Linguas nuristanias
| LINGUAS NURISTANIAS | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Afganistán e Paquistán | |
| Rexións: | Nuristán | |
| Total de falantes: | Entre 30.000 e 35.000 | |
| Familia: | Indoeuropea Indoiranias LINGUAS NURISTANIAS |
|
| Escrita: | De facelo usan a escrita perso-arábiga | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Cooficiais (Constitución do Afganistán) | |
| Regulado por: | Non | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
As linguas nuristanias son un subgrupo de linguas da familia de linguas indoirania, faladas no Afganistán e no Paquistán.
Índice |
[editar] Nome
O grupo de linguas nuristanias recibe ese nome porque as súas principais linguas, foron ou son faladas máis alá do actual Nuristán dende fai tempo. Sen embargo, coma unha clasificación lingüística, o nome "nuristanias" non implica ningunha relación coa actual provincia afgá do Nuristán, (para referirmos a algo ou alguén pertencente ao Nuristán úsase a palabra "nuristaniano/-a/os/-as"). (É o mesmo caso ca "iranio" e "iraniano").
[editar] Historia
As linguas nuristanias non foron descritas ata o século XIX d.C. O antigo nome da rexión era Cafiristán (Kafiristán) e as linguas eran chamadas cafirís ou cafiristanias, pero dito termo foi substituído polo actual xa que o vello era un termo bastante pexorativo, cafir (kafir) quere dicir "infiel", mentres que Nur quere dicir "luz".
Recentes estudios e análises clasifican o nuristanio coma unha rama independente da familia de linguas indoirania,[1] mais algúns a clasifican co grupo índico, mentres outros as enmarcan coma orixinalmente iranias, pero fortemente influenciadas polas veciñas linguas dárdicas. En todo caso, parece ser que chegaron á actual patria en datas moi temperás, e ao contrario que os indoarios, nunca entraron no Punxab.
As linguas fálanse por pobos tribais nunha rexión montañosa fortemente illada do Hindukush (en galego Hinducux), que nunca estivo suxeita a ningunha verdadeira autoridade central en tempos modernos. Esta área localízase ao longo da fronteira nordoriental de Afganistán e zonas limítrofes do noroeste de Pakistan. Estas linguas non prestaron a atención dos lingüistas occidentais coma a que lles deron. Considerando o moi pequeno número de pobos que as falan, deben ser consideradas linguas en perigo.
Hai cinco linguas nuristanias, cada unha falada en varios dialectos. Os dialectos maiores inclúen Kata-varí, Kamvirí, e Vaí-alá. A maioría dos nuristanís en Pakistán falan Kamvirí. Estas están influenciadas polas linguas dárdicas, e ás veces por iso as levan a clasificalas coma tales; mais isto é máis unha clasificación xeográfica que lingüística.
O iranista noruegués Georg Morgenstierne escribiu que o Chitral no Pakistán é a área da máis grande diversidade lingüística do mundo. Aínda que o Ghowar é a lingua predominante do Chitral e do Pakistán occidental setentrional, unha decena máis de linguas fálanse aquí. Entre elas están o Kalasha-mun, Palula, Dameli, Gawar-Bati, Nuristani, Idgá, Buruxasqui, Gujar, vakhí, quirguiz, persa e paxtún. A pesar de que moitas destas linguas non teñen sistema de escritura, é frecuente o uso do sistema Urdú ou persa-arábigo.
[editar] Lista das linguas nuristanias
- ascún: (Ascún) 2.000 falantes.
- Lingua camcata-virí (Baxgalí, inclúen os dialectos Kata-varí, Kamvirí e Mumvirí) 24.200 falantes.
- Lingua vasi-varí (Prasuní) 2.000 falantes.
- Lingua tregamí (Gambirí) 1.000 falantes.
- Lingua calaxa-ala (Waigalí) 2.000 falantes.
[editar] Bibliografía
- Decker, Kendall D. (1992) Languages of Chitral http://www.ethnologue.com/show_work.asp?id=32850
- Morgenstierne, Georg (1926) Report on a Linguistic Mission to Afghanistan. Instituttet for Sammenlignende Kulturforskning, Serie C I-2. Oslo. ISBN 0-923891-09-9
- Jettmar, Karl (1985) Religions of the Hindu Kush ISBN 0-85668-163-6
- J. P. Mallory, In Search of the Indo-Europeans: Language, Archaeology and Myth, Thames and Hudson, 1989.
- James P. Mallory & Douglas Q. Adams, "Indo-Iranian Languages", Encyclopedia of Indo-European Culture, Fitzroy Dearborn, 1997.
- SIL Ethnologue [1]
- Strand, Richard F. (1973) "Notes on the Nûristânî and Dardic Languages." Journal of the American Oriental Society, 93.3: 297-305.
[editar] Ligazóns externas
- Páxina Kalash xaponesa de Reiko e Jun
- Hindí/Urdú-Inglés-Kalashá-Khowar-Nuristaní-Paxtó Lista de palabras comparativa
- Richard Strand's Nuristân Site Esta páxina é a principal fonte lingüística e etnográfica do Nuristán e rexións veciñas, analizando as recopilacións feitas nos ultimos cuarenta anos por estudiosos sobre o Nuristán.
[editar] Véxase tamén
[editar] Notas
- ↑ Morgenstierne, G. Irano-Dardica. Wiesbaden 1973; Morgenstierne, G. Die Stellung der Kafirsprachen. In Irano-Dardica, 327-343. Wiesbaden, Reichert 1975