Analepse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A analepse ou flashback[1], en inglés, é a anacronía duns feitos narrados.

Índice

[editar] Espectáculo

En cinematografía (e tamén no teatro, novela, historia, televisión, etc.), unha analepse é unha escena ou episodio que se insire para mostrar acontecementos que tiveron lugar nun momento anterior.

[editar] Psicoloxía

En psicoloxía, un flasback é un fenómeno no que alguén lembra unha experiencia pasada. O termo emprégase normalmente cando o recordo aparece involuntariamente e/ou cando é tan intenso que a persoa "revive" a experiencia (especialmente se o recordo se almacena principalmente na memoria procedural), sendo incapaz de identificalo plenamente como recordo.

Cando se produce involuntariamente, o flashback pódese deber a unha desorde, como a PTSD (desorde de estrés postraumático), como en casos en que se lembra un trauma de guerra ou de abuso sexual, ou unha desorde de percepción alucinóxena persistente posibelmente relacionada co uso de drogas psicodélicas.

[editar] Notas

  1. É un anglicismo moi común recentemente no galego, xa que o uso do termo en inglés está moi estendido.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas