San Cibrao, Lieiro, Cervo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°41′47″N 07°26′27″W / 43.69639°N 7.44083°W / 43.69639; -7.44083

San Cibrao
SanCibraoporto.JPG
Porto de San Cibrao.
Parroquia Lieiro
Concello Cervo
Poboación 2.138 hab. (ano 2009)

San Cibrao é un lugar da parroquia de Lieiro, do concello de Cervo. Segundo o IGE en 2009 tiña 2.138 habitantes (1.079 homes e 1.059 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 2.218 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Conforma unha península cara ao mar Cantábrico, formada trala unión dunha illa (Porto de Arriba) co continente (Porto de Abaixo ou Figueras) por mor da acumulación de area. Na Atalaia da península hai un faro. O peirao está protexido por un espolón.

Ten diversas praias, como Cubelas, O Torno (onde desauga o río Cobo) e A Canosa, as dúas últimas Bandeira Azul da Unión Europea. A un quilómetro e medio da costa está o arquipélago dos Farallóns, que abrangue as illas Baixa, Sombriza e Pé.

Historia[editar | editar a fonte]

Nos séculos XIV e XV a aldea acollía estaleiros de carabelas e unha fábrica de salgado, da que se conservan restos coñecidos como o Castelo mariño.

As illas Farallóns deron pé á lenda da Maruxaina: un ser metade peixe metade muller, que toca o corno. Segundo as fontes, con boas (para avisar da proximidade dun temporal) ou malas intencións (para facer tolear a xente e que os barcos embarranquen nos Farallóns). En agosto celébrase a festa da Maruxaina, declarada de interese turístico.

No antigo grupo escolar está o museo do Mar de San Cibrao.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lieiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lieiro no concello de Cervo (Lugo)

O Castelo | Gondrás | O Guioncho | Lieiro | Pedrosa | San Cibrao | A Venda

Parroquias de Cervo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo

Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago)