Harry Potter (filmes)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A serie de filmes de Harry Potter está baseada nas sete novelas de Harry Potter escritas pola británica J. K. Rowling. Unha vez finalizada, a saga estará formada por oito filmes de fantasía e aventuras. A franquía está distribuída por Warner Bros. Pictures, producida por David Heyman e protagonizada por Daniel Radcliffe, Rupert Grint e Emma Watson como os tres personaxes principais, Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger respectivamente. As recadacións en salas internacionais converten á saga na que máis ingresos obtivo en todos os tempos, con cifras que acadan os 6 mil millóns de dólares.

Lanzamento[editar | editar a fonte]

J. K. Rowling vendeu os dereitos das primeiras catro novelas da serie á Warner Bros. por 1.000.000 de libras esterlinas. Despois do lanzamento do cuarto libro en xullo de 2001, estreouse a primeira película, Harry Potter e a pedra filosofal, o 16 de novembro de 2001. O filme recadou 90 millóns de dólares só nos Estados Unidos. As seguintes tres adaptacións cinematográficas foron tamén un éxito financeiro, ademais de contar coas críticas positivas tanto de fans coma de críticos. O quinto filme, Harry Potter e a Orde do Fénix, estreouse o 11 de xullo de 2007 nos países de fala inglesa, agás no Reino Unido e Irlanda que o fixo o 12 de xullo[1]. O sexto, Harry Potter e o misterio do príncipe, tivo a súa estrea o 15 de xullo de 2009 con aclamacións da crítica e rematou o seu paso polas salas como o segundo filme con maior recadación do ano 2009. A última novela, Harry Potter e as reliquias da morte, foi separada en dous filmes: a primeira parte estreouse o 19 de novembro de 2010 e a segunda parte, conclusión das películas e a saga, o 15 de xullo de 2011[2]. Orixinalmente, a parte 1 ía lanzarse en formatos 3D e 2D[3], pero debido a un atraso no proceso de conversión ao 3D, Warner Bros. lanzou o filme só en cinemas 2D e IMAX. Non obstante, a parte 2 sairá tanto en 2D coma en 3D como estaba pensado orixinalmente[4].

Recepción[editar | editar a fonte]

Todos os filmes acadaron un éxito financeiro e da crítica, facendo da franquía unha das máis rentables de Hollywood con outras como James Bond, Star Wars, Indiana Jones e Pirates of the Caribbean. Porén, as opinións sobre os filmes dividen aos fans dos libros, entres os cales están algúns que prefiren o enfoque máis fiel das primeiras dúas películas e aqueloutros que quedan coa proposta de personaxes presentada nas outras. Outros tamén perciben cousas inconexas debido aos cambios de director, así como tamén a interpretación de Michael Gambon do personaxe de Albus Dumbledore diferente da concepción que tiña o finado Richard Harris. A autora J. K. Rowling apoiou en diversas ocasións os filmes[5][6][7], e avaliou as reliquias da morte como a súa favorita da serie. Escribiu na súa páxina web acerca dos cambios entre os libros e as películas que "é simplemente imposible incorporar absolutamente todas as liñas argumentais nun filme de menos de catro horas de duración. Obviamente os filmes teñen restricións; as novelas non teñen que preocuparse polo tempo e o orzamento [...]"[8].

Críticas[editar | editar a fonte]

