Naria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Naria.

Naria é unha deusa celta que foi adorada na parte oeste do que hoxe se coñece como Suíza. A súa natureza e atribucións son descoñecidas.

É mencionada un par de veces en inscrición atopadas pertencentes á era galo-romana. Unha delas, unha pedra altar de Cressier, lese Nariae Novsantiae T. Frontin. Hibernvs V.S.L.M,[1] que significa: "A Naria Nousantia, Titus Frontinius Hibernus de bo grado e con razón cumpriu a súa promesa". O epíteto 'Nousantia' é tamén descoñecido.[2] A outra inscrición está na base dunha estatua. Nesa inscrición lese Deae Nariae Reg(io) Arvre(nsis) Cvr(ante) Feroc(e) L(iberto).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CIL XIII: 5151.
  2. Guillaume Roussel. "Nousantia - 6981". L'Arbre celtique (en francés). Consultado o 20 de outubro de 2010. 
  3. CIL XIII: 5161.