Daniel Radcliffe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Radcliffe
Daniel Radcliffe.jpg
Daniel Radcliffe no 2007
Nacemento Daniel Jacob Radcliffe
23 de xullo de 1989
Fulham, Londres, Inglaterra Inglaterra)
Páxina web oficial

Daniel Jacob Radcliffe , nado en Fulham (Londres) o 23 de xullo de 1989 é un actor inglés, coñecido por interpretar ó personaxe protagonista da saga Harry Potter, baseada nas novelas da escritora J. K. Rowling, cuxos libros se converteron nun grande éxito mundial.

Índice

[editar] Biografía

Desde moi cativo quixo ser actor e debutou en 1999 dando vida a David Copperfield na película homónima para televisión. En 2001 interpretou un pequeno papel en El sastre de Panamá, no papel de fillo de Geoffrey Rush e Jamie Lee Curtis.

Durante esa rodaxe, a súa nai na ficción soubo da preprodución de Harry Potter e a pedra filosofal e animou a Radcliffe a presentarse ás audicións. Os seus pais pensaron que sería un proceso demasiado duro e frustrante en caso de fracasar, así que non lle deixaron facelo. Malia isto, os guionistas da película, que coñecían ó pai, vírono no patio de butacas durante a representación dunha obra de teatro. No descanso achegáronse a falar co neno e cos pais, e insistiron en que se presentara ás audicións. Finalmente acudiu e foi escollido.

Desde aquela interpretou a Harry James Potter en todas as películas da saga, recibindo varios premios e nominacións polo seu traballo.

[editar] Filmografía

[editar] Teatro

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas