Lingua taxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taxico
Тоҷикӣ / Tojikī
Pronuncia: /tɔːdʒɪˈkiː/
Outros nomes: Taxico persa, galcha
Falado en: Taxiquistán, Afganistán, Uzbequistán
Rexións: Asia Central
Total de falantes: 44.000.000 (con tódalas variedades)
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Irania
   Occidental
    Occidental meridional
     Rama persa
      Taxico
Escrita: Alfabeto cirílico
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Si
Regulado por: Academia das Ciencias do Taxiquistán
Códigos de lingua
ISO 639-1: tg
ISO 639-2: tgk
ISO 639-3: tgk
SIL: tgk

O taxico (тоҷикӣ, en cirílico, تاجیکی en perso-arábigo, AFI [tɔːdʒɪˈkiː]) é unha lingua irania da mesma rama co persa, falado por preto de sete millóns de persoas. O taxico contemporáneo, coma persa contemporáneo, é a continuación do persa clásico, ben coñecido polos documentos escritos que se remontan aos séculos IX e X d. C. É o idioma oficial no Taxiquistán[1], aínda que tamén se fala nos países limítrofes, principalmente no Afganistán, no Uzbequistán e en Quirguicia.

O fraccionamento político característico da época feudal e a ausencia de lazos estables económicos e culturais entre as distintas rexións nas que vivían os falantes taxicos, facilitaron o nacemento e mantemento nesas rexións de dialectos variados. Foi só tra-lo triunfo da Revolución de 1917 e a consolidación do poder soviético no territorio de Asia Central cando se abre un proceso para concentrar os varios dialectos cara un taxico literario contemporáneo. Naturalmente, tra-la desintegración da Unión Soviética e a recuperación da soberanía nacional ese proceso cambiou de mans e agora é a Academia das Ciencias do Taxiquistán a encargada de facer esa labor. O idioma estándar baséase nos dialectos do noroeste de Taxiq (rexión da antiga cidade de Samarcanda), que foron considerablemente influenciados pola lingua usbeca, como resultado da proximidade xeográfica.

Un grande mérito do estudio do taxico e dos seus dialectos débese enteiramente aos estudosos ruso-soviéticos. Do período pre-revolucionario destacan O.I. Senkovskij e V.V. Grigoriev que por primeira vez sinalaron algunhas características gramaticais e léxicas da lingua dos autores centro-asiáticos. Tamén C. Salemann dirixiu a súa atención á fonética taxica a partir de textos xudeo-persas de Bughará (ademais de diferentes estudos sobre o iagnobí). No período soviético abriuse unha nova etapa no estudo da lingua e o achado de solucións para a creación dunha nova lingua literaria, dunha ortografía, dunha terminoloxía, etc. E foi sobre todo grazas aos traballos de I.I. Zarubin e dos seus discípulos que se desenvolveu a mediados dos anos vinte do século XX o estudo dos dialectos e da fonética do taxico.

O taxico tamén mantivo diversos elementos arcaicos no seu vocabulario e na gramática, que se perderan no resto do mundo persófono, grazas ao seu relativo illamento nas montañas da Asia Central.

Antes de 1928, usaba unha versión de escritura árabe/persa, aínda que máis tarde adoptou o alfabeto latino entre 1928 e 1940, para pasar máis tarde a unha versión do alfabeto cirílico. En 1994, o goberno taxico intentou volver a introducir o alfabeto latino como sistema de escritura, pero movementos radicais esixían a implantación da escrita perso-arábiga. Na actualidade aínda se segue a empregar a escrita perso-arábiga en Usbequistán e nas zonas taxicofalantes do Afganistán.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Dialectos do taxico[editar | editar a fonte]

Os dialecto taxicos (шеваҳои забони тоҷикй) poden agruparse nos seguintes grupos:

  1. Dialectos setentrionais (Norte do Taxiquistán, zonas do sur de Uzbequia e Quirguicia).
  2. Dialectos centrais (dialectos de Mastjoh, Aini, Hissor e zonas de Varzob).
  3. Dialectos meridionais (dialectos de Qarotegin, Kulob, dialectos do Badaghxán, etc.)
  4. Dialectos meridionais orientais (dialectos de Panxe e Darvoz).

O dialecto entre os xudeus de Bukhorá nativos de Asia Central é coñecido coma bukhoriano (tamén se pode dicir "bukhorés"), e pertencen ao grupo de dialectos setentrionais. Distínguese facilmente xa que inclúen termos do hebreo, principalmente léxico relixioso, ademais de usar o alfabeto hebreo. Sacando estas diferenzas, o bukhoriano é intelixible aos outros taxicofalantes, particularmente cos dos dialectos setentrionais.

Sistema de escritura[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

Vogais[editar | editar a fonte]

A táboa que amosamos aquí ilustran as vogais en taxico estándar e culto. Os dialectos locais chegan a ter máis de seis.

Vogais taxicas
Anterior Central Posterior
Pechada i u
Media e o1
Aberta a

Na táboa seguinte amósase o desenvolvemento do vocalismo entre as linguas de orixe pérsida:

Persa clásico ā a ē i ī ō u ū
Persa moderno ā a ī e ī ū o ū
Darí ā a ē e i ō o u
Hazaraguí o a e i i ū u u
Taxico o a e i i ů u u

Consoantes[editar | editar a fonte]

Labial Dental/
Alveolar
Alveolar posterior Palatal Velar Uvular Glotal
nasal м
/m/
н
/n/
oclusiva xorda п б
/p/ /b/
т д
/t/ /d/
к г
/k/ /g/
қ
/q/
ъ
/ʔ/
fricativa ф в
/f/ /v/
с з
/s/ /z/
ш ж
/ʃ/ /ʒ/
х ғ
/χ/ /ʁ/
ҳ
/h/
Africada ч ҷ
/tʃ/ /dʒ/
bibrante р
/r/
líquidas л
/l/
й
/j/

Acento[editar | editar a fonte]

O acento cae xeralmente na última sílaba. Exemplos de onde o acento non cae na última sílaba son: бале (que quere dicir "si") e зеро (que quere dicir "por que"). O acento tampouco cae nin nos enclíticos, nin na marca do obxecto directo.

Gramática[editar | editar a fonte]

O taxico contemporáneo, coma o persa contemporáneo, é a continuación do persa clásico, ben coñecido polos documentos escritos que se remontan aos séculos IX e X d. C. O taxico moderno conserva tódalas características esenciais da estrutura gramatical e o sistema fonético da lingua clásica, de maneira que a persoa que coñece o taxico ou o persa está capacitado para captar sen grandes dificultades as obras de Rudaki (século X), de Ferdovsi (X-XI) ou de Saadi (XIII). Sen embargo, non debemos chegar á conclusión de que durante os mil años que separan ao taxico ou ao persa contemporáneo da lingua daquela época, ningún cambio se produciu. Unha comparativa entre as linguas contemporánea e clásica amósanos os cambios importantes sobrevidos durante tal período: redución, como en persa, do sistema vocálico de 9 a 6 fonemas (pero sen coincidir nesta redución), cambios de función da posposición -ra, dos pronomes enclíticos, dalgunhas preposicións, etc.

Pero ademais de tales fenómenos, propios do persa e do taxico, o taxico contemporáneo ten algunhas características gramaticais específicas que os distinguen do persa e que afectan ao sistema verbal e o léxico; el taxico ten moitos empréstimos do ruso, especialmente no que se refire ás relacións sociais, a técnica, a ciencia, a cultura, etc. Outra grande influencia no léxico taxico procede da forte influencia das linguas túrquicas centro-asiáticas e dos antigos dialectos iranios orientais (sogdiano, bactriano, saka-tocario etc.).

A orde das palabras en taxico é SUXEITO-OBXECTO-VERBO.

Substantivos[editar | editar a fonte]

Os substantivos fórmanse pola unión de morfemas a unha raíz, combinación de lexemas, ou por derivación, sexa a partir do verbo coma por adición de afixos (prefixos e sufixos).

