Economía de Afganistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Afganistán
Moeda afgani
Organizacións comerciais de que fai parte SAARC, OCE
Datos estatísticos[1]
PIB 29,81 mil millóns (2010)
Posición do PIB 110ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 8,9% (2010)
PIB per cápita $ 1000 (2010)
PIB por sector agricultura 31%, industria 26%, comercio e servizos 43% (2008)
Inflación 13,3% (2010)
Poboación abaixo da liña da pobreza 36% (2008)
Total da forza de traballo 15 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 78,6%, industria 5,7%, comercio e servizos 15,7% (2008)
Desemprego 35% (2010)
Industrias pequena produción de textis, xabón, móbiles, calzados, fertilizantes, cemento; alfombras feitas a man, gas natural, petróleo, carbón, cobre
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 547 millóns (2010)
Produtos de exportación opio, froitas e sementes, alfombras, la, algodón, peles, pedras preciosas e semipreciosas
Principais mercados Estados Unidos 26,47%, India 23,09%, Paquistán 17,36%, Taxiquistán 12,51% (2009)
Importacións 5 300 millóns (2010)
Principais produtos importados bens de capital, alimentos, textis, derivados de petróleo
Principais mercados Paquistán 26,78%, Estados Unidos 24,81%, India 5,15%, Alemaña 5,06%, Rusia 4,04% (2009)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 2,7 mil millóns (2009)
Receitas 1 mil millón (2010)
Despesas 3,3 mil millóns (2010)

A economía de Afganistán recupérase de décadas de conflitos, e mellorou logo da caída do Taliban o 2001, especialmente pola axuda estranxeira e a recuperación da agricultura[1]. Os millóns de dólares recibidos de axuda internacional despois de 2002 e os envíos feitos por expatriados – que o 2006 atinxiron 3,3 mil millóns de dólares[3] - contribuíron para esta mellora da economía. Para esta recuperación axudou tamén o fin dunha seca que se prolongou por catro anos, e melloras na agricultura. Aínda así o Afganistán é un dos países máis pobres do mundo.

Case a metade da poboación sofre coa falta de vivendas, de auga potable, electricidade e emprego. O goberno do país e os organismos de axuda internacional procuraron nos últimos anos atender estas necesidades básicas con investimentos en infraestrutura, educación, construción de casas, programas de emprego, asistencia médica, e reformas económicas.

Agricultura [editar]

A economía do Afganistán continúa dependente da agricultura a pesar de apenas 12% de seu territorio ser arable, e menos de 6% ser cultivado. A produción é pouca pola dependencia de caídas de neve e chuvias irregulares, e a irrigación é pouca. Hai pouco uso de máquinas agrícolas, pesticidas e fertilizantes químicos.

Notas [editar]