Nintendo DS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nintendo DS.

Nintendo DS (abreviatura de Dual Screen, «pantalla dual» ou, segundo Satoru Iwata, presidente de Nintendo, abreviatura de Developer's System, «a consola dos desenvolvedores»). Segundo Nintendo, é unha terceira liña de produtos e non se trata da sucesora tecnolóxica da actual Game Boy Advance. O nome desta consola abréviase como "NDS" ou simplemente como "DS". Trátase da videoconsola portátil máis vendida na actualidade en todo o mundo (con máis de 14 millóns de sistemas vendidos, fronte ós 8 millóns vendidos pola súa competencia, PSP) e tamén a que máis rápido conseguiu superar o millón de unidades en vendas da historia dos videoxogos.

Esta consola naceu da filosofía de Nintendo baseada na innovación ou, como a propia compañía o chama, "expansión". Lonxe de centrarse nunha simple evolución gráfica, en ofrecer unha vez máis o mesmo de sempre pero con mellor calidade visual, optaron por engadir características que fixesen da súa nova portátil algo totalmente novo e único, que expandise a experiencia xogable e que permitise que o xogador deixase de xogar só cos sentidos, a vista e o oído, e que puidese interactuar e sentir os xogos.

A Nintendo DS ademais do seu propio catálogo de xogos é compatible cos xogos de Game Boy Advance, pero non cos de Game Boy e Game Boy Color.

Nintendo DS Lite constitúe a segunda versión do modelo, vendida a partir do 2 de marzo de 2006. A terceira versión é a Nintendo DSi que saíu ao mercado o 1 de novembro de 2008. Desta Dsi saíu ó mercado unha revisión, a Nintendo DSi XL, coa novidade das súas pantallas un 93% maiores, que ofrecen maior comodidade en xogos de debuxo ou que teñan textos pequenos. A DSi XL saíu ó mercado o 21 de novembro do 2009

Lanzamento ao mercado[editar | editar a fonte]

A consola foi presentada o 11 de maio de 2004 no Electronic Entertainment Expo (E3) dos Ánxeles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]