Harry Potter e a pedra filosofal (videoxogo)
| Harry Potter e a pedra filosofal | |
|---|---|
| Desenvolvedor(es): | KnowWonder (PC) Argonaut (PS) |
| Distribuidora(s): | Electronic Arts |
| Produtor(es): | EA Games |
| Compositor(es): | Jeremy Soule |
| Motor: | Unreal Engine 1 |
| Data(s) de lanzamento: | 15 de novembro de 2001 |
| Xénero(s): | Aventuras Acción |
| Modos de xogo: | Un xogador |
| Plataforma(s): | PC, PlayStation, Game Boy Color, Game Boy Advance, MAC, Nintendo GameCube, PlayStation 2, Xbox |
Harry Potter e a pedra filosofal é un videoxogo de acción e aventuras multiplataforma de Electronic Arts desenvolvido por KnowWonder, Warthog, Griptonite, Argonaut, Eurocom e Westlake Interactive.[1][2][3][4][5][6] Inicialmente, a pedra filosofal fora desenvolvido para PlayStation, PC, Game Boy Color, Advance e Macintosh, e logo foi refeito dous anos despois para PlayStation 2, Xbox e Nintendo GameCube.[7]
A primeira versión do xogo lanzouse á venda o 15 de novembro de 2001 en Norte América; en Australia e Europa estivo dispoñible a partir do 16 de novembro e no Xapón o 1 de decembro de 2003. A segunda versión viu a luz o 9 de decembro de 2003 en Norte América, no Xapón o 11 de decembro e en Australia e Europa o 12 de decembro.[8][9]
O videoxogo está baseado en Harry Potter e a pedra filosofal, a primeira novela da serie Harry Potter de J. K. Rowling. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A maioría das críticas foron negativas. Os críticos destacaron a sinxeleza das probas e os pobres gráficos das versións de 2003.[10][11]
Índice |
Modo de xogo [editar]
O modo de xogo de Harry Potter e a pedra filosofal é desde unha perspectiva de terceira persoa. O xogador controla a Harry Potter desde un punto de vista situado tras o personaxe.[12]
PC e PlayStation [editar]
Nas versións para PC e PlayStation, o videoxogo é semellante a un xogo de disparos de terceira persoa un xogo de crebacabezas. Inclúe combates con varias criaturas e xefes como Lord Voldemort. Ao longo da historia vanse aprendendo diversos esconxuros nas clases que poderán empregarse con inimigos e obxectos.
GameCube, PlayStation 2 e Xbox [editar]
Warthog Games fixo un novo xogo de Harry Potter e a pedra filosofal para as consolas máis novas en 2003, un par de anos despois das versións orixinais. O seu modo de xogo difire moito do resto de versións e recibiu críticas por tomar todos os esconxuros do videoxogo d’a Cámara dos Segredos.
Game Boy Color [editar]
O xogo para a Game Boy Color é similar a outros como Final Fantasy. O xogador controla a Harry, comezando con Hagrid levándoo ata a Travesa Diagon. Os esconxuros empréganse para os combates, no canto de servir para interactuar tamén coa contorna.
Game Boy Advance [editar]
O videoxogo para a Game Boy Advance é completamente diferente ca o da Game Boy Color. O xogo da Game Boy Advance é de crebacabezas. O xogador explora Hogwarts e debe asistir ás clases, que a miúdo inclúen un desafío de recoller certo número de elementos. O xogo inclúe monstros habituais doutros xogos da serie, como caracois e gnomos.
Notas [editar]
- ↑ "Games developed by KnowWonder Digital Mediaworks". IGN.com. http://au.games.ign.com/objects/027/027189.html. Consultado o 10-05-2011.
- ↑ "Games developed by Warthog". IGN.com. http://au.games.ign.com/objects/027/027147.html. Consultado o 10-05-2011.
- ↑ "Games developed by Eurocom". IGN.com. http://au.games.ign.com/objects/026/026050.html. Consultado o 10-05-2011.
- ↑ "Games developed by Westlake". IGN.com. http://au.games.ign.com/objects/025/025588.html. Consultado o 10-05-2011.
- ↑ "Games developed by Griptonite Games". IGN.com. http://au.games.ign.com/objects/027/027786.html. Consultado o 10-05-2011.
- ↑ "Games developed by Argonaut Games". IGN.com. http://au.games.ign.com/objects/025/025343.html. Consultado o 10-05-2011.
- ↑ "EA's Harry Potter and the Sorcerer's Stone Now Available for Next-Gen Consoles". Game Info Wire. 14-12-2003. http://au.games.ign.com/objects/025/025343.html. Consultado o 10-05-2011.
- ↑ "Harry Potter and the Philosopher's Stone Releases". Giant Bomb. http://www.giantbomb.com/harry-potter-and-the-philosophers-stone/61-577/releases/. Consultado o 10-05-2011.
- ↑ "Harry Potter and the Philosopher's Stone release dates". GameSpot. http://au.gamespot.com/pc/action/harrypotterandthess/similar.html?mode=versions. Consultado o 10-05-2011.
- ↑ Casamassina, Matt (9 de decembro de 2003). "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". IGN.com (IGN Entertainment, Inc.). http://au.ps2.ign.com/articles/445/445542p1.html. Consultado o 7 de xuño de 2010.
- ↑ Steinberg, Steve (30 de decembro de 2003). "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". GameSpy (IGN Entertainment, Inc.). http://au.ps2.gamespy.com/playstation-2/harry-potter-and-the-sorcerers-stone/493911p1.html. Consultado o 7 de xuño de 2010.
- ↑ Steinberg, Steve (30 de decembro de 2003). "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". GameSpy (IGN Entertainment, Inc.). http://au.ps2.gamespy.com/PlayStation-2/harry-potter-and-the-sorcerers-stone/493911p1.html. Consultado o 7 de xuño de 2010.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Harry Potter e a pedra filosofal no Harry Potter Wiki (en inglés)
- Guía de Harry Potter e a pedra filosofal no StrategyWiki (en inglés)
|
||||||||||||||||||||