Hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos
O hóckey sobre xeo é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende os Xogos Olímpicos de 1920 (daquela aínda nos Xogos de Verán). É, xunto coa patinaxe artística, o único deporte de inverno que estivo presente nuns Xogos Olímpicos de Verán grazas á súa inclusión no programa olímpico da edición 1920, realizados en Antuerpen (Bélxica). Posteriormente, foi incluído no programa olímpico dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1924 realizados en Chamonix (Francia), pasando a disputarse dende ese momento en cada edición. A competición feminina non foi introducida até os Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 realizados en Nagano (no Xapón).
Os grandes dominadores deste deporte son o Canadá e a desaparecida Unión Soviética, seguidos a gran distancia dos Estados Unidos e Suecia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos ![]() |