Harry Potter e a Cámara dos Segredos (videoxogo)
| Harry Potter e a Cámara dos Segredos |
|
| Produtor: | EA Games |
| Distribuidor: | Electronic Arts |
| Lanzamento: | Novembro do 2002 |
| Xénero: | Aventuras Acción |
| Plataformas: | PlayStation 2, GameCube, Xbox, PC, PS, GBA, Mac, Game Boy Color |
Harry Potter e a Cámara dos Segredos é o nome do segundo videoxogo de Harry Potter, que foi posto á venda no 2002. O xogo foi publicado por Electronic Arts e desenrolado por Eurocom para PlayStation 2, Xbox e GameCube. Tamén foi simultaneamente desenrolado por Amaze Entertainment para o PC, Game Boy Advance e Game Boy Color. Ademais foi creada unha versión orixinal feita para a PlayStation. Este foi o último videoxogo que se fixo para a Game Boy Color.
Índice |
Vista xeral [editar]
Argumento [editar]
- Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e a Cámara dos Segredos.
Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger regresan á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar co seu segundo ano. Pero non todo está tranquilo, pois algúns studantes aparecen petrificados e hai rumores de que o herdeiro de Slytherin está detrás de todo iso. As sospechas recaensobre Harry, pero cuando Ginny Weasley é raptada e levada á Cámara dos Segredos, Harry e Ron vense forzados a ir ó interior da Cámara e así rescatala.
Personaxes cos que se pode xogar [editar]
- Harry Potter é un valente mago de doce anos. É o personaxe principal e o único co que se pode xogar.
Personaxes cos que non se pode xogar [editar]
Estudantes:
- Ron Weasley é o mellor amigo de Harry, véselle normalmente cando Harry vai as clases, ao estadio de quidditch e noutras escenas. Convértese en Crabbe (agás na versión para PC) cando Harry se convirte en Goyle.
- Hermione Granger é unha moza intelixente, a cal está rara vez con Harry ao longo do desenvolvemento do xogo, excepto nalgunhas escenas. Ela é petrificada cara a fin do xogo.
- Ginny Weasley é a irmá pequena de Ron, a que Harry ten que rescatar ao final do xogo. Nas versións para PS2, Xbox e GameCube, Harry tamén lle ten que axudar a encontrar varias cousas que perdeu na Travesa Diagon.
- Fred e George Weasley son os irmáns xemelgos de Ron e Ginny. Teñen un menor papel na versión do xogo para o PC, pero nas versións para PS2, Xbox e GameCube, fan que Harry lembre o feitizo flipendo, ademais ensínanlle a lenzar gnomos, e unha vez retornan a Hogwarts, abren unha tenda de artigos de broma na torre Gryffindor, onde Harry pode obter pelotiñas de cheiros noxentos e bombas de esterco, tamén cromos de meigos e meigas famosos e o libro de feitizos alohomora. A devandita tenda só está aberta á noite.
- Neville Longbottom é un compañeiro de clase de Harry; un torpe e esquecidizo mozo. Nas versións para PS2, Xbox e GameCube cae na trampa e queda atrapado detrás dun tapiz, e Harry ten que usar o feitizo diffindo para liberalo.
- Draco Malfoy é o arquinimigo de Harry, véselle normalmente deambulando polos pasillos de Hogwarts pola noite.
- Oliver Wood (sae nas versións para PS2, Xbox, GameBoy Advance e PC) é o capitán de quidditch da casa Gryffindor. Chama a Harry para que vaia ao primeiro adestramento do ano, e máis adiante, está sempre no estadio de quidditch durante o día para cando Harry queira practicar para mellorar o tempo que tarda en atrapar a snitch dourada.
- Percy Weasley (sae nas versións para PS2, Xbox, GameBoy Advance e PC) é un prefecto de Gryffindor, ademais de ser o irmán maior de Fred, George, Ron, e Ginny. Percy pode ser atopado na sala de estudo da torre de Gryffindor á noite. Non lle gusta que o moleten e botará a Harry fóra da sala se o ve ou o oe. Desafortunadamente, o único camiño parachegar a´tenda de Fred e George (véxase enriba) é atravesando a sala de estudo.
Profesores:
- Albus Dumbledore é o director do colexio Hogwarts. Mentres que está normalmente ausente na meirande parte do xogo, sae nunha escena contándolle a Harry que non ten que pensar que Harry é o herdeiro de Slytherin. Tamén aparece ao final de cada día para anunciar os puntos que ten cada casa do colexio.
- Severus Snape é o profesor de Pocións. É sabido que é sempre moi estrito cos alumnos, e tamén que se atopa normalmente nas mazmorras, preto da súa aula onde imparte a súa materia.
- Minerva McGonagall é a profesora de Transformacións. A súa aula está localizada ao lado dereito da primeira planta. Ademais é a xefa da casa Gryffindor.
- Filius Flitwick é o profesor de Encantamentos. A súa aula está localizada ao lado dereito da segunda planta. Ademais é o xefe da casa Ravenclaw.
- Gilderoy Lockhart é o profesor de Defensa contra as Artes Escuras. A súa aula está localizada na terceira planta.
- Pomona Sprout é a profesora de Herboloxía. Imparte as súas clases nos invernadoiros, que están localizados á man dereita nos xardíns do colexio.
- Madam Hooch (sae nas versións para PS2, Xbox e GameBoy Advance) é a profesora de voo. Ensina leccións de como voar en vasoira nun campo de céspede no exterior do castelo. Máis adiante ela está alí durante o día, por se Harry quere ir probar a mellorar os seus dotes voando sobre unha vasoira.
Outros:
- Rubeus Hagrid é o gardabosques de Hogwarts e é un semixigante. Atópase normalmente na cabana que ten nos xardíns da escola.
- Myrtle a Chorona é unha pantasma que ten por fogar o baño das mozas da segunda planta.
- Peeves é un poltergeist que se divirte provocando o caos en Hogwarts. Se Harry pasa ao seu lado, Peeves causaralle tódolos problemas que poida.
Feitizos que se usan no xogo [editar]
- Flipendo
- Skurge (en tódalas versións excepto na PS1).
- Expelliarmus (en tódalas versións excepto na PS1).
- Lumos
- Alohomora
- Diffindo
- Incendio
- Espongificación
- Rictusempra
- Mimble Wimble
Trivia [editar]
- Nas versións do xogo para PS2, X-Box e Gamecube of non aparece Dobby, o elfo doméstico, a pesar de que é un personaxe importante no libro e filme.
- O videoxogo de Harry Potter e a Cámara dos Segredos foi o último que se fixo para a Game Boy Color.
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||