Película Rotten Tomatoes Metacritic BFCA
En conxunto Críticos
Harry Potter e a pedra filosofal 80% (186 críticas)[9] 75% (40 críticas)[10] 64 (35 críticas)[11] 90 (recomendada)[12]
Harry Potter e a Cámara dos Segredos 83% (204 críticas)[13] 68% (38 críticas)[14] 63 (35 críticas)[15] 84 (recomendada)[16]
Harry Potter e o preso de Azkaban 91% (232 críticas)[17] 90% (42 críticas)[18] 82 (40 críticas)[19] 84 (recomendada)[20]
Harry Potter e o Cáliz de fogo 87% (222 críticas)[21] 87% (38 críticas)[22] 81 (38 críticas)[23] 87 (recomendada)[24]
Harry Potter e a Orde do Fénix 78% (236 críticas)[25] 69% (42 críticas)[26] 71 (37 críticas)[27] 82 (recomendada)[28]
Harry Potter e o misterio do príncipe 84% (254 críticas)[29] 88% (43 críticas)[30] 78 (36 críticas)[31] 87 (elección do crítico)[32]
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) 79% (243 críticas)[33] 73% (40 críticas)[34] 65 (42 críticas)[35] 87 (elección do crítico)[36]
Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) 96% (260 críticas)[37] 100% (41 críticas)[38] 87 (41 críticas)[39] 93 (elección do crítico)[40]
Media das valoracións 85% 81% 74 87

Distincións[editar | editar a fonte]

A saga cinematográfica en conxunto non conseguiu ningún Premio da Academia, non obstante, catro filmes da franquía recibiron nominacións.

Película Premio da Academia Nominación aos Premios da Academia Cerimonia dos Premios da Academia
Harry Potter e a pedra filosofal Mellor dirección de arte
Mellor deseño de vestiario
Mellor banda sonora orixinal
Stuart Craig e Stephanie McMillan
Judianna Makovsky
John Williams
74ª edición
Harry Potter e o preso de Azkaban Mellor banda sonora orixinal
Mellores efectos visuais
John Williams
Roger Guyett, Tim Burke, John Richardson e Bill George
77ª edición
Harry Potter e o Cáliz de fogo Mellor dirección de arte Stuart Craig e Stephanie McMillan 78ª edición
Harry Potter e o misterio do príncipe Mellor cinematografía Bruno Delbonnel 82ª edición
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) Mellor dirección de arte
Mellores efectos visuais
Stuart Craig e Stephanie McMillan
Tim Burke, John Richardson, Christian Manz e Nicolas Aithadi
83ª edición

Recadación[editar | editar a fonte]

Ata o ano 2011, a franquía de filmes de Harry Potter é a que máis recadou en toda a historia do cine, con beneficios de 7,7 mil millóns de dólares en todo o mundo ata decembro de 2011 con oito filmes estreados[41].

Película Data de estrea Recadación Posición Orzamento Referencia
Harry Potter e a pedra filosofal 16 de novembro de 2001 974.755.371$ #11 125.000.000$ [42][43][43][44][45]
Harry Potter e a Cámara dos Segredos 14 de novembro de 2002 878.979.634$ #24 100.000.000$ [44][46][47][45]
Harry Potter e o preso de Azkaban 31 de maio de 2004 796.688.549$ #32 130.000.000$ [44][48][45]
Harry Potter e o Cáliz de fogo 18 de novembro de 2005 896.911.078$ #21 150.000.000$ [44][49][50][45]
Harry Potter e a Orde do Fénix 11 de xullo de 2007 939.885.929$ #15 150.000.000$ [44][51][52][45]
Harry Potter e o misterio do príncipe 15 de xullo de 2009 934.416.487$ #16 250.000.000$ [44][53][54][45]
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) 19 de novembro de 2010 955.417.476$ #13 Menos de 250 millóns de dólares (oficial) [44][55][56][45][57]
Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) 15 de xullo de 2011 1.328.111.219$ #3 [58][45][57]
Total 7.701.234.647$ 1.155.000.000$

