Harry Potter e o misterio do príncipe (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harry Potter e o misterio do príncipe
Título orixinal Harry Potter and the Half-Blood Prince
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director David Yates
Produtor David Heyman
David Barron
Guión Steve Kloves
Baseado en Harry Potter e o misterio do príncipe de J. K. Rowling
Intérpretes Daniel Radcliffe
Rupert Grint
Emma Watson
Michael Gambon
Jim Broadbent
Alan Rickman
Helena Bonham Carter
Tom Felton
Música Nicholas Hooper
John Williams
Fotografía Bruno Delbonnel
Montaxe Mark Day
Estudio Heyday Films
Distribuidor Warner Bros.
Ano 15 de xullo de 2009[1]
Galicia 25 de decembro de 2013 (TVG)
Duración 153 minutos[2]
País Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Fantasía
Drama
Orzamento 250 millóns de dólares[3]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior Harry Potter e a Orde do Fénix
Filme seguinte Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
Ficha en IMDb

Harry Potter e o misterio do príncipe é unha película de fantasía e drama[4] dirixida por David Yates e baseada na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sexto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman e David Barron.[5] A historia céntrase no sexto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que se obsesiona cun misterioso libro de texto, se namora e intenta conseguir un recordo que ten a clave para derrotar a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do reparto inclúe a Michael Gambon, Jim Broadbent, Alan Rickman, Tom Felton e Helena Bonham Carter.

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de xullo de 2009. A recadación nas salas internacionais ascende a 933,9 millóns de dólares estadounidenses.[6] Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor fotografía,[7] que finalmente gañou Avatar, e outra aos premios BAFTA aos mellores efectos especiais e ao mellor deseño de produción, ambos tamén gañados por Avatar.[8] O misterio do príncipe é un dos filmes da saga mellor valorados pola crítica.

Estreouse na TVG, en galego, o 25 de decembro do 2013.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

No sexto ano de Harry en Hogwarts, Lord Voldemort e os Devoradores da Morte aumentan o terror que provocan na poboación máxica e muggle. Albus Dumbledore persuade un vello amigo Horace Slughorn para que regrese a Hogwarts como profesor; non obstante, Dumbledore ten unha razón importante para que Slughorn cubra a vacante. Durante unha clase de Apócemas, Harry toma posesión dun libro de texto pertencente ao "Príncipe Mestizo" e cheo de anotacións ás marxes. Entrementres, Dumbledore e Harry manteñen reunións secretas co obxectivo de descubrir como destruír a Voldemort definitivamente.

Reparto[editar | editar a fonte]

Banda sonora[editar | editar a fonte]

Harry Potter e o misterio do príncipe
Banda sonora de Nicholas Hooper
Data de lanzamento 14 de xullo de 2009
Estudio de gravación Abbey Road Studios
Duración 62:40
Xénero Banda sonora
Selo discográfico New Line Records
Cronoloxía
Harry Potter e a Orde do Fénix
(2007)
Harry Potter e o misterio do príncipe
(2009)
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
(2010)

A banda sonora de Harry Potter e o misterio do príncipe lanzouse ao mercado o 14 de xullo de 2009. As pezas musicais foron compostas por Nicholas Hooper e dirixidas por Hooper e Alastair King. É a segunda banda sonora dun filme da saga Harry Potter feita por Hooper, que xa se encargara do filme anterior, Harry Potter e a Orde do Fénix. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película.

"Dumbledore's Farewell" emprégase de novo en Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) durante as escena na que Harry ve os recordos de Snape no pensadoiro.

Lista de pistas
  1. "Opening" - 2:53
  2. "In Noctem" - 2:00
  3. "The Story Begins" - 2:05
  4. "Ginny" - 1:30
  5. "Snape & the Unbreakable Vow" - 2:50
  6. "Wizard Wheezes" - 1:42
  7. "Dumbledore's Speech" - 1:31
  8. "Living Death" - 1:55
  9. "Into the Pensieve" - 1:45
  10. "The Book" - 1:44
  11. "Ron's Victory" - 1:44
  12. "Harry & Hermione" - 2:52
  13. "School!" - 1:05
  14. "Malfoy's Mission" - 2:53
  15. "The Slug Party" - 2:11
  16. "Into the Rushes" - 2:33
  17. "Farewell Aragog" - 2:08
  18. "Dumbledore's Foreboding" - 1:18
  19. "Of Love & War" - 1:17
  20. "When Ginny Kissed Harry" - 2:38
  21. "Slughorn's Confession" - 3:33
  22. "Journey to the Cave" - 3:08
  23. "The Drink of Despair" - 2:44
  24. "Inferi in the Firestorm" - 1:53
  25. "The Killing of Dumbledore" - 3:34
  26. "Dumbledore's Farewell" - 2:22
  27. "The Friends" - 2:00
  28. "The Weasley Stomp" - 2:51

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]