Al-Khwarizmi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Al-Khwarizmi nun selo da Unión Soviética, 1983

Abu Abdullah Muhammad bin Musa al-Khwarizmi ou خوارزمی en lingua persa, nado en Khiva contra o ano 780 e finado no 850, foi un matemático e astrónomo persa de lingua literaria árabe.

[editar] Traxectoria

A súa familia transladouse a Bagdad. Traballou coma xefe de bibiotecarios da Casa da Sabiduría de Bagdad creada baixo o califato de Al-Mamun. Coñecido por desenvolver o concepto do algarismo en matemáticas (que deriva do seu propio nome), ademais de facer grandes contribucións en álxebra, trigonometría, astronomía, xeografía e cartografía como resultado de investigacións orixinais, responsable da utilización da numeración árabe en matemáticas e do emprego do cero. Supervisou o traballo de máis de 70 xeógrafos para crear o mapa do mundo entón coñecido.

As súas obras coñecéronse en Europa a través de traducións latinas, e a súa influencia foi fundamental do desenvolvemento das ciencias en Occidente.

[editar] Alxebra

Al-jabr wa 'l-muqābala

O termo álxebra deriva da súa obra Al-Kitāb al-mukhtaṣar fī hīsāb al-ğabr wa’l-muqābala ou Al-jabr wa 'l-muqābala, isto é, Compendio do cálculo mediante restitución e reducción, que foi traducido ao latín coma Liber algebrae et almucabala . O termo alxebra é a traducción literal de restitución feita polos traductores ao latín da obra.

[editar] Obras

  • Al-jabr wa 'l-muqābala (الجبر و المقابلة). Desta obra consérvanse a versión árabe e a latina.
  • Kitāb 'al-jāmih wa 'l-tafrīq bī khisāb 'al-Hind (كتاب الجامع و التفريق بحساب الهند )
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas