Herat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista xeral de Herat
Aeroporto de Herat Vista panorámica
Vista panorámica Citadela de Herat
Mesquita do Venres Musalla

Afghanistan map Herat.png
País Flag of Afghanistan.svg Afganistán
Poboación 308.203 hab.

Herat é unha cidade de Afganistán duns 308.203 habitantes (2012), situada no oeste do país, no val do río Hari. Capital da provincia homónima, está nunha zona fértil coñecida dende hai séculos polo viño. A poboación é principalmente de etnia farsi, pastún, hazara ou usbeca, de relixión musulmá e lingua persa.

Historia[editar]

A historia da cidade remóntase a máis de 2500 anos. Nos tempos do imperio aqueménida era coñecida como Aria. Heródoto chamouna o graneiro de Asia Central. No 330 a.C foi conquistada por Alexandre Magno ó seu paso polo leste das terras persas. Despois diso reconstruíuna engadindo a cidadela. Pasou polas mans do imperio seléucida, do imperio parto, do imperio sasánida, sufríu os ataques do hunos, convertíuse ó islam no século VII, e pasou ó califato Abbasí. Despois de ser capturada polos mongoles en 1221, foi destruida por Xenxis Khan. Foi novamente destruida por Tamerlán en 1381. No século XIX estivo no centro dos conflictos entre os británicos e os rusos. O bombardeo soviético de 1979 destruiu a cidade. En 1995 foi capturada polos talibáns, caendo despois nas mans da Alianza do Norte.

Na actualidade acolle ás forzas pacificadoras da OTAN, cun destacamento do exército español.

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]