Areas, Antas de Ulla
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Areas.
| Areas | |
|---|---|
| Concello | Antas de Ulla |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2009) 82 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 5 |
Santa Cristina de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 82 habitantes (49 mulleres e 33 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.
Índice |
[editar] Xeografía
Areas está situada no sureste do concello. A aldea da Somoza é o punto máis elevado do concello (720 m.), no seu territorio está o monte Farelo.
[editar] Patrimonio
A igrexa de Santa Cristina de Areas é da primeira metade do século XIX.
[editar] Festas
Celebra as súas festas patronais na honra de San Lucas.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Areas
| Lugares da parroquia de Areas no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
|---|---|
|
Castro | O Outeiro | Río | Santa Cristina | A Somoza |