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Harry Potter and the Order of the Phoenix (2007) - Release dates
  2. "WB Name Drops Big Titles". erc BoxOffice. 23-02-2009. http://www.ercboxoffice.com/index.php?page=news&news_id=114. Consultado o 03-03-2009. 
  3. DH Part 1 and 2 in 3D and 2D
  4. Part 1 Not in 3D
  5. "Potter Power!". Time For Kids. http://www.timeforkids.com/TFK/specials/potter/0,12405,184807,00.html. Consultado o 31-05-2007. 
  6. Puig, Claudia (27-05-2004). "New Potter movie sneaks in spoilers for upcoming books". USA Today. http://www.usatoday.com/life/movies/news/2004-05-27-potter-movie-book_x.htm. Consultado o 31-05-2007. 
  7. "JK "loves" Goblet Of Fire movie". BBC Newsround. 07-11-2005. http://news.bbc.co.uk/cbbcnews/hi/newsid_4410000/newsid_4415400/4415454.stm. Consultado o 31-05-2007. 
  8. Rowling, J. K.. "How did you feel about the POA filmmakers leaving the Marauder's Map's background out of the story? (A Mugglenet/Lexicon question)". J. K. Rowling Official Site. http://www.jkrowling.com/textonly/en/faq_view.cfm?id=94. Consultado o 08-10-2007. 
  9. "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_sorcerers_stone/. Consultado o 01-12-2010. 
  10. "Harry Potter and the Sorcerer's Stone (Top Critics)". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_sorcerers_stone/?critic=creamcrop. Consultado o 01-12-2010. 
  11. "Harry Potter and the Sorcerer's Stone (2001): Reviews". Metacritic. http://www.metacritic.com/video/titles/harrypotterandthesorcerersstone. Consultado o 29-06-2009. 
  12. Harry Potter - SS, 90/100
  13. "Harry Potter and the Chamber of Secrets". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_chamber_of_secrets/. Consultado o 01-12-2010. 
  14. "Harry Potter and the Chamber of Secrets (Top Critics)". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_chamber_of_secrets/?critic=creamcrop. Consultado o 01-12-2010. 
  15. "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002): Reviews". Metacritic. http://www.metacritic.com/video/titles/harrypotterandthechamberofsecrets. Consultado o 29-06-2009. 
  16. Harry Potter - CoS, 84/100
  17. "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_prisoner_of_azkaban/. Consultado o 19-07-2009. 
  18. "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (Top Critics)". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_prisoner_of_azkaban/?critic=creamcrop. Consultado o 01-12-2010. 
  19. "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (2004): Reviews". Metacritic. http://www.metacritic.com/video/titles/harrypotterandtheprisonerofazkaban. Consultado o 29-06-2009. 
  20. Harry Potter - POA, 84/100
  21. "Harry Potter and the Goblet of Fire". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_goblet_of_fire/. Consultado o 01-12-2009. 
  22. "Harry Potter and the Goblet of Fire (Top Critics)". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_goblet_of_fire/?critic=creamcrop. Consultado o 01-12-2010. 
  23. "Harry Potter and the Goblet of Fire (2005): Reviews". Metacritic. http://www.metacritic.com/video/titles/harrypotterandthegobletoffire. Consultado o 29-06-2009. 
  24. Harry Potter - GOF, 87/100
  25. "Harry Potter and the Order of the Phoenix". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_order_of_the_phoenix/. Consultado o 01-12-2009. 
  26. "Harry Potter and the Order of the Phoenix (Top Critics)". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_order_of_the_phoenix/?critic=creamcrop. Consultado o 01-12-2010. 
  27. "Harry Potter and the Order of the Phoenix (2007): Reviews". Metacritic. http://www.metacritic.com/video/titles/harrypotterandtheorderofthephoenix. Consultado o 29-06-2009. 
  28. Harry Potter - OOTP, 82/100
  29. "Harry Potter and the Half Blood Prince". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_half_blood_prince/. Consultado o 01-12-2009. 
  30. "Harry Potter and the Half Blood Prince (Top Critics)". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_half_blood_prince/?critic=creamcrop. Consultado o 01-12-2010. 
  31. "Harry Potter and the Half-Blood Prince (2009): Reviews". Metacritic. http://www.metacritic.com/film/titles/harrypotter6. Consultado o 17-07-2009. 
