" – 1:45
- "Dumbledore's Army" – 2:42
- "Hall of Prophecy" – 4:27
- "Possession" – 3:20
- "The Room of Requirement" – 6:09
- "The Kiss" – 1:56
- "A Journey to Hogwarts" – 2:54
- "The Sirius Deception" – 2:36
- "Death of Sirius" – 3:58
- "Umbridge Spoils a Beautiful Morning" – 2:39
- "Darkness Takes Over" – 2:58
- "The Ministry of Magic" – 2:48
- "The Sacking of Trelawney" – 2:15
- "Flight of the Order of the Phoenix" – 1:34
- "Loved Ones and Leaving" – 3:15
- "Divine Crusade" – 2:43 (tema do tráiler de X-Ray Dog)
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web de Harry Potter da Warner Brothers (en inglés)
- Harry Potter e a Orde do Fénix na IMDb (en inglés)
- Harry Potter e a Orde do Fénix en Allmovie (en inglés)
|
||||||||||||||||||||