Ancares-Courel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°52′33″N 6°57′57″O / 42.8758, -6.9657

Ancares-Courel
Piornedo, os Ancares
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, ZEPA, con LIX e parte é Reserva da Biosfera
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 102.634,51 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004 e 21 de setembro de 2006, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia de Lugo
Concellos: Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Quiroga e Ribas de Sil
Picos Pico de Surcio (1456 m), O Mostallar (1935 m), Corno Maldito (1849 m), Penarrubia (1822 m), Oribio (1447 m), Faro (1615 m), Legua (1307 m) Formigueiros (1639 m), Pico da Cova da Vella (1300 m), Pía Paxaro (1616 m), A Lagoa (1297 m), Os Conventos (1136 m), Montouto (1541)
Direccións de interese:
Teléfonos:

O espazo natural dos Ancares-Courel é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que protexe a maior reserva forestal de Galicia, de árbores como carballos ou bidueiros, e que a ten unha ampla variedade de hábitats. Atópase na serra máis oriental galega, de altitudes medias e altas, e que ten un alto valor xeolóxico por afloramentos calcarios. Os Ancares-Courel teñen unha zona de protección do oso pardo, son unha zona de protección de aves e para a conservación de varias especies de mamíferos. Conta con varias áreas declaradas de interese cultural e etnográfico.[1][2][3][4][5][6]

Os Ancares lucenses están dentro dunha Reserva da Biosfera, máis ampla e que inclúe outros espazos naturais limítrofes mais non o Courel.[4][7][8]

Xeoloxía e hábitats[editar | editar a fonte]

Os Ancares-Courel están nun clima atlántico case na súa totalidade, agás un 8% de superficie que mostra un clima mediterráneo. A rexión da serra dos Ancares ten o patrón característico de áreas de montaña atlánticas, de media a atlas elevacións. A serra do Courel, pola contra, é máis meridional co que mostra un hábitats máis variados.[6]

As augas deste espazo son fluviais, como as do río Navia ou río Sil e outros afluentes menores, ou estancadas e con moita achega orgánica, como é o caso do Pozo do Lago Maior, que é un lago glacial de entre 100 e 25 m de longo. As biocenoses de vexetación destas augas son Littorelletea uniflorae e Isoeto-Nanojuncetea. Os ríos nas súas área basal poden ter vexetacións Chenopodion rubri p.p. e Bidention p.p. e na súa parte de montaña biocenoses de Ranunculion fluitantis ou Callitricho-Batrachion.[6]

As encostas das montañas son de bases calcícolas e silíceas. Estas últimas teñen vexetación pioneira dos tipos Sedo-Scleranthion e Sedo albi-Veronicion dillenii. Adoita haber pavimentos de base calcárea. Nestes espazos da montaña hai fontes e mananciais, ricos en musgos e hepáticas, que teñen augas ricas en carbonatos e onde precipitacións calcáreas. As covas sen explotar son habituais.[6]

En zonas altas de montaña existen turbeiras activas ou xa boscosas, e mires de transición. Un caso son as existentes entre a serra das Maseiras e o monte de Camporredondo ou na serra de Villous. Outro elemento característico son as depresións do terreo entre solos de substratos de turbeira.[6]

A variedade de prados deste espazo é ampla. Hai prados en substratos silíceos, en solos calcáreos alpinos e subalpinos, case secos e onde aparecen tamén as matogueiras, e solos de turbeira ou ricos en arxila e limo, prados de sega ou sega de montaña. Hai estepas de gramíneas e prados de Nardus en zonas de solos silíceos.[6]

As matogueiras de Laurus nobilis e queirogais en solos húmidos de Erica ciliaris e Erica tetralix, en solos secos ou de montaña.[6]

Os bosques do espazo natural son fundamentalmente de carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica. Nas zonas de ribeira abundan os amieiros, Alnus glutinosa, e os freixos, Fraxinus excelsior. Outros bosques son de faiais e neles aparecen acivros, Ilex, e algunha vez teixos, como Taxus baccata. Os soutos de castaño, os bidueiros, as abeleiras, os teixos e sorbeiras.[6]

Dobramento de Campodola-Leixazós[editar | editar a fonte]

Dobramento de Campodola-Leixazós, en Quiroga

O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un proceso xeolóxico catalogado como monumento natural que está entre os lugares de Campodola (O Hospital) e Leixazós (Leixazós) en Quiroga de 90 hectáreas. Consiste nunha gran dobramento sinclinal que ten o seu corte transversal exposto á superficie debido aos procesos de erosión e de encaixe do río Ferreiriño e que se conserva desde o Carbonífero Inferior. O dobramento está deitada, é un pregamento tombado, que se orienta cara ao norte e que ten uns flancos de entre 10 e 12 km. Adscríbese á zona centroibérica, que é o dominio do ollo de sapo.[9][10] O perfil exposto mostra a evolución dun sinclinal a un pregamento tombado.[11]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Queiroas froleadas no cume dos montes no Courel.

As importantes masas de carballeiras dos Ancares e do Courel fórmanas Quercus robur e Quercus pyrenaica. Outras especies que abundan nestes bosques son os bidueiros, as abeleiras, os castaños, os teixos e sorbeiras. No espazo tamén hai queirogais de áreas húmidas no sur do espazo, de Erica ciliaris e Erica tetralix, e en zonas máis secas. Namentres nos Ancares dominan as carballeiras coas queiroas, no Courel hai bosques máis mixtos. Alí a canda os carballos atópanse faias, abeleiras, teixos con gamallas (o sotobosque) de queiroas, con Cistus e arandeiras.[5][6]

As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Arabis juressi
Campanula adsurgens
Cardamine raphanifolia subsp. gallaecica
Carex hostiana
Cephalozia connivens
Iris boissieri
Leontodon farinosus
Lycopodiella inundata
Narcissus asturiensis
Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis
Ranunculus serpens
Rhamnus pumila subsp. legionensis
Santolina semidentata
Ulota coarctata
Zygodon conoideus

Fauna[editar | editar a fonte]

Unha vaca na serra dos Ancares cubertos pola nevada.

