Zona especial de conservación da Costa da Morte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°52′06″N 9°14′41″O / 42.8683, -9.2448

Costa da Morte
Ría de Corme e Laxe
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, ZEPA
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 11.809,36 ha. (41% de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3], ZEPA [4]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia da Coruña
Concellos: Arteixo, A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Cee e Fisterra.
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O espazo natural da Costa da Morte é unha contorna catalogada como zona especial de conservación (ZEC) e que protexe o litoral e as augas costeiras que van desde a praia de Alba en Arteixo ata cabo Fisterra. Xa que acolle as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra recibe o seu nome da rexión coruñesa homónima: a Costa da Morte. Destaca por contornas como son as Illas Sisargas, as marismas de Baldaio, a enseada da Ínsua, a lagoa de Traba, a praia do Trece, a ría de Corme e Laxe, e os cabos de Vilán e Fisterra. Protexe unha importante área do mar diante do cabo Fisterra. É unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, como refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís.[1][2][3][5][6]

Coas súas 11.809 ha, o espazo natural da Costa da Morte é o máis extenso dos costeiros galegos. Malia a todo, a zona protexida non é continua en toda a costa. As poboacións costeiras, como son Malpica, Corme, Laxe e Muxía, a ría de Camariñas e o litoral de Arou a Camelle quedan fóra do espazo protexido.[5]

Este espazo ten unha alta diversidade de hábitats, nos que destacan os costeiros coas súas dunas e os de vexetación halófita. Ten varias especies de protección prioritaria: Omphalodes littoralis subsp. gallaecica e o sapoconcho mariño Caretta caretta, que non está sempre pero que é habitual velo na costa. O 69,3% da área do espazo natural ten un valor de conservación alto e o 20,3% o maior valor de conservación.[7]

A zona de protección de aves (ZEPA) da costa da Morte non casa na súa totalidade do LIC. Vai desde cabo Caión ata cabo Touriñán e abrangue ata as 20 millas náuticas desde a costa, co que chega a ser unha área de protección de 316.283,05 ha.[4]

Xeoloxía e hábitats[editar | editar a fonte]

A costa da Morte sitúase nas Rías Altas, con rías de formación intermedia comparadas coas Rías Baixas a as rías do golfo Ártabro ata o Cantábrico.[8] Os espazo protexido da Costa da Morte acolle a esta rexión da costa Atlántica. Este litoral conta con múltiples formacións xeomorfolóxicas que van seus cabos, grandes calas ás veces con covas, baías con pouco fondo, praias, rías e esteiros e lagoas. Na costa conta con furnas mariñas e arrecifes. Destacan a formación de coídos, ou cantos rodados de gran tamaño. Os cantís do litoral son silíceos e rochedos que soen ter vexetación casmofítica ou vexetación pioneira, atlántica ou báltica, así como argazos. Nos coídos aparece vexetación perenne. Nos esteiros poden hai chairas de lama ou area que non afloran só na baixamar. Nestas zonas hai especies pioneiras como Salicornia.

Esta costa conta con dunas tanto móbiles que están comezando o seu desenvolvemento ou que xa están desenvoltas como con dunas xa fixas, sobre as que medran plantas como Ammophila arenaria, outras herbáceas ou céspede de Malcolmietalia. Tamén hai dunas xa fixas e descalcificadas onde medran breixos que aturan solos ácidos. Entre dunas aparecen espazos húmidos formados pola depresións do solo. Un exemplo de duna é de Monte Branco, Camariñas. Outro elemento que aparece nesta costa son as turbeiras. Algunhas, os mires fórmanse arredor das lagoas ou esteiros. Outras fórmanse en lugares máis altos ou en zonas de bosque. Hai tamén turbeiras calcáreas con se asentan flora como Cladium mariscus e Caricion davallianae

Os ríos que chegan a esta costa descorren de puntos altos de montaña ata o litoral e as súas cuncas, de caudal variable, contan con especies acuáticas ou somerxidas como as de Ranunculion fluitantis e Callitricho-Batrachion. En zonas como no interior das rías (como a de Camariñas ou Corme e Laxe) ou os esteiros as augas poden estar máis estancada e ser oligotríficas ou mesotróficas. Aí aparece vexetación característica destas áreas como os Juncus. Algúns mananciais están cubertos por musgos como Cratoneurion. Nos pastos xerófitos, de solo seco e pouco desenvolto, hai de gramíneas e pequenas especies anuais. Ou outros pastos que aparecen no espazo son os de solos calcáreos ou turbosos, os prados secos e onde medran especies baixas e os de zonas húmidas.

