Hamid Karzai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hamid Karzai.

Hamid Karzai, (en dari e paxtún حامدکرزى), nado en Kandahar o 24 de decembro de 1957, é un político afgán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia pashtu, en 1979 a súa familia instálase en Paquistán para fuxir da invasión soviética. Estuda na India,aínda que regresa a Paquistán para ensinar inglés.

Entre o ano 2000 e o 2004 foi presidente interino do país. Nas eleccións presidenciais de 2004 recibiu o 55,4 % dos votos, sendo investido Presidente de Afganistán o 7 de decembro de 2004, o primeiro elixido democraticamente.