Corno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corno
Erkencho, instrumento musical

Os cornos son apéndices da cabeza dalgúns mamíferos. Poden ter forma pontiaguda, como no boi, poden ser pequenos e cubertos de pel, como na xirafa, ou ser ramificados, como no alce.

Características[editar | editar a fonte]

Nos animais da orde Artiodactyla, á cal pertencen o boi, a cabra e os antílopes, os cornos son óseos e crecen sobre o frontal; na xirafa, son tamén óseos, mais cunha estrutura distinta, constituídos por ossicones; nos rinocerontes, os cornos son de orixe dérmica, sen un núcleo e están colocados sobre os osos nasal ou frontal, en posición media.

Varios outros grupos de animais posúen apéndices na cabeza, como as antenas dos artrópodos e, por veces, principalmente cando son fortes, son tamén (aínda que erradamente) chamados cornos; outro exemplo son os cornos dos caracois.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]