Militares galegos falecidos en misións internacionais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento en lembranza dos caídos, na Base General Morillo.

Dende o inicio da participación de España, no ano 1987, en operacións no estranxeiro, foron varios os militares galegos falecidos en misións internacionais.

Por comunidades autónomas de procedencia, Galicia ocupa o terceiro lugar en número de caídos, por detrás de Madrid e Andalucía.

A maioría das vítimas producíronse en accidentes aéreos, sendo os máis significativos o do 26 de maio de 2003 no que morreron 75 persoas,[1] deles catro galegos, e o do 16 de agosto de 2005 no que morreron 17 militares, 10 deles galegos.

Lista de falecidos[editar | editar a fonte]

# Data Nome Idade Emprego Exército Causa Lugar da
misión
Lugar do
falecemento
Natural
de
Provincia
de
1 19/06/1993[2] Isaac Piñeiro Varela[3] 19 anos Soldado Terra accidente
de tráfico
Bosnia e Hercegovina Drenica
(Bosnia)
Ourense Ourense
2 19/06/1993 Agustín Maté Costa[4] 19 Soldado Terra accidente
de tráfico
Bosnia Drenica
(Bosnia)
San Clodio
(Ribas de Sil)
Lugo
3 12/11/1999[5] Jaime Pérez Fortes 28 Soldado Garda Civil accidente
de avión
Kosovo Mitrovica
(Kosovo)
Ourense Ourense
4 15/06/2002[6] Leandro Antonio Rois Pérez 31 Cabo Primeiro Armada infarto Océano
Índico
Mombasa
(Kenya)
Ourense Ourense
5 26/05/2003[7] Antonio Novo Ferreiro 40 Comandante Terra accidente
de avión[8]
Afganistán Trebisonda
(Turquía)
Os Vilares
(Guitiriz)
Lugo
6 26/05/2003 José Manuel Pazos Vidal 45 Brigada Aire accidente
de avión
Afganistán Trebisonda
(Turquía)
Marín Pontevedra
7 26/05/2003 César Barciela González 44 Brigada Terra accidente
de avión
Afganistán Trebisonda
(Turquía)
Teis, Vigo Pontevedra
8 26/05/2003 Vicente Agulló Canda 30 Cabo Primeiro Aire accidente
de avión
Afganistán Trebisonda
(Turquía)
Mouriscade
(Lalín)
Pontevedra
9 16/08/2005[9] Daniel Abreu Fernández[10] 24 Cabo Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Vigo Pontevedra
10 16/08/2005 José Ángel Martínez Parada 21 Soldado Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Ribeira A Coruña
11 16/08/2005 Isaac Calvo Piñeiro 20 Soldado Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Ferrol A Coruña
12 16/08/2005 Diego González Blanco 27 Soldado Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Cudeiro
(Ourense)
Ourense
13 16/08/2005 Diego Prado López 20 Soldado Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Vilalba Lugo
14 16/08/2005 Iván Vázquez Niñez 20 Soldado Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Foz Lugo
15 16/08/2005 Pedro Manuel Sanmartín Pereira 24 Soldado Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Barro Pontevedra
16 16/08/2005 Pablo Iglesias Sánchez 22 Soldado Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Lugo Lugo
17 16/08/2005 Jesús Casal Rivera 26 Soldado Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Vigo Pontevedra
18 16/08/2005 Gonzalo Casalderrey Nazara 20 Soldado Terra accidente de
helicóptero
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Pontevedra Pontevedra
19 21/02/2007[11] Idoia Rodríguez Buján 23 Soldado Terra atentado Afganistán Shindand
(Afganistán)
Nodar
(Friol)
Lugo
20 09/11/2008[12] Rubén Alonso Ríos 30 Cabo Terra atentado
suicida
Afganistán Shindand
(Afganistán)
Vigo Pontevedra
21 25/08/2010[13] Abraham Leoncio Bravo Picallo 33 Alférez Garda Civil tiroteo Afganistán Qala i Naw
(Afganistán)
Vimianzo A Coruña

Idoia Rodríguez Buján[editar | editar a fonte]

A soldado de infantaría friolesa Idoia Rodríguez Buján, falecida o 21 de febreiro de 2007 cando estoupou un artefacto ó paso da ambulancia que conducía,[14] foi a primeira muller das forzas armadas españolas falecida en misións internacionais. Na súa memoria o Ministerio de Defensa de España creou o premio Soldado Idoia Rodríguez, mujer en las Fuerzas Armadas para recoñecer o labor de persoas e institucións que realicen actuacións relevantes para potenciar o papel da muller ou para apoiar a igualdade de xénero nas Forzas Armadas, a concesión é anual, cada día 8 de marzo, con motivo do Día da Muller Traballadora. Na primeira edición (2008) foron premiadas as mulleres militares españolas membros das primeiras promocións, na segunda á Cabo Lucía Peraíta García[15] e na terceira Valentina Fernández Vargas.[16]

Compañeiros do Cabo Alonso Ríos embarcan o seu cadaleito no avión que o levaría a Santiago.[17]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Inicialmente deuse a cifra de 74 vítimas, a correcta de 75, un pasaxeiro bielorruso incorporárase nunha escala. Véxase a sentenza do Xulgado Central de Instrución núm. 3.
  2. Repatriados dos 'cascos azules' ahogados en Bosnia y rescatado otro cadáver, artigo no xornal El País (en castelán).
  3. O grupo de rock Los Suaves adicoulle o tema Ourense-Bosnia, do álbum San Francisco Express.
  4. Inda que algún medio publicou o nome *Agustín Maté Costas, o nome correcto é Agustín Maté Costa. Véxase o Real Decreto Lei 8/2004.
  5. Mueren dos policias y un guardia en un accidente de avión en Pristina, El Mundo (en castelán).
  6. Muere un cabo en el desarrollo de la misión Libertad Duradera Arquivado 13-04-2014 en Wayback Machine., ABC (en castelán).
  7. Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se lles concede a Medalla de Galicia, na súa categoría de bronce, a título póstumo.
  8. Gráfico explicativo do accidente, no xornal El País
  9. "Mueren 17 militares españoles al caer un helicóptero en Afganistán". www.elmundo.es. Consultado o 2021-03-17. 
  10. Real Decreto de ascensos póstumos honoríficos. Aquí poden comprobarse os nomes correctos, nun principio reproducidos con algúns erros nos medios de comunicación.
  11. Muere la primera mujer militar en misión de paz en un ataque en Afganistán, El Mundo (en castelán).
  12. Dous dos tres militares feridos en Afganistán reciben o alta, Diario de Pontevedra.
  13. "Unha vida entregada ao traballo e o deporte". galego.laopinioncoruna.es. Consultado o 2021-03-17. 
  14. Una militar española muere en Afganistán..., artigo no xornal El País, inclúe gráficos explicativos (en castelán).
  15. Boletín Oficial do Estado Arquivado 26 de marzo de 2010 en Wayback Machine., Orde pola que se concede o premio Soldado Idoia Rodríguez, Mujer en las Fuerzas Armadas para o ano 2009.
  16. Entrega III Premio Soldado Idoia Rodríguez Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  17. Los dos militares fallecidos en Afganistán..., noticia en rtve.es (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]