Costa da Mariña Occidental
Coordenadas: 43°43′25″N 7°37′47″O / 43.723700, -7.629700
Costa da Mariña occidental | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC, ZEPA | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | ZEC: 491.24 ha. (5 % de área mariña); ZEPA 2168.82 ha. (83 % de área mariña) | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014,[1][2][3], ZEPA en marzo de 2004[4]. | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Lugo | ||
Concellos: | Cervo, O Vicedo, Viveiro, Xove. | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
A Costa da Mariña occidental é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA) que inclúe a costa da mariña lucense entre O Vicedo e Cervo e que está destinada a conservar o seu eulitoral, parte do seu supralitoral e varios illotes. A área de conservación do ZEC ocupa 491,24 ha., dos cales un 5% son mariños, dos concellos lucense de Cervo, O Vicedo, Viveiro, Xove. A área da ZEPA exclúe algún treito lo litoral no interior das rías pero inclúe máis augas abertas, chegando ás 2168.82 ha. e das cales o 83 % son en zona mariña.[1][2][3][4][5][6]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Esta costa protexida comeza na boca leste da ría do Barqueiro, decorrendo desde a praia do Vicedo Vello ata a praia de Sacido, xa no interior da ría de Viveiro. Exclúe o interior desa ría e continúa de novo no exterior do porto de Celeiro para chegar ata a punta de Meitón, en Xove. Continúa na punta Mansa ata a costa da Enseada, xa preto do porto de San Cibrao. A enseada de Regodela, que se atopa entre estes dous últimos treitos, non está dentro do espazo protexido.[5][6]
Ademais do litoral descrito, o espazo inclúe varios illotes e á illa Coelleira, o illote Gaveira, o illote dos Netos, a illa do Asarón, a Ínsua do Cal e os illotes Farallóns, que son o lugar máis ao leste desta zona protexida.[5]
Neste litoral están presentes varios esteiros, baías pouco profundas e calas. Existen varios puntos de bancos de area cubertos permanentemente ou por períodos e diversos tipos de dunas (móbiles e fixas) no litoral. Na costa existes múltiples furnas mariñas.[5]
Fauna e flora[editar | editar a fonte]
Flora[editar | editar a fonte]
Na costa destacan os arrecifes e a vexetación perenne dos coídos e dos argazos.[5] No litoral existen diferentes hábitats onde están presentes queirogais, tanto húmidos con Erica ciliaris e Erica tetralix como secos con Erica vagans, e matogueiras con Laurus nobilis.[5]
En canto aos bosques, nesta costa están presentes as masas de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior), así como as carballeiras galaico-portuguesas de Quercus robur e Quercus pyrenaica.[5]
Fauna[editar | editar a fonte]
Non considerando as aves, as especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[5]
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Lucanus cervus |
Anfibios | Chioglossa lusitanica |
Anfibios | Discoglossus galganoi |
Réptiles | Lacerta monticola |
Réptiles | Lacerta schreiberi |
Mamíferos | Lutra lutra |
Mamíferos | Myotis myotis |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Aves[editar | editar a fonte]
Nos illotes destacan a presenza de colonias de aves mariñas. En particular, é o único lugar de reprodución da gabita (Haematopus ostralegus) en Galicia.[4][5]
As especies de aves deste espazo que se atopan no Anexo II da Directiva 92/43/EEC son[4]:
Lexislación[editar | editar a fonte]
A "Costa da Mariña Occidental" foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural coincide case na súa totalidade co zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa da Mariña Occidental", que se aprobou como tal en marzo de 2004.[4][5]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
A ría do Barqueiro, coa illa Coelleira no seu exterior.
-
Ría de Viveiro, da cal o seu exterior forma parte desta zona protexida.
-
Praia de Portocelo, Xove.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Natura 2000: SCA ES1120017 Costa da mariña occidental". Consultado o 4/9/2019.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120017 Costa da mariña occidental". Consultado o 4/9/2019.
- ↑ 6,0 6,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Natura 2000: SCA ES1120017 Costa da mariña occidental". Consultado o 4/9/2019.