Prolepse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A prolepse ou flashforward[1], en inglés, é a anacronía duns feitos narrados. Trátase dunha técnica utilizada tanto no cine como na literatura que altera a secuencia cronolóxica da historia, conectando momentos distintos e trasladando a acción ao futuro.

O flashforward é unha ida repentina e rápida ao futuro dun personaxe nunha historia. Aseméllase ao flashback coa única diferenza que neste último conéctanse o pasado e o presente.

Esta técnica utilízase nalgunhas series como Lost, Heroes ou en películas como Back to the Future.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. É un anglicismo moi común recentemente no galego, xa que o uso do termo en inglés está moi estendido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]