Harry Potter e o Cáliz de fogo (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harry Potter e o
Cáliz de fogo
Produtor: EA Games
Distribuidor: Electronic Arts
Lanzamento: Novembro do 2005
Xénero: Aventuras
Acción
Xogadores: de 1 a 3
Plataformas: PlayStation 2; Xbox; GameCube; PC; PlayStation Portable
Formato: CD-ROM e DVD-ROM

Harry Potter e o Cáliz de fogo é un videoxogo producido por Electronic Arts que foi oficialmente lanzado á venda o 11 de novembro do 2005, exactamente unha semana antes de que se estrease o cuarto filme. O xogo, como tamén o filme, están baseados en Harry Potter e o Cáliz de fogo, novela de J. K. Rowling e os seus máis importantes lanzamentos son para a PlayStation 2, Xbox, GameCube, PC e PlayStation Portable.

O xogo permite xogar con calquera dos tres personaxes protagonistas da historia (Harry Potter, Hermione Granger e Ron Weasley).

A diferenza doutras versións, neste videoxogo non se poderá ir con total liberdade polo castelo de Hogwarts, senón que o xogador se verá limitado a diversos lugares que terá que seleccionar nun menú á parte, e en cada un se terán que pasar certos obstáculos e retos.

Ten unha xogabilidade tanto en modo multixogador como para xogar a un xogador. En caso de estar en modo singleplayer (un só xogador), os dous outros personaxes serán controlados por unha potente intelixencia artificial.

Tamén ten un novo sistema para encantamentos e feitizos, permitíndolle ao xogador facer feitizos en conxunto ata cos tres personaxes ditos. A posibilidade de facer feitizos ou encantamentos de tal forma ten un fin de facelos máis poderosos. Así se poderán, por exemplo, erguer rochas de considerable tamaño.

Ademais conta coas xa famosas graxeas "Bertie Bott de tódolos sabores", que cumpren diversas funcións. A principal é a de facer ás veces de moeda. Tendo varias, poderanse mercar cromos, e así mellorar diversas características de Harry, Ron ou Hermione, tales coma ter máis resistencia e máis potencia en feitizos, entre outras cousas.

Vista xeral[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Argumento[editar | editar a fonte]

Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e o Cáliz de fogo.

Harry Potter é elixido inexplicablemente como o cuartoparticipante para o Torneo dos Tres Magos no seu cuarto ano en Hogwarts. Durante o transcurso do ano no colexio debe aprender os feitizos e trucos necesarios para ser capaz de superar con éxito tres difíciles probas e, ao final do xogo, escapar da garras do infame e malvado mago Lord Voldemort.

Personaxes cos que se pode xogar[editar | editar a fonte]

  • Harry Potter é un mago de catorce anos. Harry é elixido inexplicablemente seleccionado como o cuarto campión para o "Torneo dos Tres Magos" e debe afrontar tres difíciles probas do Torneo. El é unha combinación das debilidades e fortalezas de Ron e Hermione, pero necesita frecuentemente a axuda dos seus amigos cando o perigo está preto.
  • Ron Weasley é o mellor amigo de Harry, e que ten unha obsesión coas graxeas Bertie Bott de tódolos sabores, e frecuentemente alerta cando as graxeas aparecen na pantalla de xogo, ademais, é moi bo correndo.
  • Hermione Granger é a mellor amiga de Harry e Ron e é coñecida pola súa lóxica e excelente elección nos feitizos. Ela vólvese bastante frustrada durante o xogo polas continuas exclamacións de Ron sobre atopar graxeas Bertie Bott de tódolos sabores. Ademais é unha moi boa meiga.

Personaxes cos que non se pode xogar[editar | editar a fonte]

  • Arthur Weasley é o pai de Ron. O señor Weasley vai coa familia Weasley, Harry e Hermione á Copa do Mundo de quidditch ao comezo do xogo. Ademais el participa na loita que hai, tralo partido, contra os devoradores da morte. Regularmente repite que Harry, Ron e Hermione están a salvo ao longo da xornada.
  • Ollotolo Moody é o movo profeso de Defensa contra as Artes Escuras de Hogwarts. Proporciona varios desafíos para incrementar as habilidades de Harry, Ron e Hermione realizando feitizos.
  • Rubeus Hagrid é un dos máis leais amigos de Harry, ademais de ser o gardabosques de Hogwarts. Acompaña a Harry, Ron e Hermione ao Bosque Prohibido cando lles vai ensinar o Colacorno Húngaro.
  • Cedric Diggory é o primeiro campión para o "Torneo dos Tres Magos" e Hogwarts en ser elixido. Cedric cóntalle a Harry o segredo do ovo dourado, pista para a segunda proba. Harry teno que salvar dos Escregutos de Cola Explosiva que está ocultos nos setos.
  • Fleur Delacour é a campioa do Torneo do colexio Beauxbatons. Non toma parte no desenvolvemento do xogo. Só se lle ve durante unha escena no xogo e nos cromos de Ron.
  • Viktor Krum é o campión do Torneo do colexio Durmstrang. Baixo a influencia da maldición Imperius, trata de atacar a Harry no labirinto (terceira proba).
  • Lord Voldemort, que parecía que morrera hai case catorce anos, volve recuperar o seu enorme poder ao final do xogo, e que fai o papel do xefe final que hai que derrotar.
  • Os monstros. Ao longo da xornada, tanto no interior coma no exterior do castelo, Harry e os seus amigos deben unir as súas forzas para erradicar as perigosas criaturas que lles saen ó encontro. Algunhas criaturas requiren ao equipo enteiro para poder destruílos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]