Polo (deporte)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polo
Campionato Polo na Arxentina

O polo[1] é un deporte de equipo e de portería, xogado por tres ou catro persoas a cabalo por equipo, que teñen o obxectivo de meter unha bola na portería contraria. As orixes do polo remóntanse a varios séculos antes de Cristo, e crese que foi na época de Darío o Grande cando se orixinou no Imperio Persa Aqueménida.

O deporte foi introducido en Europa polo décimo de Húsares, que o trouxo da India no 1869. As primeiras regras fixéronse no 1874, e son as que aínda están vixentes. O deporte foi popular en Europa durante comezos do século XX, especialmente entre a nobreza polo seu alto custo.

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.