Esus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esus no Piar dos Nautes

Esus foi un deus galo que formaba con Teutates e Taranis unha tríade divina.

Imaxinería[editar | editar a fonte]

Esus aparece representado en dous monumentos, no Piar dos Nautes do século I d.C. Esus, que leva unha túnica semellante a unha exómida, está podando unha árbore cun podón na súa man dereita. Nun baixorrelevo en Tréveris Esus acanea unha árbore na que hai pousados tres paxaros e na que se observa tamén unha cabeza de touro por riba das ponlas.

Textos[editar | editar a fonte]

Lucano menciona a Esus na súa Pharsalia co epíteto de horrendo caracterizándoo polos seus crueis sacrificios [1]. Nas glosas realizadas á obra de Lucano en Berna entre o século IV e o IX[2] un comentarista identifícao con Mercurio e outro con Marte, tamén se indica que para calmalo realizábase o sacrificio dun home, ao que se aforcaba dunha árbore.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pharsalia. Libro I, 444-446
  2. Bernhard Maier Dictionary of Celtic Religion and Culture. Boydell & Brewer, 1997, páxina 36