Rupert Grint
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Rupert Grint | |
|---|---|
Rupert Grint no 2011. |
|
| Nacemento | Rupert Alexander Lloyd Grint 24 de agosto de 1988 (24 anos) Essex, |
| Profesión | Actor |
| Ficha na IMDb | |
Rupert Alexander Lloyd Grint, nado en Essex, Inglaterra, o 24 de agosto de 1988, é un actor coñecido por interpretar a Ron Weasley nas películas de Harry Potter.
Índice |
Traxectoria [editar]
Rupert Grint naceu o 24 de agosto de 1988, en Essex, Inglaterra, Reino Unido. Declarouse afeccionado á serie de libros de Harry Potter, e para a súa audición enviou un vídeo feito por el mesmo, no cal cantou un rap coas razóns polas que debía ser elixido para o papel. Despois de rematar o primeiro filme da saga, Harry Potter e a pedra filosofal, apareceu noutro filme británico, Thunderpants (2002).
Posteriormente, retomou a personaxe de Ron Weasley no resto dos filmes da saga.
Filmografía [editar]
| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 2001 | Harry Potter e a pedra filosofal | Ron Weasley | |
| 2002 | Thunderpants | Alan A. Allen | |
| 2002 | Harry Potter e a Cámara dos Segredos | Ron Weasley | |
| 2004 | Harry Potter e o preso de Azkaban | Ron Weasley | |
| 2005 | Happy birthday, Peter Pan | Peter Pan | Voz |
| 2005 | Harry Potter e o Cáliz de fogo | Ron Weasley | |
| 2006 | Driving Lessons | Ben Marshall | |
| 2007 | Harry Potter e a Orde do Fénix | Ron Weasley | |
| 2009 | Cherrybomb | Malachy | |
| 2009 | Harry Potter e o misterio do príncipe | Ron Weasley | |
| 2009 | Wild Target | Antoine | |
| 2010 | Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) | Ron Weasley | |
| 2011 | Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) | Ron Weasley | |
| 2012 | Comrade | Soldado Robin “Smithy” Southey Smith |
Galardóns e nomeamentos [editar]
- Gañador do Young Artist Award.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)