Wayne Gretzky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWayne Gretzky

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Brantford, Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoss Sheppard High School (en) Traducir
West Humber Collegiate Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura184 cm Editar o valor em Wikidata
Peso84 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo , adestrador de hóckey sobre xeo , gastrónomo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaCanadá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
LigaNational Hockey League e Associação Mundial de Hóquei (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mano para tirarleft-handed shot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número deportivo99 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1976-1977 Peterborough Petes (en) Traducir
1977-1978 Sault Ste. Marie Greyhounds (en) Traducir
1978-1978 Indianapolis Racers (en) Traducir
1978-1988 Edmonton Oilers
1988-1996 Los Angeles Kings
1996-1996 St. Louis Blues
1996-1999 New York Rangers Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 1998Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJanet Jones (1988–)
FillosPaulina Gretzky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiWalter Gretzky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKeith Gretzky (en) Traducir e Brent Gretzky (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgretzky.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0002115 Facebook: gretzkydotcom Youtube: UCBdCgPlEsKsjjVGHpZTeeGA Discogs: 3891473 Olympic.org: wayne-gretzky WikiTree: Gretzky-2 Editar o valor em Wikidata

Wayne Douglas Gretzky, nado en Brantford, Ontario, o 26 de xaneiro de 1961 é un xogador e adestrador de hóckey sobre xeo canadense retirado. Xogo vinte temporadas na National Hockey League (NHL) con catro equipos entre 1979 e 1999. Alcumado "The Great One" ("O Grande"),[1] foi chamado "o mellor xogador de hóckey da historia" por moitos xornalistas, xogadores e a propia NHL.[2] Gretzky é o máximo anotador da NHL, con máis goles e asistencias que ningún outro xogador.[3] É o único xogador que logrou máis de 200 puntos nunha única temporada, feito que acadou en catro ocasións. Ademais, Gretzky superou os 100 puntos en dezaseis temporadas como profesional, catorce delas consecutivas. No momento da súa retirada en 1999, tiña 61 marcas da NHL.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gretzky naceu e criouse en Brantford, Ontario, perfeccionando as súas habilidades nunha pista de xeo do patio e xogando regularmente nas ligas menores a un nivel moito maior ca os dos seus iguais.[4] A pesar da súa estatura, forza e velocidade pouco impresionantes, a súa intelixencia e lectura do xogo non tiñan rival. Esquivaba os controis dos seus opoñentes, anticipaba o lugar en que estaría o disco e executaba o movemento correcto no tempo correcto. Foi coñecido por colocarse trla rede do seu rival, zona que se alcumou "o despacho de Gretzky".[5]

En xaneiro de 1978, Gretzky foi o máximo anotador máis novo do campionato do mundo júnior. En xuño foi contratado polos Indianapolis Racers da World Hockey Association (WHA), cos que xogou brevemente antes de ser vendido aos Edmonton Oilers. Cando pechou a WHA, os Oilers uníronse á NHL, onde estableceu moitos récords de anotación e levou o seu equipo a gañar catro Stanley Cups. O traspaso de Gretzky aos Los Angeles Kings o 9 de agosto de 1988, tivo un efecto inmediato no equipo, que o levou ás finais da Stanley Cup de 1973 e está considerado como o popularizador do hóckey en California.[6] Gretzky xogou por un tempo cos St. Louis Blues antes de rematar a súa carreira cos New York Rangers.

Trala súa retirada en 1999, foi incluído inmediatamente no Hockey Hall of Fame, o máis recente xogador que non tivo o período de espera. A NHL retirou o seu número 99, o que o converteu no único xogador que recibiu esa honra. Gretzky foi un dos seis xogadores votados pola International Ice Hockey Federation's (IIHF) para o equipo Centennial All-Star.[7] Durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 2002, Gretzky converteuse en director executivo da selección canadense masculina de hóckey, que obtivo a medalla de ouro. En 2000, converteuse en dono parcial dos Phoenix Coyotes, e tralo lockout da NHL de 2004–05 no adestrador xefe do equipo. En 2004 foi incorporado ao Ontario Sports Hall of Fame.[8] En setembro de2009, despois da bancarrota dos Phoenix Coyotes, Gretzky dimitiu como adestrador e renunciou á súa propiedade. En outubro de 2016 pasou a ser socio e vicedirector do Oilers Entertainment Group.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Wayne Gretzky finally explains meaning behind 'The Great One' nickname". Yahoo! Sports. 21 de maio de 2014. Consultado o 1 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Para os títulos, véxase "University of Alberta: Honorary Degree Recipients (2000–2007)". Ualbertacentennial.ca. 2000. Consultado o 1 de xullo de 2010. 
  3. Stubbs, Dave (1 de xaneiro de 2017). "Wayne Gretzky: 100 Greatest NHL Players". nhl.com. National Hockey League. Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  4. Schwartz, Larry. "'Great' and 'Gretzky' belong together". espn.go.com. ESPN. Consultado o 4 de outubro de 2006. 
  5. Sullivan, Tim. "Gretzky's office". St. Petersburg Times. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2012. Consultado o 23 de abril de 2008. 
  6. Allen, Kevin (10 de agosto de 2008). "Gretzky trade remembered for 'seismic impact'". USA Today. Consultado o 21 de febreiro de 2011. 
  7. "IIHF Centennial All-Star Team". iihf.com. International Ice Hockey Federation. Consultado o 6 de setembro de 2014. 
  8. "Wayne Gretzky". oshof.ca. Ontario Sports Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2014. Consultado o 25 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]