Harry Potter e a Orde do Fénix (videoxogo)
| Harry Potter e a Orde do Fénix |
|
| Produtor: | EA Games |
| Distribuidor: | Electronic Arts |
| Lanzamento: | Xuño do 2007 |
| Xénero: | Aventuras Acción |
| Xogadores: | soamente 1 |
| Plataformas: | Game Boy Advance, Nintendo DS, Wii, PlayStation 2, PlayStation 3, PlayStation Portable, Xbox 360, Microsoft Windows, Mac OS X |
Harry Potter e a Orde do Fénix é un xogo de ordenador e videoxogo que está baseado no quinto libro da popular saga Harry Potter de J. K. Rowling e máis na adaptación cinematográfica. O xogo foi creado para Game Boy Advance, Microsoft Windows, Nintendo DS, PlayStation 2, PlayStation 3, PlayStation Portable, Xbox 360, Wii e Mac OS X. Foi posto á venda o 25 de xuño de 2007 nos Estados Unidos, o 28 de xuño en Australia e o 29 de xuño no Reino Unido e Europa para PlayStation 3, PSP, PlayStation 2, Windows e o 3 de xullo para a maioría das demais plataformas.
O tema do xogo é explorar Hogwarts e seguir a historia do libro e do filme. EA Games fomentou a participación dos fans no desenvolvemento do xogo, así que traballaron cun consello de fans. Porén, a diferenza do xogo anterior (Cáliz de fogo) que era de acción-orientada, desta vez a aventura está no estilo de sandbox. Similar a Grand Theft Auto e Bully, no que Hogwarts é completamente explorable a meirande parte do tempo, e onde hai "puntos para descubrir", os cales proporcionan recompensas para o xogador, que pode ser activados ao completar misións en equipo. Ademais, durante o xogo, hai batallas entre un grupo de estudantes, como se mostra no tráiler do xogo.
Índice |
Vista xeral [editar]
Argumento [editar]
- Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e a Orde do Fénix.
Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger volven á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, e alí descobren que a meirande parte da comunidade máxica non cre que o retorno de Lord Voldemort sexa certo, tal e como Harry dixo.
Personaxes cos que se pode xogar [editar]
(Cos seguintes personaxes de embaixo só se xoga durante unha misión).
- Ron Weasley (loitando).
- Hermione Granger (loitando).
- Albus Dumbledore.
- Fred e George Weasley.
- Sirius Black.
- Remus Lupin (Loitando).
Personaxes cos que non se pode xogar [editar]
- Ginny Weasley.
- Neville Longbottom.
- Luna Lovegood.
- Cho Chang.
- Dolores Umbridge.
- Minerva McGonagall.
- Severus Snape.
- Filius Flitwick.
- Pomona Sprout.
- Draco Malfoy.
- Arthur Weasley.
- Lord Voldemort.
- Lucius Malfoy.
- Bellatrix Lestrange.
- Myrtle a Chorona.
Feitizos que se usan no xogo [editar]
Feitizos para combater [editar]
- Expelliarmus, úsase para desarmar ao apoñente (facendo que a súa variña quede fóra do seu alcance).
- Protego, úsase para desviar os feitizos que che lanzan.
- Rictusempra, é un poderoso e veloz feitizo.
- Petrificus Totalus, paraliza o opoñente.
- Levicorpus, úsase para elevar o corpo do opoñente e cara a arriba e cara a baixo.
- Expecto Patronum, úsase ao principio contra os dementores, e nunha reunión do Exército de Dumbledore, pero non se usa máis durante o xogo.
Feitizos cos que non se combate [editar]
- Reparo, serve para reparar algunhas cousas estragadas ou rotas.
- Wingardium Leviosa, úsase para leventar obxectos no aire.
- Depulso, úsase para empurrar obxectos que impiden o paso.
- Accio, úsase para convocar obxectos e facer que veñan cara a ti voando.
- Reducto, úsase para destruír obxectos.
- Incendio, úsase para queimar obxectos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web oficial (dispoñible en varios idiomas).
- Páxina oficial de Electronic Arts
|
||||||||||||||||||||