Hermes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Véxase tamén: Hermes (avión espacial).
Hermes é o deus mensaxeiro, o que anuncia as noticias, o protector dos camiños e guía do viaxeiro. Fillo de Zeus e de Maia, sendo aínda moi neno xa deixou sentir o espírito inquedo e aventureiro: co caparazón dunha tartaruga inventou a lira e cambioulla ao seu irmán Apolo (a quen astutamente lle roubara o seu gando) polo caduceo ou bastón da concordia. Protector do comercio e do que pacta en tratos, pasa por ser o inventor das pesas e medidas nas transaccións comerciais.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||