Zona de especial protección para as aves
| Zona de especial protección para as aves | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
As Zonas de especial protección para as aves (ZEPA), son catalogadas polos estados membros da Unión Europea como "zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción", de acordo co establecido na directiva comunitaria 79/409/CEE e modificacións subseguintes («Directiva de Aves» da UE).[1]
A convención parte do recoñecemento de que as aves do territorio europeo son patrimonio común e han de ser protexidas a través dunha xestión homoxénea que conserve os seus hábitats. Por iso, nas zonas de protección prohíbese ou limítase a caza de aves, regúlase a posíbel comercialización; e asúmese a obriga dos estados de actuar para conservar os hábitats e preservar as condicións ambientais que as aves precisan para o seu descanso, reprodución e alimentación.[1]
España
[editar | editar a fonte]No estado español hai declaradas 647 ZEPAs, que abranguen a 10,16 millóns de ha. terrestres e 5,18 millóns de ha. mariñas.[2]
Galicia
[editar | editar a fonte]As ZEPA galegas inclúen os seguintes espazos[3][4]:
| Nome | Concellos ou Comarcas | Superficie (ha.) |
|---|---|---|
| A Limia | Comarca da Limia e comarca de Allariz - Maceda[5] | 6939 |
| Ancares | Cervantes, Navia de Suarna | 12656 |
| Baixa Limia - Serra do Xurés | Comarca da Baixa Limia e Terra de Celanova[6] | 31287 |
| Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira | Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo. | 2813 |
| Complexo litoral de Corrubedo | Ribeira | 971 |
| Costa de Ferrolterra - Valdoviño | Ferrol, Narón e Valdoviño | 4266 |
| Costa da Mariña Occidental | Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo | 2168 |
| Costa da Morte (Norte) | Arteixo, A Laracha, Carballo, Malpica | 7962 |
| Esteiro do Miño | Guarda, O Rosal | 1688 |
| Illa de Ons | Bueu | 924 |
| Illas Cíes | Vigo | 990 |
| Pena Trevinca | Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda, O Bolo | 22511 |
| Ribadeo | Ribadeo, Trabada | 625 |
| Ría de Foz | Foz, Barreiros | 564 |
| Ría de Ortigueira e Ladrido | Cariño, Ortigueira | 3025 |
| Serra da Enciña da Lastra | Comarca de Valdeorras e comarca leonesa de Ponferrada | 1787 |
Na lexislación galega estes espazos protexidos foron unha categoría dentro das "Zonas de especial protección dos valores naturais" (ZEPVN) ata o 2019, cando se retirou esta categoría da lexislación galega.[7] Todos os espazos da rede natura están integrados dentro da estrutura galega de espazos naturais como tal.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Natura 2000: Sites - Birds Directive". Consultado o 4/9/2019.
- ↑ Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Goberno de España (eds.). "Zonas de Especial Protección para las Aves (ZEPA)".
- ↑ "Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN)". Consultado o 18/08/2017.
- ↑ Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente - MAPAMA (eds.). "Red Natura 2000 - ZEPA de Galicia".
- ↑ Abrangue territorio dos concellos de Baños de Molgas, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
- ↑ Abrangue territorio dos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Quintela de Leirado, Verea.
- 1 2 Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754.