Masculino e feminino[editar | editar a fonte]

Na lingua taxica non existe morfema de xénero, polo que non se distinguen entre o masculino e o feminino. Para diferenciar o sexo en persoas e animais, recórrese a distintas formas de raíz utilizándose unhas para designar ao macho e outras á femia.

Existen nomes propios para cada xénero:

Taxico Transliteración Galego Taxico Transliteración Galego
мард mard home зан zan muller
писар pisar fillo, rapaz духтар duxtar filla, rapaza
шу shu marido ҳамсар hamsar muller, esposa

Entre os nomes de animais tamén existen algúns propios de cada xénero:

Taxico Transliteración Galego Taxico Transliteración Galego
мурғ murgh galo хурӯс xurus galiña
аcп asp cabalo madian egua

Aínda que normalmente identifícanos polo nome acompañado de нар (nar) macho ou мода (modá) femia, anteposto ou posposto:

Taxico Transliteración Galego Taxico Transliteración Galego
шери нар* sher-i nar león шери мода sher-i modá leoa
хари нар xar-i nar burro хари мода xar-i modá burra
гови нар gov-i nar touro гови мода gov-i modá vaca

No caso das profesións, un mesmo nome serve tanto para o masculino coma para o feminino:

Os nomes en taxico tampouco van acompañados dos artigos determinados (o, a , os, as):

Plural[editar | editar a fonte]

Adxectivos[editar | editar a fonte]

Comparativos[editar | editar a fonte]

Superlativos[editar | editar a fonte]

A construción "izofá"[editar | editar a fonte]

Pronomes[editar | editar a fonte]

Persoais[editar | editar a fonte]

Formas dos pronomes persoais coas súas equivalencias en galego.

Persoa Singular Plural
ман (man) "eu" мо (mo) "nós"
ту (tu) "ti" шумо (shumó) "vós"
ӯ, вай (ū, vay) "el, ela" онҳо (onhó) "eles, elas"

A segunda persoa de plural, шумо, pódese usar tamén coma forma de cortesía da segunda persoa singular. No taxico escrito distínguese a forma de cortesía da formal porque a de cortesía vai en maiúsculas, p. ex.: Шумо кай меоед? (shumó kay meoed?), "Cando vén vostede?" fronte a шумо кай меоед?, "Cando vides (todos vós)?".

Formas enclíticas[editar | editar a fonte]

Existen formas enclíticas que son usadas tralos substantivos para denotar posesión.

Persoa Singular Plural
-ам (-am) "meu" -амон (-amon) "noso"
-ат (-at) "teu" -атон (-aton) "voso"
-аш (-ash) "seu" -ашон (-ashon) "seus"

Por exemplo: китоб (kitób, "libro"), китобам (kitobam, "o meu libro"), китобат (kitobat, "o teu libro"). Cando a palabra remata en vogal, por exemplo китобҳо (kitobho, books), o que une o substantivo co enclítico condutor cambia a , por exemplo: "os seus libros" sería китобҳояшон (kitobhoyashon).

Demostrativos[editar | editar a fonte]

Como en taxico non hai masculino nin feminino, os adxectivos demostrativos son iguais para ambos.

ин = este, esta, isto он = aquel, aquela, aquilo

Algúns exemplos coma adxectivos demostrativos:

ин китоб ин хoна он гул

Indefinidos[editar | editar a fonte]

Relativos[editar | editar a fonte]

Interrogativos[editar | editar a fonte]

Numerais[editar | editar a fonte]

Cardinais[editar | editar a fonte]

Cifra Cifra Cifra Cifra Cifra Cifra
0 сифр
1 як 11 ёздаҳ 21 * 31 - - - -
2 ду 12 дувоздаҳ 22 32 200 2.000
3 се 13 сездаҳ 23 инсæй æртæ 33 æртин æртæ 300 æртæ сæди 3.000 æртæ мини
4 чор 14 чордаҳ 24 инсæй цуппар 40 цуппор 400 цуппар сæди 4.000 цуппар мини
5 панҷ 15 понздаҳ 25 инсæй фондз 50 фæндзай 500 фондз сæди 5.000 фондз мини
6 шаш 16 шонздаҳ 26 инсæй æхсæз 60 æхсай - - - -
7 ҳафт 17 ҳабдаҳ 27 инсæй авд 70 авдай - - - -
8 ҳашт 18 ҳаждаҳ 28 инсæй аст 80 æстай - - - -
9 нўҳ 19 нуздаҳ 29 инсæй фараст 90 науæдзæ - - - -
10 даҳ 20 внст 30 æртин 100 сæдæ 1.000 мин - -

