Vosego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vosego (ás veces Vosago ou Vosacio, nas fontes latinas, Vosegus) orixinariamente foi un deus celta da caza e o bosque[1].

Características[editar | editar a fonte]

Nalgúns artefactos, Vosego aparece cun arco e escudo, acompañado por un can[2]. O centro da rexión onde se veneraba a Vosego estaba ao redor do Donon. No cume do outeiro había un templo dedicado a Vosego[3].

Máis tarde, na relixión galorromana, Vosego era unha deidade tutelar dos Vosgos, na Galia oriental. O seu nome está testemuñado en ao redor de cinco inscricións de Alemaña occidental e Francia oriental, dúas veces na forma Vosego Silv(estri) e unha como Merc(urio) Vos(ego)[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Geschichte zur frühen Besiedlung des Oberrheingrabens, Instituto Xeolóxico da Universidade Albert Ludwig de Friburgo (en alemán)
  2. Galo-Roman Exhibition at Langensoultzbach Arquivado 08 de novembro de 2007 en Wayback Machine.. (en inglés)
  3. Vosegus - A Gaulish god: The Sower. (en inglés)
  4. Nicole Jufer & Thierry Luginbühl. 2001. Lles dieux gaulois : répertoire des noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. Editions Errance, Paris. (en francés)