  32. Harry Potter - HBP, 87/100
  33. "Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 1". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_deathly_hallows_part_i/. Consultado o 01-12-2010. 
  34. "Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 1". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_deathly_hallows_part_i/?critic=creamcrop. Consultado o 01-12-2010. 
  35. "Harry Potter and the Deathly Hallows: Part I (2010): Reviews". Metacritic. http://www.metacritic.com/movie/harry-potter-and-the-deathly-hallows-part-i. Consultado o 01-12-2010. 
  36. Harry Potter - DH 1, 87/100
  37. "Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 2". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_deathly_hallows_part_ii/. Consultado o 01-12-2010. 
  38. "Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 2". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/harry_potter_and_the_deathly_hallows_part_ii/?critic=creamcrop. Consultado o 01-12-2010. 
  39. "Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 2 (2010): Reviews". Metacritic. http://www.metacritic.com/movie/harry-potter-and-the-deathly-hallows-part-2. Consultado o 11-07-2011. 
  40. Harry Potter - DH 2, 93/100
  41. "Harry Potter becomes highest-grossing film franchise". Londres: The Guardian. 11-11-2007. http://film.guardian.co.uk/news/story/0,,2166691,00.html. Consultado o 17-11-2007. 
  42. "Harry Potter and the Philosopher's Stone (2001)". Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/movies/?id=harrypotter.htm. 
  43. 43,0 43,1 "Harry Potter and the Philosopher's Stone – Foreign Box Office Data". The-Numbers. http://www.the-numbers.com/movies/2001/HPOTT.php. 
  44. 44,0 44,1 44,2 44,3 44,4 44,5 44,6 "UK Highest Grossing Movies". 25th Frame. 25thframe.co.uk. http://www.25thframe.co.uk/chartspagetemplate.php?source=ukboxoffice. Consultado o 17-12-2010. 
  45. 45,0 45,1 45,2 45,3 45,4 45,5 45,6 45,7 Collett, Mike (22-07-2011). "Harry Potter movies earn $7 billion - Entertainment - Movies - TODAY.com". MSNBC. http://today.msnbc.msn.com/id/43853570/ns/today-entertainment/. Consultado o 10-12-2011. 
  46. "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002)". Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/movies/?id=harrypotter2.htm. 
  47. "Harry Potter and the Chamber of Secrets -Foreign Box Office Data". The-Numbers. http://www.the-numbers.com/movies/2002/HPOT2.php. 
  48. "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (2004)". Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/movies/?id=harrypotter3.htm. 
  49. "Harry Potter and the Goblet of Fire (2005)". Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/movies/?id=harrypotter4.htm. 
  50. "Harry Potter and the Goblet of Fire -Foreign Box Office Data". The-Numbers. http://www.the-numbers.com/movies/2005/HPOT4.php. 
  51. "Harry Potter and the Order of the Phoenix (2007)". Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/movies/?id=harrypotter5.htm. 
  52. "Harry Potter and the Order of the Phoenix -Foreign Box Office Data". The-Numbers. http://www.the-numbers.com/movies/2007/HPOT5.php. 
  53. "Harry Potter and the Half-Blood Prince (2009)". Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/movies/?id=harrypotter6.htm. Consultado o 01-12-2009. 
  54. "Harry Potter and the Half-Blood Prince – Box Office Data". The-Numbers. http://www.the-numbers.com/movies/2009/HPOT6.php. Consultado o 11-12-2009. 
  55. "Harry Potter and the Deathly Hallows Part 1 (2010)". Box Office Mojo. boxofficemojo.com. http://boxofficemojo.com/movies/?id=harrypotter7.htm. Consultado o 17-12-2010. 
  56. Frankel, Daniel (17-11-2010). "Get Ready for the Biggest 'Potter' Opening Yet". The Wrap. http://www.thewrap.com/movies/article/get-ready-biggest-potter-opening-yet-22607. Consultado o 21-11-2010. 
  57. 57,0 57,1 "All Time Box Office Adjusted for Ticket Price Inflation". Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/alltime/adjusted.htm. Consultado o 10-12-2011. 
  58. "Harry Potter and the Deathly Hallows Part 2 (2011)". Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/movies/?id=harrypotter72.htm. Consultado o 10-12-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harry Potter