Amazon.com

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo de Amazon.

Amazon.com, Inc. é unha compañía norteamericana de comercio electrónico establecida en Seattle, Washington. É unhas das principais compañías de venda de bens por internet.

Jeff Bezos fundouna en 1994 pero non estivo operativa ata 1995, primeiro especializouse na venda de libros e máis tarde diversificou as súas liñas de negocio, engadindo DVD, CD, software, videoxogos, alimentos, xoguetes e máis. Amazon é tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com e a Internet Movie Database (IMDb).

Conta con almacéns nos EUA, Canadá, Irlanda, Reino Unido, Francia, Alemaña, Xapón e China.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]