Nesta rexión hai matogueiras acostumadas a medios salinos, como Sarcocornetea fructicosae, ou matogueiras de arboredos, como os de Laurus nobilis. Os queirogais de Erica ciliaris e Erica tetralix danse en zonas húmidas, inda que tamén os hai propios de zonas secas. Os bosques que hai arredor dos ríos soen ser de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior.

Flora e Fauna[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

No espazo destaca a vexetación dos cantís e a dos esteiros e zonas de chaira arredor da costas. Como exemplos destacados, están as vexetacións dos areais da Pedrosa, Reira e Trece. Tamén polas matogueiras de breixos e toxos, así como as especíes acuáticas de esteros e rías. Entre as especies endémicas protexidas están a herba de namorar, Armeria pubigera subsp. pubigera, ou os perexiles mariños, Crithmum maritimum.[7][9]

As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie[7]
Ahnfeltiopsis pusilla
Alyssum loiseleurii
Chaetopogon fasciculatus subsp. prostratus
Dryopteris guanchica
Erodium maritimum
Limonium dodartii
Limonium humile
Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis
Linkagrostis juressi
Narcissus cyclamineus
Omphalodes littoralis subsp. gallaecica
Rumex rupestris
Scirpus triqueter
Sphagnum pylaesii
Spiranthes aestivalis

Fauna[editar | editar a fonte]

O espazo natural ten o valor de ser un refuxio de fauna, en especial de aves migratorias de verán e outono.[4][7][9]

Invertebrados[editar | editar a fonte]

As especies da invertebrados que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie[7]
Bolma rugosa
Echinus esculentus
Elona quimperiana
Eunicella verrucosa
Geomalacus maculosus

Peixes[editar | editar a fonte]

As especies de peixes que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie[7]
Alosa alosa

Anfibios[editar | editar a fonte]

As especies de anfibios que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie[7]
Chioglossa lusitanica
Hyla arborea
Rana iberica
Rana temporaria subsp. parvipalmata

Réptiles[editar | editar a fonte]

As especies de réptiles que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie[7]
Caretta caretta

Aves[editar | editar a fonte]

Sendo a costa máis occidental da península, este espazo é un punto de paso de aves migratorias. Acóllense na costa para protexerse, para aniñar, alimentarse, ou de paso entre o verán e o outono. A meirande parte das aves veñen do báltico e da siberia occidental. Outras, en menor cantidade, proceden do mediterráneo, do ártico ou o hemisferio do sur. A gaivota Rissa tridactyla e o arao ibéroco Uria aalge ibericus aniñan nesta costa, sendo o único punto no litoral peninsular onde o fan.[4]

As especies de aves que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie[7]
Burhinus oedicnemus
Charadrius alexandrinus
Circus cyaneus
Circus pygargus
Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica
Gallinago gallinago
Haematopus ostralegus
Himantopus himantopus
Hydrobates pelagicus
Ixobrychus minutus
Phalacrocorax aristotelis
Puffinus mauretanicus
Rissa tridactyla
Tetrax tetrax
Uria aalge

Mamíferos[editar | editar a fonte]

As especies de mamíferos que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie[7]
Galemys pyrenaicus
Myotis myotis
Phocoena phocoena
Rhinolophus euryale
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Tursiops truncatus

Lexislación[editar | editar a fonte]

A regulación lexislativa amparan ao espazo natural da Costa da Morte, ou parte deste, catalogándoo como:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de diciembre de 2004, páginas 1 a 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07. 
  2. 2,0 2,1 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  3. 3,0 3,1 "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "ES0000497 Espacio marino de la Costa da Morte. ZEPA, A Coruña: Actuaciones para la protección de la costa. Protección de la costa, Costas y Medio Marino. Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 2017-07-08. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Costa da Morte, Código ZEC ES1110005. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  6. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Anexo IV: Espazos da Área Litoral. 2.3 LIC Costa da Morte
  8. J. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. Galicia region: Landforms and morphological evolution of granitic areas. Sixth International Conference on Geomorphology of Granitic Areas. Zaragoza, 2005.
  9. 9,0 9,1 Folleto_Rede Natura, Concello de Camariñas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]