Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
Ficha técnica
Título orixinalHarry Potter and the Deathly Hallows – Part 1
DirectorDavid Yates
Ben Hibon
(dirixiu O conto dos tres irmáns xunto a David Yates)
ProdutorDavid Heyman
David Barron
J. K. Rowling
GuiónSteve Kloves
Baseado enHarry Potter e as reliquias da morte de J. K. Rowling
IntérpretesDaniel Radcliffe
Rupert Grint
Emma Watson
Ralph Fiennes
Alan Rickman
Helena Bonham Carter
Bill Nighy
Rhys Ifans
MúsicaAlexandre Desplat
Conrad Pope
John Williams
FotografíaEduardo Serra
MontaxeMark Day
EstudioHeyday Films
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea19 de novembro de 2010
Duración146 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantasía
Drama
Orzamento$250 000 000
(xunto á 2ª parte)[2]
Recadación$960 283 305
Filme anteriorHarry Potter e o misterio do príncipe
Filme seguinteHarry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)
Na rede
http://harrypotter.warnerbros.com/harrypotterandthedeathlyhallows
IMDB: tt0926084 Filmaffinity: 799532 Allocine: 126693 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_deathly_hallows_part_1 Mojo: harrypotter7 Allmovie: v393092 TCM: 778108 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-deathly-hallows-part-i TV.com: movies/harry-potter-and-the-deathly-hallows-part-1 Netlix: 70115887Editar o valor em Wikidata

Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) é unha película de fantasía e drama[1][3] dirixida por David Yates e a primeira das dúas baseadas na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sétimo filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman, David Barron e Rowling. A historia céntrase na busca que emprende Harry Potter co obxectivo de atopar e destruír os Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Helena Bonham Carter e Alan Rickman.

O filme tivo a súa estrea en todo o mundo en cines 2D e IMAX o 19 de novembro de 2010.[4][5][6][7] A produción do filme comezou o 19 de febreiro de 2009 e rematou o 12 de xuño de 2010.[8]

Durante a fin de semana despois da súa estrea, esta primeira parte recadou 330 millóns de dórales, a máis alta do ano 2010.[9] A recadación nas salas internacionais ascende a 954,5 millóns de dólares estadounidenses,[10] converténdoa na terceira película con maiores recadacións de 2010 detrás de Toy Story 3 e Alice in Wonderland.[11].

Sinopse[editar | editar a fonte]

Despois dos acontecementos ao final do ano anterior Harry, Ron e Hermione van á procura e destrución dos Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. Suponse que é o seu sétimo e último ano de estudos en Hogwarts, pero a desorde no Ministerio de Maxia e o alzamento no poder do Señor Escuro evitan a súa asistencia. Os tres amigos emprenden un camiño que os levará a loitar contra os Devoradores da Morte e a descubrir os poderes das reliquias da morte. Asemade, a conexión entre Harry e a mente de Voldemort faise máis forte.

Elenco[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "BBFC: Harry Potter and the Deathly Hallows - Part 1". BBFC. Consultado o 6 de decembro de 2010. 
  2. Frankel, Daniel (17 de novembro de 2010). "Get Ready for the Biggest 'Potter' Opening Yet". The Wrap. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2010. 
  3. "Warner Bros. Shop: "Harry Potter and the Deathly Hallows - Part 1"". Warner Bros. Shop. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 22 de xuño de 2011. 
  4. "Release Date Set for Harry Potter 7: Part I". Comingsoon.net. 25 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2008. Consultado o 24 de maio de 2008. 
  5. "IFCO: Irish Film Classification Office – Reviews of Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 1". Ifco.ie. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2010. 
  6. "WB Sets Lots of New Release Dates!". Comingsoon.net. 25 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2009. 
  7. Tyler, Josh (8 de outubro de 2010). "Part 1 Not in 3D". Cinema Blend. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  8. Schwartz, Alison (14 de xuño de 2010). "Daniel Radcliffe Calls Wrapping Up Harry Potter Devastating". People. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2011. Consultado o 9 de febreiro de 2011. 
  9. "Worldwide Openings". Box Office Mojo. Consultado o 19 de maio de 2011. 
  10. "Harry Potter and the Deathly Hallows Part 1 (2010)". Box Office Mojo. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  11. "2010 Worldwide Grosse". Box Office Mojo. Consultado o 9 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]