Bildungsroman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bilndungsroman é un termo alemán traducido ao francés como "novela de aprendizaxe" e ao inglés como "novela de formación", que fai refencia ás novelas de autoformación nas que se amosa un desenvolvemento físico, moral, psicolóxico ou social dun personaxe, xeralmente da infancia á madurez.

Historia do xénero[editar | editar a fonte]

Malia existiren trazos de bildungsroman nas obras clásicas medievais, pódese situar no Renacemento o nacemento embrionario deste tipo de novela, especialmente no xénero picaresco, Así, no Lazarillo de Tormes amósase un proceso polo que o protagonista, Lázaro, aprende a defenderse da vida ao servizo de moitos amos.

Porén, adoita situarse no século XIX, coa novela A aprendizaxe de Wilhelm Meister de Goethe o inicio do seu xénero como tal. Moitas das grandes novelas do século XIX e XX, sen ser estritamente bilndungsroman, comparten algunha das súas características.

Así, Proust en Na busca do tempo perdido narra o proceso de aprendizaxe do protagonista, Marcel; o mesmo acontece en Retrato do artista adolescente de James Joyce, ou en A montaña máxica de Thomas Mann. Baixo as rodas, de Hermann Hesse é unha bilndungsroman no sentido máis estrito.

Malia que a novela de aprendizaxe semella perder peso desde a segunda metade do século XX, moitos dos seus elementos aínda perviven en novelas coma O vixía no centeo, de J. D. Salinger ou en numerosas películas.

Un exemplo de bilndungsroman ou novela de autoformación na literatura galega é Arredor de si de Otero Pedrayo, na que Adrián Solovio evoluciona cara o galeguismo.