Ordinais[editar | editar a fonte]

Preposicións[editar | editar a fonte]

Preposicións simples
Taxico Galego
аз dende, a través de
бо con
бар sobre, enriba
ба a, cara a
бе sen
дар en
чун como
то ata

Adverbios[editar | editar a fonte]

Conxuncións[editar | editar a fonte]

Léxico[editar | editar a fonte]

Taxico моҳ
(moh)
нав
(nav)
модар
(modar)
хоҳар
(xohar)
шаб
(shab)
бинӣ
(binī)
се
(se)
сиёҳ
(siyoh)
сурх
(surx)
зард
(zard)
сабз
(sabz)
гург
(gurg)
Outras linguas indoeuropeas
Persa māh no mādar xāhar shab binī se siyāh sorx zard sabz gorg
Pastún myāsht nəvay mōr xōr shpa pōza dre tōr sur zhaṛ shin lewa
Hindi mās nayā mātā bahin rāt nāk tīn kālā / shyam lāl pīlā harā bik
Inglés month new mother sister night nose three black red yellow green wolf
Alemán Monat neu Mutter Schwester Nacht Nase drei schwarz rot gelb grün Wolf
Irlandés mhí nua máthair deirfiúr oiche srón trí dubh dearg buí glas mac tíre, faolchú
Galés mis newydd mam chwaer nos trwyn tri du (/di/) coch, rhudd melyn gwyrdd, glas blaidd
Latín mēnsis novus māter soror nox nasus trēs āter, niger ruber flāvus, gilvus viridis lupus
Italiano mese nuovo madre sorella notte naso tre nero rosso giallo verde lupo
Galego mes novo nai irmá noite nariz tres negro vermello amarelo verde lobo
Portugués mês novo mãe irmã noite nariz três negro vermelho amarelo verde lobo
Asturiano mes nuevu nueche tres prietu / negru amariellu verde llobu
Español mes nuevo madre hermana noche nariz tres negro rojo amarillo verde lobo
Romanés luna nou/noi mamă soră noapte nas trei negru roşu galben verde lup
Letón mēnesis jauns māte māsa nakts deguns trīs melns sarkans dzeltens zaļš vilks
Lituano mėnuo naujas motina sesuo naktis nosis trys juoda raudona geltona žalias vilkas
Polonés miesiąc nowy matka siostra noc nos trzy czarny czerwony żółty zielony wilk
Ucraíno місяць
misjats
новий
novyj
мати
maty
сестра
sestra
ніч
nich
ніс
nis
три
try
чорний
chornyj
червоний
chervonyj
жовтий
zhovtyj
зелений
zelenyj
вовк
vovk
Checo měsíc nové matka sestra noc nos tři černé červené žluté zelené vlk
Búlgaro месец
mesets
нов
nov
майка
maika
сестра
sestra
нощ
nosht
нос
nos
три
tri
черен
cheren
червен
cherven
жълт
zhălt
зелен
zelen
вълк
vălk
Ruso месяц
mesyats
новый
novyi
мать
mat'
сестра
sestra
ночь
noch'
нос
nos
три
tri
чёрный
chyornyi
красный
krasnyi
жёлтый
zhyoltyi
зелёный
zelyonyi
волк
volk

(Nota: A letra "x" non representa o mesmo son que en galego, se non que representa o son /x/ que ven sendo o son do "j" castelán.)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Perry, J. R. (2005) A Tajik Persian Reference Grammar (Boston : Brill) ISBN 90-04-14323-8
  • Rastorgueva, V. (1963) A Short Sketch of Tajik Grammar (Netherlands : Mouton) ISBN 0-933070-28-4
  • Основы иранского языкознания. Т. 3. Новоиранские языки. М. 1982.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua taxica.