A variedade de bosques destes espazo natural ofrécelle diferentes hábitats aos vertebrados, converténdose nun refuxio de fauna. Destaca a presenza de lobos, londras, pitas do monte, cóbregas europeas e de osos. Os Ancares son unha zona que adoita ocupar por tempadas o oso. A presenza do oso fixo que se incluísen os Ancares como lugar dentro do plan de recuperación desta especie, e que se estea a valorar a posibilidade de incluír tamén o Courel.[5][6]

As especies de aves e mamíferos que hai no espazo natural fan que teñan un interese para a caza.[5][6]

Invertebrados[editar | editar a fonte]

As especies da invertebrados que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Aricia morronensis
Austropotamobius pallipes
Cerambyx cerdo
Elona quimperiana
Geomalacus maculosus
Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)
Bolboreta arlequín (Zerynthia rumina)

Anfibios[editar | editar a fonte]

As especies de anfibios que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Chioglossa lusitanica
Hyla arborea
Rana iberica
Rana temporaria subsp. parvipalmata

Réptiles[editar | editar a fonte]

As especies de réptiles que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Lacerta vivipara

Aves[editar | editar a fonte]

A Serra dos Ancares unha área de especial interese de conservación para aves, e está catalogada por SEO/BirdLife.[12]

Malia a ser escasas, os Ancares son o límite máis meridional de cría e residencia dalgunhas aves eurosiberianas propias de montaña. É o caso da pita de monte, o peto mediano ou o ferreiriño palustre. Ademais hai un número de aves rapaces e que aniñan: o miñato abelleiro, a aguia albela, gatafornela, a tartaraña cincenta, a aguia calzada, o falcón peregrino e o bufo real. Outra ave rapaz presente no espazo é a aguia real, mais non aniña alí. Outras aves propias de pastos, rochas ou matogueiras de interese que hai no espazo natural son a charrela ou o merlo rubio.[12][13]

As especies de aves que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Aquila chrysaetos
Bubo bubo
Circus cyaneus
Circus pygargus
Perdix perdix subsp. hispaniensis
Scolopax rusticola
Tetrao urogallus

Mamíferos[editar | editar a fonte]

As especies de mamíferos que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Galemys pyrenaicus
Miniopterus schreibersii
Myotis emarginata
Myotis myotis
Myotis mystacina
Rhinolophus euryale
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Ursus arctos

Lexislación[editar | editar a fonte]

A serra dos Ancares e o Courel están amparados por diferentes leis, como son as de aplicación para os LIC e ZEP, que amparan e protexen diferentes áreas. A reserva de Ancares-Courel:

  • Ten unha área que se corresponde parcialmente coa IBA 009 Serra dos Ancares, incluída no inventario de SEO/BirdLife de 1998 e actualizado no 2012.[14]
  • Ten unha área catalogada como Zona de especial protección para as aves, ZEPA ES0000374 Ancares, e que protexe de 12.656 ha.[12][13] declarado polo Decreto 72/2004, o 2 de abril de 2004.
  • É a Zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) Os Ancares-O Courel, e que ocupa 102.562 ha, declarado polo Decreto 72/2004, o 2 de abril de 2004.
  • Contén o Monumento natural Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, que ocupa 90 ha. en Quiroga.[9]
  • É un espazo no que a súa parte dos Ancares se corresponde con esa mesma parte da Reserva da Biosfera Os Ancares lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá, e que ten unha extensión de 53.664 ha. e que foi declarada o 27 de outubro de 2006.
  • Parte dela pertence á Reserva Nacional de Caza dos Ancares de Lugo, de 8.286 ha.
  • É unha Zona de protección do oso pardo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de diciembre de 2004". pp. 1 a 96 (96 páxs.) DOUE–L–2004–83030. Consultado o 7-7-2017. 
  2. 2,0 2,1 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 7-7-2017. 
  3. 3,0 3,1 "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 7-7-2017. 
  4. 4,0 4,1 "Ancares-Courel. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 "Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo VI: Espazos das Áreas de Montaña. 2.3 LIC Os Ancares - O Courel. Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia." (PDF). Consultado o 7-7-2017. 
  7. "Os Ancares Lucenses, e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá - CMAOT". Consultado o 8-7-2017. 
  8. "Ficha de la Reserva". Consultado o 8-7-2017. 
  9. 9,0 9,1 "Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós - CMAOT". Consultado o 8-7-2017. 
  10. "DECRETO 120/2012, do 26 de abril, polo que se declara monumento natural o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós (Quiroga). Decreto do DOG nº 86 do 2012/5/7 - Xunta de Galicia". Consultado o 8-7-2017. 
  11. "Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós". Patrimonio Galego. Consultado o 8-7-2017. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Galicia - Red Natura 2000 - Espacios protegidos - Biodiversidad - mapama.es". Consultado o 8-7-2017. 
  13. 13,0 13,1 "Seccion feitos vitais - CMAOT". Consultado o 8-7-2017. 
  14. "Ancares Código ZEPA ES0000374. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 10-7-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]